Non está a historia -e as súas memorias- para moitas marabillas.
Seguro que as “camadas populares” da esquerda alporizada daqueles anos republicanos nos que sor Maravillas tivo que abandonar o convento do Cerro de los Ángeles, cometeron excesos e abusos sobre persoas relixiosas. Pero fronte a ese argumento hai demasiado “debe” no balance da Igrexa en España, demasiado como para considerar oportuno que unha figura tan representativa do integrismo católico fose homenaxeada polo Congreso dos Deputados.
Cando hai gandeiros empeñados por culpa de adquirir máis dereitos de produción de leite, confírmase que no 2015 se suspenderá o sistema de cotas. De novo volven os argumentos contra o alto custo da “Europa Verde”, da política agraria común, e avánzase na liña de “liberalizar”, de desprotexer, de que sexa o mercado o que impoña a súa lei.
Victorino Pérez Prieto debulla o pensamento de Raimon Panikkar na súa tese de doutoramento.
Un novo libro de Victorino Pérez Prieto sobre Raimon Panikkar, titulado Deus, Home e Mundo. A trindade en Raimon Panikkar acaba de ser publicado por Editorial Herder.
Unha ollada ás angueiras que Antonio Reigosa leva acometido como creador de historias, etnógrafo e estudoso da literatura popular. Entrevista no Canal Irimia.
En época de crise financeira, cando moitos facemos preguntas como: u-la voz da esquerda? Non hai outro punto de vista? Refundar o capitalismo ou cambialo dunha vez?....vénnos ben reflexionar autocriticamente con Frei Betto sobre que é ser de esquerda, sobre como mantermos a tensión utópica e sobre como ser cristián de esquerda, sen deixar de preguntármonos,... pero pódese realmente ser cristián doutra maneira?