Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
David Nieves, cónsul xeral de Venezuela

"Uribe fomenta a actividade terrorista; non lle interesa o proceso de paz"

O representante venezolano en Galiza comenta para Vieiros os últimos acontecementos do conflito armado en Colombia.

Fernando Arrizado - 19:40 04/03/2008
Raúl Reyes, nunha foto incautada polo Exército colombiano tras a súa morte

Raúl Reyes, nunha foto incautada polo Exército colombiano tras a súa morte

O pasado sábado o Exército colombiano matou o número dous das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC) e voceiro internacional da guerrilla, Raúl Reyes, que ademais estaba a xestionar a liberación de Ingrid Betancourt e outros retidos.

O ataque produciuse logo de que a armada se introducise en territorio ecuatoriano. Tanto o presidente de Ecuador, Rafael Correa, coma o de Venezuela, Hugo Chávez, romperon relacións diplomáticas con Colombia e criticaron duramente a actuación do seu homólogo, Álvaro Uribe, quen tamén insinuou que Ecuador colaboraba coas FARC. Por último, decidiron trasladar parte das súas tropas ás fronteiras co país veciño.

Se a situación non fose xa crítica de por si, Uribe anunciou este martes que denunciará a Chávez ante o Tribunal Penal Internacional, ao que acusa de "financiar o terrorismo", e o vicepresidente do gabinete que dirixe, Francisco Santos Calderón, afirmou que as FARC "estarían negociando material radiactivo co fin de fabricar armas sucias de destrución e terrorismo".

David Nieves, cónsul xeral de Venezuela en Galiza, comenta para Vieiros os últimos acontecementos do conflito armado en Colombia.

Vieiros: Que valoración fai dos últimos acontecementos, logo da morte do número dous das FARC a mans do Exército colombiano?

David Nieves: En Venezuela, como dixo o noso presidente (Hugo Chávez), nós non celebramos a morte. Somos un país que loita pola vida, pola felicidade e polo benestar do ser humano. Condenamos a actitude burlesca da morte, aínda do peor inimigo, como cando o presidente de Colombia (Álvaro Uribe) -cunha risa macabra- celebra a morte de Raúl Reyes.

Ao mesmo tempo amosámonos solidarios con Ecuador, que viu o seu territorio nacional bombardeado. Algo frecuente; non é a primeira vez que pasa en Ecuador e mesmo tamén en Venezuela. Sumámonos á condena internacional da actitude colombiana, unha actitude que non vai frear as xestións para a liberación de Ingrid Betancourt.

Que papel xoga Estados Unidos neste conflito?

Existe unha cousa que se chama Plan Colombia que abarca unha relación global, unha loita global contra o movemento guerrilleiro, que contempla a disposición de militares nas fronteiras do país onde están os recursos naturais máis apreciados na actualidade: o petróleo, no nordeste, e a auga, na fronteira sur. Estados Unidos xa o fixo antigamente polo caucho.

Hai risco dunha intervención armada?

Tal como afirmaron os nosos dirixentes, chegado o caso estamos dispostos a dar unha resposta. Venezuela non é unha illa como Cuba, rodeada polo mar; temos moitos vínculos terrestres en América Latina, con amigos tan poderosos como Brasil. Se pretenden crear un Iraq en América Latina non o van conseguir, xa que hai unha férrea unidade entre nós. Habería un grande rexeitamento. Os pobos colombiano e venezolano, propiamente como tal, son eternos amigos.

Podería haber algún interese en que a situación dexenerase cara á guerra?

Os donos de armas no mundo, os coñecidos como cans da guerra están sempre a buscar novos mercados para vender os seus produtos, a crear a discordia para que haxa unha negociación, como ocorre na actualidade principalmente en Asia: en Afganistán, en Iraq... Están amparados e apoiados polos medio de comunicación, provocando a desinformación entre os pobos de América Latina.

Que pasos cómpre dar para pórlle fin á violencia?

Raúl Reyes negociaba unha liberación de arredor de nove reféns. O problema é que as ofertas das FARC non foron nunca consideradas nin correspondidas coa mesma xenerosidade polo goberno de Colombia. Hai unha actividade terrorista fomentada por Uribe -coñecida mundialmente é a súa vinculación á droga e aos paramilitares-, que non lle interesa o proceso de paz.

A situación non é nova en Venezuela. Colombia tratou sempre con ambigüidade o proceso, que pretenden boicotear. Neste senso, celebramos as declaracións do líder das FARC nas que afirma que o proceso humanitario non vai parar.

Cal é, dende o seu punto de vista, a maior crítica que se lles pode facer ás FARC?

Entre os persoas que capturaron hai labregos que non teñen arte nin parte, que simplemente obedecen ordes duns poderes superiores. E agora son os persoeiros da política os que están a ser liberados primeiro... É inxusto para a parte máis débil do proceso.


4,64/5 (11 votos)

Comentarios (21)

COUTOVEN #1 5/Marzo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que bonita a Foto de Raúl Reyes. Ata se parece a Santa Claus.

Ninguén diría que se trata dunha alimaña sanguinaria. Non se preocupen, posiblemente Chávez propoña que os seus restos sexan depositados no panteón nacional xunto ao libertador Simón Bolívar. Ou no peor dos casos, noméeo heroe bolivariano e outórguelle post-morten a espada do libertador.

VIEIROS descubriu a auga morna Que carrizo pensan que contestaría David Neves, cónsul xeral de Venezuela. E deus libre que se escorregase en algo.

O que dá risa, é que o Cónsul de Venezuela di, que en Venezuela non se celebra a morte de ninguén e resulta que o lema do goberno ROBOILUSIONARIO é:

Patria Socialismo ou MORTE. Se compañeiros MORTE.

En Venezuela non se celebra a morte, pero posiblemente os únicos negocios que non están á baixa son as funerarias e fabrícas de urnas. Nos fins de semana as crónicas policiais sobordan de mortes violentas. Non en balde Venezuela ostenta o pouco honorable titulo do país mais violento do mundo.

No ranking de 57 países efectuado por UNESCO, Venezuela ocupa o primeiro lugar en mortes por armas de fogo. Cun índice de 22,15 persoas de cada 100.000. Como din fanáticamente en Venezuela “Así, Así, Así é que se gobierna” ,”Huu Haa Chávez no se vá”

Como diriamos en Venezuela “Cachicamo dicíendole al morrocoy conchuo”

E para que vexan que ao falar de morte. Venezuela é toda unha autoridade. Segundo o FORO PENAL VENEZOLANO "Se sumamos a todos os cidadáns presos en Brasil, Arxentina, México e Colombia dan en total unha poboación de 540 mil reclusos, dos cales o ano pasado morreron violentamente 310. En Venezuela, cunha poboación de apenas 20 mil reos, tivemos 408 asasinatos en apenas 365 días, iso quere dicir que houbo máis dun morto diario".

Como apreciasen, en Venezuela non se fala de morte. Practícase e de verdade verdade.

Miren señores a morte de Raúl Reyes ocorreu en Ecuador e o outro país involucrado foi Colombia. Por que Vieiros non entrevistan aos embaixadores de Colombia ou de Ecuador?

A participación de Venezuela neste problema é puramente oportunista e o único que pretende é distraer a atención dos múltiples problemas que afectan ao país. Do mesmo xeito que Arxentina coa guerra das Malvinas.

Non lles parece raro que Venezuela e Ecuador ordenen o retiro de embaixadores por este feito, e resulta que en 1.995 cando ocorreron os enfrontamentos armados entre Ecuador e Perú (na serra do Cóndor coñecida como a Guerra del Cenepa) o balbordo internacional e diplomático foi infinitamente menor. Con todo e isto Venezuela ordena unha mobilización militar que multiplica con fartura o evento antes citado.

Fagan algo máis útil pola comunidade galega en Venezuela.

Porque carrizo non lle preguntan ao cónsul por que é tan difícil que os galegos moitos deles anciáns poidan sacar un simple pasaporte en Venezuela?

Porque razón suspenden as pensións do IVSS polo só feito de non cobralas en 3 meses seguidos e tardan máis de 3 anos en restituílas a pesar de entregar todos os recaudos.

Deixen que os problemas dos ecuatorianos e os colombianos resólvanos eles e non lle estean dando ás ao tolo de Sabaneta o cal parece que se regodea na anarquía. Aínda que cando sopran as balas non o pensa dúas veces para esconderse debaixo das sotanas dos curas ou meténdose nun edificio histórico. Non me sorprendería que nesta oportunidade sorpréndanos escondéndose nun orfanato

Sabrexo #2 5/Marzo/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordo co cónsul, mais Ecuador e Venezuela non deben caer nas provocacións do narcopresidente Uribe e do seu paragoberno, que ten detrás a Estados Unidos e que só busca a inestabilidade na rexión, nunha fase histórica de cambios ilusionantes en moitos países.

mceleiro #3 5/Marzo/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tranquilo CoutoVen, que agora os ianquis (perdão, queria dizer colombianos) vão invadir Venezuela para a libertar do dictador Chavez coma invadiram o Iraque para o libertar do dictador Sadam, ou talvez perseguindo às FARC, como quando ivadiram Panamá perseguindo a Noriega...

Há que tirar a esse ditador e censor, enemigo da democracia (coma a colombiana) que incita às drogas aos nenos, e é o responsável da criminalidade em Venezuela. Isto seria o de menos, o pior é que evita a entrada do ALCA em Latinoamérica, vende petróleo a paises que o tio Sam não deixa, fode aos latifundiários e está a foder quase todas as política da Ianquilandia para a América do sul. E por riba cumprindo com o FMI e todo o aparato capitalista, polo que não são possíveis embargos internacionais, devaluações à argentina, etc

Tu seguro que estás numa situação terrível em Venezuela, a ver se consegues o passaporte rápido. Ou a ver se os ianquis vos põem um Uribe venezolano, que então sim que ides a estar na glória.

Que podemos fazer polos galegos em Venezuela?
Talvez apoiar e financiar um golpe de estado como fizo Aznar no seu dia?
Ou talvez aumentar o consumo de cocaina para que os colombianos lhe ganhem a guerra civil às FARC e desde Colombia invadão à vontade os paises limítrofes?

CoutoVen, meu, parece mentira. Os problemas dos ecuatorianos e os colombianos, SÃO OS TEUS PROBLEMAS. Acho que passas demasiado tempo lendo a prensa da oposição ao Chávez e estas perdendo a noção da realidade venezonana, no que Chavez não é nem o salvador nem o tirano. Mas neste confito, por agora está a ter uma actitude bastante correcta, e a tua oposição frontal a ele não te permite vê-la.

baltar69 #4 5/Marzo/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

anque pareza que a cousa vai de chantada e que o noso concello é, por unha vez, o centro do mundo, o problema neste intre está en colombia, non en belesar nin en camporramiro. e concretamente habita na casa de nariño o disgusto que nos ocupa.

e é o de sempre: a venta indiscriminada dun país, dos séus recursos e dos séus habitantes, pola élite política emanada da burguesía. a entrega ó capital foráneo de todo o contido para alivio e solaz das clases máis influintes, que ven nesta manobra a seguranza do seu poder económico e patrimonial por varias xeracións.

poden os colaboradores de vieiros enzarzarse en diatribas que confluan na mala ou pésima xestión da economía de hugo chávez nos derradeiros anos e poden outros apelar as moi nefastas políticas de rapiña de líderes anteriores. poden, incluso, outros máis festexar e pontificar sobor do esforzo de tanto emigrante de entre o faro e o miño na terra das arepas. pero o que está en xogo na rexión, en sudamérica, é moito máis importante que todo eso.

importa máis que a actual tasa de inflación de venezuela ou que as formas dun político que se aparta dos cánones que marcan os asesores de imaxen ós que estamos acostumbrados nos camerinos de madrí. importa moito máis.

eu tamén teño amigos que teñen dificultades co governo chávez para mover capitais con dirección á península ou que se ven abocados a abonar unhas tasas impositivas que en tempos non pagaban, pero interpreto esas dificultades como algo cointural e anecdótico en comparación con todo o contubernio xeoestratéxico ó que está sometida a rexión.

o presidente chávez ordenou a movilización de tropas en dirección á fronteira oeste como protección da soberanía do país e así o fixo saber ó sr. presidente da república de colombia. para nada o fixo con intención de protexer as farc-up ou de sair en defensa de ecuador. soio dixo que esperaba que o mandatario sr. uribe se abstivese de persecucións, fosen contra quen fosen, dentro dos límites territoriais ou no espacio aéreo da república bolivariana de venezuela.

ese comunicado prodúxose o domingo, pero a expulsión do embaixador colombiano en caracas prodúxose o luns, día tres de marzo, mediante comunicado do ministerio do poder popular para as relacións exteriores e logo que o goberno de álvaro uribe, por boca do seu máximo responsable de seguridade, óscar naranjo, acusase o líder bolivariano de ter financiado con 300 millóns de dólares as tropas insurrectas colombianas comandadas por manuel marulanda e apoiase a este grupo na hipotética compra de 50 kg de uranio a través de irán.

para saber todas estas cousas e para poñer os feitos en orden non é necesario nin nacer en venezuela nin vivir alí. a partida mundial xógase de forma global e os intereses de uns e de outros están ben a vista.

os eeuu e os seus aliados conforman un poder e un futuro nefasto e sinto moito que a miña opinión disinta daqueles que creen que os do norte son the land of the brave and the free así como tamén que se apoien na pertenenza a un grupo étnico determinado ou á participación neste foro ( e a uns supostos vínculos de estilo nos temas a tratar e no fondo dos mesmos ) para intentar contrarrestar estas opinións.

de chantada, de galicia ou donde sexamos, eu estarei con hugo chávez e con quen se opoña ós requerimentos da forza de tarefa conxunta interaxencial do sur de estados unidos. por que é unha necesidade de saúde cultural, económica e social. non por que sexan berriches que artello no carballeira detrás dunha estrella galicia.

ecoe #5 5/Marzo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Máis claro imposible: terá que se ir facer lavativas durante un bó cacho de tempo e ainda así....non sei, non sei!

ecoe #6 5/Marzo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo. E qué haberá do ofrecemento do ZP (ff.aa. mediante) de que defendería as fronteiras colombianas (suponse que de un ataque venezolano, ecuatoriano tamén(?),...).

Non sei porqué mais desconfío que veu exporlle o plano que acaba de encetar, e a acadar os apoios €$pañoi$ (USA mediante, para algo se trata entre países vasallos do Imperialismo, vasallos e intervenidos). Non viría só para entreter o bourbon.

Afonso_ch #7 5/Marzo/2008 Afonso_ch
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu já me pergunto se devemos cair nós nas provocações do Coutoven.

Estava pensando comentar algumas das suas afirmações, mas tenho o intuito de que no tocante a Venezuela hai alguem que se esta comportando coma um trollete.

Deixo o enlace para outro fio, e que cada quem julgue. http://www.vieiros.com/nova/64...

COUTOVEN #8 5/Marzo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como din en Venezuela. É unha bobada gastar chumbo en zamuros.

Afonso_ch #9 6/Marzo/2008 Afonso_ch
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Um saúdo afectuoso e bolibariano para o Daniel Neves, Consul Geral da Venezuela, e para todo o povo venezolano.


A luta continua!!

Até a vitória!!

Sempre!!

COUTOVEN #10 6/Marzo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mira mceleiro. Múdache a Venezuela e inscríbeche nun circulo Bolivariano e vaiche a pelexar ao a fronteira contra o imperialismo. Fíxache, xa Lina Ron ten 2000 voluntarios. Non che parece boa idea acompañalos? Vemos se pasados tres meses segues pensando o mesmo.

Pura filosofía de cafetín.

Maeloc-do-Rouco #11 6/Marzo/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Imos ver:
1)"Terrorista son los que matan y los que les apoyan"=USA mata, Aznar e os seus pepeiros apoia-nos. Conclussom: quem escreveu o comentario 9 autodefinesse.
2)Mussolini crea o fascismo. Primo de Rivera seareiro de Mussolini. Franco seareiro de Primo de Rivera. Fraga seareiro de Franco. Fraga fundador do PP. Conclussom: quem escreveu o comentario 9 autodefinesse.
3) Qualificar a alguem de "gorila" a parte de outras connotazons tem umha noxenta dum racismo cheirento e doente. Conclussom: quem escrevu o comentario 9 autodefinesse.

Por Umha Galiza no Universo. Pola Paz

Afonso_ch #12 6/Marzo/2008 Afonso_ch
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tens toda a razão Maeloc.

Mas ao melhor não deviamos cair nas provocações gaviotescas, porque se alguma vez parecia ter argumentos,faz tempo disso já, agora ve-se claro que é capaz de defender qualquer burrada com tal de incordiar.

As vezes fai-se dificil aguentar as ganas de respostar-lhe, também é verdade.

redaccion #13 6/Marzo/2008 redaccion
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A pé desta información foi borrado un comentario:

En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.

xaviersouto #14 6/Marzo/2008 xaviersouto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Proponho a Uribe para nobel da Paz.

Afonso_ch #15 6/Marzo/2008 Afonso_ch
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parece ser que lhe eliminaram um comentário ao gaviotero.

Entre os actuais #8 e #9 havia um seu moi indecente.

lostrego #16 7/Marzo/2008 lostrego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Traballo con moitos venezolanos que tiveron que marchar do seu pais porque non podian traballar nin vivir en paz e a miña opinión de Chaves é pésima.

COUTOVEN #17 7/Marzo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

lostegro.

Fíxese, logo de ler neste medio os argumentos de moitos compañeiros, profundos coñecedores da realidade Venezolana. É posible que eses venezolanos dos que vostede fala non sexan realmente fillos da patria de Bolívar, senón espías do imperialismo neoliberal capitalista, que previo adestramento ideolóxico por parte da CIA e o Servizo secreto xudeu pretenden facerlle pensar que Venezuela non é un paraíso revolucionario de xustiza social. Que mentireiros son ao descoñecer a fabulosa obra de goberno do noso comediante en xefe.

9 anos de eficiencia. Todos os corruptos da cuarta república están presos. E os corruptos da quinta república? Non existe nin un. Xa non hai pobres. Xa non hai Indíxenas pedindo nas rúas. Unha terra de promisión onde o mel e a “leite” corren polas rúas e como poderá imaxinar os hospitais son tan bos que as clínicas privadas crebaron xa que ninguén as utiliza.

Grazas ás sabias recomendacións do noso presidente. O noso pobo coñece as bondades nutritivas da folla de coca e dun de sus mais nutritivos derivados a “PASTA DE COCA” Para ser fortes como o noso comandante (Todo un exemplo a seguir polos nosos nenos)

http://es.youtube...

Fíxese que é tan cínico e mentireiro o imperio. Que pretenden facernos crer que Venezuela é o país con máis mortes violentas por arma de fogo no mundo 22,15 persoas de cada 100.000. Por suposto esta é unha falsa matriz de opinión difundida por un organismo de tan pouca credibilidade como a UNESCO que supostamente forma parte dunha organización gansteril chamada a ONU.

Lostrego. Teña coidado con esas voces agoreiras e mal intencionadas que din ser venezolanos. Non o son. Non lles crea. Saiba recoñecer as fontes verdadeiras, grazas a elas beira que será un home novo. ¡!Que felices estamos en Venezuela!! Grazas por todo Chávez.

Afonso_ch #18 7/Marzo/2008 Afonso_ch
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sr. Coutoven:
vejo que o senhor abandonou o outro fio, onde tinhamos uma interesante discusão, o senhor sabera o porque...

Repito que não esta nada bem isso de andar a tergiversar as palavras dos demais. Não esta nada bem se queremos ter uma certa credivilidade.

Deixo o link porque já não esta na capa do Vieiros.
http://www.vieiros.com/nova/64...

COUTOVEN #19 8/Marzo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai Afonso_ch. Que imos facer. Tí estas como din en Venezuela “Non sabes de que pau aforcarche” ou como outro devandito que di. “Estas como a gata Teodora, se llo meten berra e se llo sacan chora” E por favor. Non me digas que che estou insultando, Estes son ditos moi Venezolanos. Os cales non creo que faga falta explicarllos, atendendo ao seu profundo esclarecido coñecemento da realidade Venezolana.

Compañeiro. Eu vivo en Venezuela como xa ti o sabes. Nunha cidade cuxo nomee é Valencia. Nun municipio coñecido como Naguanagua. Ti sabes onde está situada a principal brigada blindada de Venezuela? No Forte Paramacay . E sabe vostede Onde está o forte Paramacay?. ¡!SORPRESA!! En Naguanagua. Preto de este forte hai unha montaña onde practican con frecuencia, e un naguananagueño que se respecte viu os AMX 30 funcionando e botando máis fume que unha cociña de kerosene.

Agradézoche as impresionantes fotos que recomendaches. Pero realmente prefiro velos en vivo mentres fago cola para comprar leite no MERCAL do conscrito de Naguanagua.

Aquí tes un desfile onde che mostran parte das nosas unidades blindadas e infórmanche a súa localización xeográfica específica. Non a da súa CG (4ta división blindada). Que é o que vostede confunde con unidade operativa.

http://es.youtube.com/watch?v=....

Vostede dirame con toda razón. Iso non significa que os AMX 30 só sirvan para desfiles. Eu contestarche. Tes razón. Pero resulta que en Venezuela hai un político moi coñecido, o cal foi o eterno candidato do MAS cuxo nomee é José Vicente Rangel. Sabe quen é? Imaxínome que si. Bo, ese cidadán desempeñou altos cargos en goberno ROBOILUSIONARIO de Chávez. Polo seu profundo coñecemento da nosa realidade. Saberás que entre outras cousas foi ministro da defensa e vicepresidente do país. Antes de encumbrarse a estas alturas. Tiña un programa coñecido como José Vicente hoxe (transmitido os domingos por televen). Bo. Afonso _ch, foi este señor un dos que denuncio a deterioración destes tanques ao asignar a súa remodelación a unha empresa que non tiña antecedentes neste tipo de traballos. Isto motivo que ao chegar Chávez ao goberno novamente fosen remodelados para supostamente devolverlles a operatividade e ata “melloralos”. Bo, resulta que é esa operatividade é unha dúbida razoable. Lamentablemente a única forma de probalos fehacientemente é nunha confrontación a cal espero que nunca ocorra. É máis, o máis prominente dos mesmos son as ecolóxicas nubes de fume que desprenden nos desfiles. E iso cando non quedan accidentados.

Afonso _ch. É tan grande o coñecemento da nosa distribución armamentística que me encegueces. Xúrolle impresióname. Tanto é así que iso que vostede define como 4ta división blindada non é máis que a suma de de as unidades acantonadas en varios estados. Co seu CG situado en Maracay Estado Aragua. E o de CG significa COORDINACIÓN XERAL. É unha unidade de comando. Non é o asento das forzas, que é algo ben distinto. Compañeiro, nin en Maracay nin en Guárico hai AMX-30. Entendeu “NON HAI” do mesmo xeito que non hai leite nos anaqueles dos abastos e medicamentos nos hospitais. E infórmoche, que a brigada de paracaidistas. Perdón PARAGOLPISTAS ASASINOS de Maracay son unha unidade de infantería aérea. Sabes Por que? por dúas cousas. A primeira, en Maracay atópase a escola de Aviación Militar de Venezuela e unha das principais e máis antigas bases aéreas do país, fundada por Juan Vicente Gómez. Como comprenderás, os paracaidistas son as forzas de infantería asociadas aos avións. A segunda, é que os AMX 30 non voan cabaleiro, nin se tiran con paracaídas. En Maracay o que hai son tanquetas lixeiras e armas antiaéreas cuxa función principal é protexer a base aérea. Entón, aclárache e non confundas a CG (4ta división blindada) coas unidades operativas. E para que che ilumines mais mándoche a ORDE DE BATALLA OFICIAL do exército Venezolano, para que poidas diferenciar que é unha unidade operativa e que é unha unidade administrativa. E por favor aclároche máis as cousas con este exemplo. A primeira división de infantería ten como CG Maracaibo. A cal está formada por dúas brigadas (unidades operativas) estando ambas as separadas por centos de quilómetros xa que están en estados diferentes (Lara e Zulia). Por favor, non confundas a ximnasia coa magnesia.

http://www.saorbats.com.ar/Orb....

Entón Afonso _ch. Infórmoche que nestes momentos os 10 batallóns mobilizados gozaron dun paseo cara á fronteira. Resulta que o goberno cría que a poboación ía caer nesa burda táctica patriotera de Chávez e que as nais entregarían aos seus fillos para que se inmolasen en nome da revolución. Bo, foi un rexeitamento total do pobo a esta vergoñosa conduta de Chávez. Hoxe daba tristeza, como en menos de 24 horas na reunión Grupo de Rio, paso dun verbo insultante e provocador a un maratónico discurso conciliador, pletórico de sorrisos, anécdotas e por suposto non podía faltar unha canción. Grazas a deus que non falo da súa infancia en sabaneta e as tenras historias da Avoa Rosaines. Iso sería demasiado para o pobre Carlos Correa que non podía disimular o seu desgusto ao ver que foi utilizado por Chávez e que simplemente o deixo como noiva de pobo “vestida e alborotada” .Despois din que só hai cachorros do imperio. Polo menos estes están máis gordos e coidados. Non como o can do tolo, o cal da única riqueza que pode presumir é das pulgas.

Bo Afonso_ch. Se queres podemos exercitar a filosofía de cafetín. Tomándonos un blanquito ou un negrito (tipos de café venezolano, nada de racismo) nunha cafetería no Centro Comercial a Granxa á fronte do forte paramacay .É posiblemente que poidas ver un dos impresionantes AMX 30 de noso Exercito, outrora forjador de Liberdades. Despois ímonos á irmandade Galega de Valencia. Queda moi preto e tomámonos unha foto á beira do cruceiro que lle regalo Baltar ao club.

Queres seguirme dando clases sobre Venezuela?

Afonso_ch #20 8/Marzo/2008 Afonso_ch
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vejamos: eu não lhe quero dar leições de ningum tipo a ninguem. É o senhor que pretende ter a verdade absoluta do que acontece em Venezuela, argumentando que como vive lá, a sua é a única opinião válida.

Mas tenho de lhe recordar que em Venezuela também vivem muitos milhoes de pessoas que tenhem votado repetidamente por que o cidadão Hugo Chavez seja o seu presidente constitucional.

Que o senhor é contra o Chavez, ok. Tem todo o direito. Como os demais, sejamos venezolanos ou galegos, temos direito a estar com ele. E temos também direito a expresar as nossas opiniões.
Em todo caso poderia recordar que, tomando os dados da última eleição presidencial, a opção política que o senhor parece defender unicamente representa ao menos do 40% da população venezolana. Não pretenda vir-nos a falar coma se toda a Venezuela fosse o que o senhor diz.

Falamos agora de blindados.
Por muito que o senhor viva a 4 metros do Forte Paramacay, por muito que tenha visto os AMX-30 fazendo praticas de tiro, por muito que diga que são unicamente chatarra ( no que quase concordamos) o que eu argumentei é que, no caso de um conflicto que todos esperamos que não se preoduza, Colombia NÃO tem nada melhor que os AMX. Nem AMX nem nada.

Hai essa é uma vantagem táctica que estes lhe dam ao exército venezolano. Verdade ou mentira?? É melhor ter 80 AMX ou não ter nada??

Ainda lhe digo mais, a Colombia pretendia fazer-se com uma partida de blindados idênticos, 40 exatamente, que levavam 10 anos DEZ inoperativos.
Mais do que inoperativos, levavam 10 anos tirados sem ninguem olhar para eles, concretamente na Brigada Castillejos2 do exército espanhol. Isso era o que a Colombia queria comprar. Isto sim autentiquissima chatarra, e nem isso tenhem. Acho que é suficientemente esclarecedor

Fala o senhor de que se botam muito fumo, que se tal e que se qual, repito Colombia não tem nada comparável. Ademais isso de analizar um elemento militar pela quantidade de fumo que deita ao ar não tem ningum sentido. Porque se quiser o senhor procure fotos do porta-aviões ruso Almirante Kuznetsov e vera como também é um autêntico “petroleiro” e ninguem ousa discutir as suas inegáveis capacidades em base a que as suas caldeiras deitam muito fumo, ou não??

Continua tergiversando as minhas palavras, eu nunca neguei que os AMX-30 estiveram em Valencia.

Mas quando o Chavez está a falar de 10 batalhões de carros, é evidente que não se esta a referir unicamente aos de Valencia. Porque lá unicamente existem 2 batalhões, tres ao máximo. Verdade ou mentira??

Não vamos discutir nada sobre unidades operacionais, unidades administrativas...o facto é que quem se desplegou maioritariamente estes dias foi a 4ª Divisão Blindada.

É absulutamente ridículo vir a dizer que os paraquedistas são as forças de infantaria asociadas aos aviões. Em primeiro lugar por redundante, isso todos o sabemos, que nos pretende ensinar dizendo isso? E em segundo lugar por inexacto, porque os paraquedistas são forças de infantaria que se podem desplegar lançandose de para-quedas, mas tambem existem unidades de infantaria asociadas a aviões que NÃO se tiram de para-quedas mas que simplesmente são transportadas de avião!! São a infantaria aero-transportavel.
Por outra parte, não os AMX, mas sim que existem muitos blindados que “voam” e outros muitos que podem ser lançados de para-quedas. É preciso ter tino com certas expresões.


Finalmente se eu puxem os enlaces, foi para que outros leitores puideram ver de que é que estavamos a falar. Não pretenda o senhor pensar que todo gira por volta sua!

Por certo que os que o senhor facilitou não funcionam.

COUTOVEN #21 9/Marzo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aquí ten a miña resposta. Por favor léao nesta dirección de Vieiros . É a resposta ao seu comentario. Grazas.

http://www.vieiros.com/nova/64...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Rafael Correa acusou a Colombia de frustrar a liberación de Betancourt
Rafael Correa acusou a Colombia de frustrar a liberación de Betancourt
Álvaro Uribe quere levar a Chavez ao TPI
Álvaro Uribe quere levar a Chavez ao TPI
Hugo Chávez é un dos principais mediadores das FARC no conflito
Hugo Chávez é un dos principais mediadores das FARC no conflito
Ecuador, Colombia e Venezuela moveron as súas tropas cara ás fronteiras
Ecuador, Colombia e Venezuela moveron as súas tropas cara ás fronteiras



Locais:
GZ-Sete