Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INTERCAMBIO DE ARQUIVOS

Os EUA inclúen o Estado Español nunha lista de vixilancia por non prohibir o P2P

A USTR considera que o goberno español non protexe "debidamente" a propiedade intelectual.

Redacción - 12:36 29/04/2008

A axencia gobernamental estadounidense USTR, que asesora o goberno dos EUA en comercio exterior, decidiu incluír a partir deste ano o Estado Español na súa lista de vixilancia por, ao seu xuízo, non protexer debidamente a propiedade intelectual.

Segundo o informe, "os EUA están preocupados polos esforzos insuficientes do goberno español para afrontar o problema crecente da pirataría na internet, descrito polas industrias estadounidenses de dereitos de autor como un dos peores de Europa". A oficina tamén considera que no Estado Español "está moi estendida a errada idea de que compartir arquivos é legal".

Pero non é o único estado de Europa Occidental na lista. Este ano súmanse tamén Grecia, por non actuar con contundencia contra as vendas de produtos pirateados nas rúas; Noruega, por non defender as patentes farmacéuticas, e continúa Italia, por non castigar os infractores da propiedade intelectual. En total, forman parte da clasificación 36 estados, entre eles Canadá, aos que hai que sumar os que integran a lista de vixilancia prioritaria, como Rusia ou China.


5/5 (1 votos)

Comentarios (3)

Tino #1 30/Abril/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Roubar en España? Estes norteamericanos como son...
Aki non se rouba, cóllese emprestado!

arinspunk #2 30/Abril/2008 arinspunk
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A oficina tamén considera que no Estado Español "está moi estendida a errada idea de que compartir arquivos é legal"

Mas compartir arquivos no estado español, polo de agora, é legal.

ecoe #3 2/Maio/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que INVADAN o €$tado €$pañol e bombardeen a SGAE, cando menos. (...Xa que son unha fronte mundial da verddaddeira libertade...)!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete