ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
09:30 10/03/2010 Produtos vetados na UE

Deputados canadenses comerán carne de foca en solidariedade cos cazadores

O xantar será esta cuarta feira nun restaurante do Parlamento e incluirá entrantes e tres pratos elaborados a partir deste animal.


16:55 25/02/2010 Xuntanza co Goberno

"O sector agrogandeiro non pode cubrir el só o mantemento da fauna salvaxe"

O SLG pide que a Administración asuma economicamente as perdas provocadas polos ataques, e que inclúa nesta categoría o corzo, o coello, o corvo e o voitre.

12:30 18/02/2010 Cualifícano de "surrealista"

Represalia pola sabotaxe do campionato de caza de raposo de Portomarín

A Coordinadora para a Protección da Fauna Salvaxe critica que a Consellaría de Medio Rural impoña multas por "facer ruído no monte".

11:35 15/02/2010 ACTIVISMO

Cinco minutos ás escuras contra a tarifa eléctrica

Para conmemorar o Día do Consumidor, Adega chama a cidadanía e os concellos a participar dun apagón eléctrico.

19:30 09/02/2010 DESPRAZAMENTOS

O uso do transporte público descendeu no ano 2009

Con todo, en Galiza o descenso no uso do autobús urbano caeu un 1,8% fronte ao 2,9% que se rexistrou no conxunto do Estado.

canalverde
13:34 09/03/2010 BUREAU VERITAS E NORFOR, UNHA NOVA FRAUDE NA CERTIFICACIÓN FORESTAL

FEG solicita a paralización da certificación forestal de NORFOR

Bureau Veritas, empresa adicada á certificación, vai conceder a NORFOR o certificado de xestión forestal sostible baixo os criterios da organización internacional Forest Stewardship Council (FSC), un sistema de certificación que gozou de gran recoñecemento e que foi apoiado polo movemento ecoloxista pero que na actualidade está a caer no desprestixio como consecuencia dunha desastrosa xestión que permite a certificación fraudulenta de empresas moi afastadas da xestión forestal sostible como NORFOR

11:05 09/03/2010 Vacacións ecolóxicas

Esta ponte de San Xosé escápate a As Corcerizas!

O albergue de As Corcerizas abre as súas portas os vindeiros 19, 20 e 21 de marzo co gallo da ponte de San Xosé. Ademais de presentarse como un espazo de relax e desfrute da natureza da Serra de San Mamede, constitúe unha boa opción de agasallo para compartir uns días en familia.

10:40 09/03/2010 incumprimento da Lei de caza e de proteción dos animais domésticos

Amigos da Terra denuncia ao Concello de Verín pola falta de xestión dos cans abandonados

A asociación ecoloxista, que enviara tres denuncias por esta mesma causa fai uns anos, continua recibindo comunicacións de veciños alertando da presenza de cans de caza abandonados pola vila e a omisión, por parte da Concellería de medio ambiente de Verín, das xestións oportunas para rematar con esta situación


Outras novas



A semana en palabras