Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
De costas ao ataque aos dereitos humanos

Queixas á UE pola cativa reacción ás agresións chinesas no Tíbet

Grupos como Human Rights Watch e Amnistía Internacional critican a resposta da Comisión Europea neste caso, e contrapóñena coa firmeza asumida no caso recente de Birmania.

Redacción - 12:00 19/03/2008

Desde colectivos defensores dos dereitos civís recordan esta semana que a Unión Europea asumiu posicións máis firmes no caso recente de Birmania, despois da belixerancia militar sobre os monxes budistas que se mobilizaran pacificamente. Recordan desde Human Rights Watch que as iniciativas de sanción económica estabelecidas pola UE nese caso están lonxe da postura asumida agora diante do xigante chinés.

Lonxe de calquera asomo de medida de forza diante da China, a UE reaccionou ademais cun ambiguo discurso oficialmente transmitido desde a Comisión Europea, onde metía no mesmo saco a represores e reprimidos, chamando "ás dúas partes" a diminuír a tensión. Fronte a esa morna reacción xurdiron apenas respostas máis firmes desde gobernos concretos, como é o caso dos executivos neerlandés, italiano e francés. Neste último caso, o representante de Exteriores, Bernard Kouchner, mesmo insinuou a posibilidade de que os países da UE realizasen algún tipo de xesto cara á cerimonia inaugural. Desde Amnistía, HRW e outros colectivos xa suxiren por exemplo medidas simbólicas alternativas ao boicot que incluirían por exemplo a ausencia dos xefes de Estado deses actos de apertura.

Represión tamén noutros lugares
Amnistía Internacional acusa as autoridades chinesas de impoñer un bloqueo "total" de información sobre o Tíbet e o seu contorno, incluídos os atrancos a internet e ás comunicacións por teléfono móbil. Ademais, están impedindo o acceso a xornalistas e a calquera observador independente, incluídos os membros das Nacións Unidas.

Ademais, segundo Amnistía, as autoridades chinesas están despregando actuacións represivas noutras zonas, como é o caso dos ataques contra a poboación uigur, na Rexión Autónoma Uigur do Sin-kiang. Coa escusa de estaren actuando fronte a unha presunta conspiración terrorista para atacar as Olimpíadas, e da que non se presentou ningunha proba concreta, lanzouse unha operación represiva cara a grupos uigures.

Sucesos como estes están tendo lugar no medio dunha vaga represiva que tamén inclúe a avogados que están traballando no ámbito da defensa dos dereitos humanos, e activistas diversos. Desde Amnistía Internacional consideran que, no canto de estar servindo para relaxar a presión censora sobre a poboación, a cita olímpica está sendo escusa para a administración. Así, xustificando o bloqueo de supostas accións contra os preparativos olímpicos, as autoridades chinesas despregan amplas operacións represivas en diversas partes do país, especialmente no contorno de Beixín.


5/5 (7 votos)


Comentarios (23)

Sabrexo #1 19/Marzo/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En calquera caso, que isto non serva para dar lexitimidade ao Dalai Lama, que foi líder dunha teocracia escravista, por moi homologado que esté agora polos medios e moi boíño que nos fagan crer que é agora.

http://www.rebelion.org/intern...

Reboirassempre #2 19/Marzo/2008 Reboirassempre
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

TIBET CEIBE!!
Viva a autodeterminación dos pobos!

xaviersouto #3 19/Marzo/2008 xaviersouto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois a mesma "timidez" que tem mostrado nas guerras de Irak e em Palestina, se calharc om mais motivos para agir, coisa que nom fez, nesses casos. Double standard. Isso no aspecto moral do assunto.
Outra cousa é que a política exterior européia esteja a avançar por um estreito caminho, empurrada e puxada polas pressões de outras potências, de certas facções destas, que talvez estejam a sofrer agora mesmo uma certa decadência econômica fronte a prosperidade chinesa

Tudense #4 19/Marzo/2008 Tudense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xá esta o bloquerio a xustificar aos chineses porque son comunistas, efectivamente arrepia a dobre moral da estrema esquerda, os de "esquerdas" teñen carta branca para eles tanto de son os imperialistas como o pobo oprimido, tanto se son os xenocidas como as vítimas dun xenocidio, tanto se invaden como se son invadidos, é lamentabel que o nacionalismo galego so teña está representación parlamentar, hai que traballar para solucionar isto cun partido democrático que critique ao opresor sexa de esquerdas ou direitas e que defenda ao oprimido sexa de esquerdas ou direitas.

Reafirmome o BNG é un partido de esquerda pero de nacionalista ten pouco senon saltaria denunciando o xenocidio tibetano e non calando mais unha vez.

info@converxencia.org

Sabrexo #5 19/Marzo/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa está o Tudense a manipular, como a trola que contou de que o BNG "non condena o Holocausto". Eu, que non falo polo Bloque senón por min, só digo que o Dalai Lama foi un gobernante teocrático escravista que non ten autoridade moral para denunciar nada. Defendo o dereito de autodeterminación do Tíbet.

Arrepía como algúns intentan converter en heroes a criminais, sexan os lamas ou os gobernantes de Israel.

BonKarallan #6 19/Marzo/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

TÍMIDA REACCIÓN:
Perdón. Non me gustaría molestar. Pero non cren que se están pasando un pouco cos tibetanos?

A min o Dalai Lama non me parece un criminal, a pesar de ser un líder relixioso. E se dimite, como dixo que faría, en sinal de protesta polos actos de violencia que teñan ou poidan ter os tibetanos, pois me parecería un tío legal.

É certo que hai fanáticos relixiosos que cometen crimes en nome de Deus, pero este concretamente non me parece un deles.

Sabrexo #7 19/Marzo/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Le isto, BonKarallan:

http://www.rebelion.org/intern...

Como toda fonte, obviamente é discutíbel. Mais o que é un feito histórico constatábel é que Tenzin Gyatso, o mesmo Dalai Lama de agora, tamén o era na década dos 50, cando a maior parte dos tibetáns eran servos dos mosteiros.

BonKarallan #8 19/Marzo/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Posiblemente, teñas razón Sabrexo, é un home bo porque está no exilio, se estivese no poder sería un home perigoso e posiblemente un tirano.

O cristianismo, por exemplo, a cagóu cando Constantino os legalizou e deulles poder. Se reinventaron a relixión e séguenlla reinventando, con novos pecados capitais, bulas pontificias, excomunións...

Eu creo nas relixións, pero non nos seus relixiosos. Eu creo que o home pode intentar comunicarse con Deus, ou consigo mesmo no seu interior, pero evidentemente non necesita de "intermediarios", que con toda probabilidade serán uns farsantes e uns aproveitados.

BonKarallan #9 19/Marzo/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Efectivamente, poden recoñecer a independencia do Tibet pero sen porlles un ditador.

É coma se agora, para compensar o xenocidio realizado por Bush en Iraq, vólvenlles a pór a outro Sadam.

Afonso_ch #10 19/Marzo/2008 Afonso_ch
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mas se era o amigo tudense quem defendia que na Colombia havia uma democracia, e parecia defender também o assasinato do Raul Reyes!!


Dupla moral??

xaviersouto #11 19/Marzo/2008 xaviersouto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Resulta engraçado como toda a mídia espanhola celebra os intentos separatistas em tantos paises, sejam caucásicos, de Europa oriental, balcânicos, e agora também em Bolívia e no Tibet. Mas se falarmos de Euzkadi ou Catalunha, ah, esse é outro tema que não tem nada a ver, mesmo uma cousa tão democrática como a consulta de Ibarreche provoca tremores nas direções partidárias e dos jornais. Todos esses artistas do cinema que vivem no luxo mais escandaloso, como Richard Gere e outros, têm contribuído muito a glamurizaçao dos monges tibetanos, se calhar para apaziguarem outras suas culpas, e lhe dão um plus de credibilidade aos jornais, eternos demiurgos, que estabelecem a agenda dos conflitos que toca divulgar, e mesmo produzir, de maneira bem compassada com os interesses geo-estratégicos dos que governam o mundo desde as metrópoles.

pampeiro #12 20/Marzo/2008 pampeiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Qué medo que metes,China !!!

ecoe #13 20/Marzo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coido que no tema Tibet hai moita desinformación ben artellada.

Tamén que o Lama é o home do Imperialismo alí.

Como di a xente: desconfia e quedaraste curto!

arzaya #14 20/Marzo/2008 arzaya
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tibet é unha país invadido por China. Asumamos que China non vai abandonar nunca polas boas ese territorio, polo que o razoable sería unha autonomía. Se o Tibet de antes era unha teocracia é problema dos tibetanos. O problema é que China non é ningún exemplo de dereitos humanos, polo que é probable que vexamos moito sangue derramado no Tibet antes de mesmo ver unha autonomía decente. Seguramente daranlles autonomía cando a etnia han mandaríns sexan maioritarios. O único que pode dar vida a un Tibet onde os tibetanos non sexan estranxeiros é a presión internacional e o boicot a produtos chineses (aínda que como son moi baratos polas pésimas condicións laborais da ditadura China é ben difícil).

independencia #15 21/Marzo/2008 independencia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Arre carallo,que vergoña.Un comunista galego non pode defender a China.China representa o capitalismo salvaxe e o imperialismo.

TIBET CEIBE. PODER POPULAR.

Sabrexo #16 21/Marzo/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non sei quen defendeu por aquí a China.

ecoe #17 21/Marzo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na "COZ" de hai dous días, un titular polo medio do xornal, -había un outro na primeira- rezaba (a Coz, reza sempre), case textualmente: o Lama amenaza con dimitir si OS TIBETANOS OPTAN POLA VIOLENCIA.

Qué quere dicir a declaración do seu boss?? !!
Quén/es exerce/n entón a VIOLENCIA?

Eu tamén desconfío como na ligazón de máis arriba á que ninguén ten en conta nin comenta.

ecoe #18 21/Marzo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Abondando de novo: agora o belga Michel Collon (que sabe bastante de intervencionismo occidental en Xugoslavia).
Desestabilizar China:
http://www.insurgente...

ecoe #19 21/Marzo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para recalcitrantes (e acabóuse a discusión pola miña banda):
http://www.rebelion.org/notici...

COUTOVEN #20 22/Marzo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este é o problema da dobre moral. A cal xustifica calquera aberración. Bo, aquí temos ao máis puro espírito imperialista, pero santificado polo só feito de estar avalado por un suposto pensamento “socialista” e peor definido como “progresista” estanlle dando ben duro ao pobo tibetano polo só feito da súa autodeterminación.

Estes é outros argumentos os uso a Unión soviética invadindo a Hungría e Checoslovaquia no seu momento. Algo para que se vexa que USA non ten a patente de exclusividade á hora de intervir en calquera país. Invitado ou nó.

Como se ve, USA tubo a súa competencia no seu tempo, e hoxe China tamén quere exercer as súas funcións de potencia na súa contorna xeográfica.

Polo seu posto, uns dirán que se tal ou cal teocracia. E os miles de pretextos e medias verdades que utilizaron as potencias ao longo da historia para invadir e mancillar sempre en defensa dos seus intereses.

O que un non pode entender é a dobre moral coa cal algúns interpretan as invasións e a explotación dos traballadores dependendo da tendencia política do invasor ou explotador.

É máis, algúns para defender os seus puntos de vista, invocan supostos representantes de grupos humanos, intelectuais e organizacións que apoian estas prácticas ou polo menos tratan de xustificalas. Algo así como para brindarlles credibilidade. Pero resulta que ao profundar atópasche que todos estes “defensores” do pensamento libre son persoas de moi pouca credibilidade. Xa que se son representantes de tal ou cal comunidade, o certo é que representan á comunidade que comparten a súa ideoloxía. Non hai ningún organismo que avale a súa elección, nin cando se lle vence o seu período. E o máis interesante, cando se manifestan, non falan para nada da comunidade á cal representan, pero son un difusor exclusivo da ideoloxía política que profesan.

Non faltan as publicacións e os intelectuais que pretenden brindar credulidad e erudición sobre un punto. Que se publicaron tantos ou cales libros. Que se son profesores de tal ou cal centro universitario. Pero cando ojeas as súas publicacións só aprécianse traballos limitados. Ata o punto que pretenden falar dunha comunidade por falar de 4 ou 5 persoas para nada representativas dese país.

Non existe ningún pretexto para que o pobo de Nepal, non decida a súa autodeterminación e é un grave dano á ideoloxía socialista. o utilizar o seu nome para abalar accións deste tipo.

Sabrexo #21 22/Marzo/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non, se agora tamén vén falando de democracia e de socialismo o que xustifica os asasinatos do narcogoberno paramilitar colombiano... Insisto: eu aínda non vin a ninguén aquí xustificar para nada a China, só denunciar a perversión de tentar presentar como alternativa "democrática" uns curas escravistas.

pelacho #22 24/Marzo/2008 pelacho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

escoitei dicir hai un mes que China ía aprobeitar estes xogos para facerse descobrir, que íamos flipar coa nova china e todo iso. Un país preparado para ser líder.
E vemos que efectivamente están preparados.

xorxev #23 28/Marzo/2008 xorxev
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu preguntome cales son os dereitos de China sobre o Tibet. Os tibetanos non queren ser chineses, e nunca antes do seculo XX o tiñan sido. Porque nalgumhos comentarios anteriores se pon en dubida o dereito do pobo tibetano a sua indempendencia, e que procuren o apoio de quen sexa, incluindo aos americanos.
Como di o refran, o papel ten conta do que lle ponhan. Digan o que digan en Rebelion.org sobre o actual Dalai Lama. Como puido ter sido un mal gobernante si solo tiña 17 anos cando os chinos invadiron o Tibet? Por outra parte hai que entender que ese país, coma moitos outros, nesa época, socialmente ainda estaba no equivalente a nosa Idade Media, e non lle deixaron tempo a evolucionar por si mesmo. Estan logo no seu dereito os países grandes, fortes ou avanzados, de invadir a os paises, pequenos, pobres ou atrasados?. E eso o que pretenden soster algumhos?.
Para saber mais:
http://es.wikipedia.org/wiki/H...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete