ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
16:09 08/03/2010 EDITORIAL

O PAPA-TOUR 2010 PISA GALICIA

Chea de gozo e ledicia recibiu toda Galicia a confirmación da viaxe que o Santo Padre vai realizar o próximo 6 de novembro á nosa terra. Os nosos representantes políticos, xa de dereitas ou de esquerdas, estatais, autonómicos ou locais, por non dicir a xerarquía eclesiástica, aplaudiron o anuncio desta visita. A Galicia eclesiástica e a leiga fundíronse nunha aperta nisto que a Constitución deu en chamar Estado aconfensional, reafirmando, por outra banda, esa visión roucovareliana do difícil que é ser actualmente católico no noso país.


O Trasno

Dicionarios

Agora que temos unha Academia Galega con pólvora e magnolias, poderiamos contraatacar. Outra cousa é que non nos vaia o estilo...

Actualidade

O aborto como interrupción voluntaria do embarazo

A Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria aprobou recentemente en asemblea un documento que pretende compartir o pensamento e a reflexión de mulleres e de mulleres crentes nunha cuestión tan complexa e fronteiriza como a do aborto. Con este documento queremos facer pública a nosa palabra de mulleres crentes en relación  á interrupción voluntaria do embarazo, dándoa a coñecer en foros diversos tanto na sociedade como na Igrexa.


In Memoriam

MANUEL ESPIÑA

Creo que a primeira vez que detiveron a Manuel Espiña Gamallo foi no aeroporto de Barajas polos anos 60. A escena é conmovedora: días de vacacións nos que adiñeirados turistas europeos conflúen en Madrid con destino a Ibiza, Marbella, Benidorm... Por outro lado centos de emigrantes galegos veñen pasar uns días coas súas familias despois dun duro ano de traballo en Suíza, Francia, Alemaña...Vía libre e toda clase de atención para os turistas e desprezo e esquecemento para os nosos inmigrantes, amoreados nun recuncho, durmindo no chan e xantando o que traían na equipaxe. Ao cura Manuel Espiña removéronselle as entrañas e improvisando unha tarima con varias maletas chama á rebelión e á subversión a aqueles galegos que "mantiñan o país co seu sacrificio" e eran tratados coma gando en vagóns de mercadoría.

Entrevista con José María Castillo

"Xesús mandou os apóstolos descalzos e ao Papa recíbeno como a un xefe de Estado"

José María Castillo é  un dos grandes da teoloxía en España e no mundo. É un teólogo que sabe combinar á perfección o ensaio profundo e a divulgación. Por iso se converteu nun teólogo de referencia. Hai uns anos deixou a Compañía de Xesús. É un teólogo, como todos os que están en fronteira, perseguido por Doutrina da Fe (con varios mónitums contra el), pero que segue na brecha. Por exemplo, co seu novo ensaio editado por Trota: A humanización de Deus.

A versión orixinal desta entrevista podedes atopala en Religión Digital, de onde foi tomada e traducida.


Entrevista

20 anos proxectando vida

Ramón Gómez, ourensán de nacemento, dirixiu desde o seu inicio, hai 20 anos, a implantación e desenvolvemento en Galicia do programa para a rehabilitación de persoas adictas, Proxecto Home. Nesta data tan significativa IRIMIA quixo aproximarse a esta persoa e a esta institución para descubrir e ofrecer a aposta que teñen feito a favor dun sector tan necesitado da sociedade galega.

OPINIÓN

UN PACTO POLA EDUCACIÓN

Nestes días falouse dabondo da necesidade de establecer un Pacto pola educación. Mesmo o PSOE e o PP, tan propensos á descualificación do opoñente e aos “profundos debates ideolóxicos” do e ti máis, escenificaron publicamente a oportunidade de asinar un pacto, aínda que marcasen dende o inicio as súas discrepancias. Unha necesidade de pacto que encabeza o ministro Gabilondo e que non limita ás forzas políticas, senón que o abre a todos os membros do sistema educativo e á cidadanía en xeral.