Entre outras cousas, han estar Berrogüeto, Nao, Quempallou, Lamatumbá e a Víctor Aneiros Band. Tamén haberá filmes, exposicións, presentación de libros.
O Festigal desta ano ha encher, o 24 e o 25 de xullo, Día da Patria, o Campus Sur de Compostela. Incondicionais e curiosos xuntaranse, un ano máis, até chegar a ser perto de 20 mil, arredor dos postos de camisolas, de artesanía, nas carpas coas exposicións, os recitais, nas proxeccións e nos concertos.
Este ano a programación é ampla e variada. Hai un espazo para todo, porque no Festigal teñen cabida diversas disciplinas que se mesturan: as curtas (proxectárase, entre outras, 1977, curta de animación de Peque Varela que acaba de ser exhibida en Sundance); a literatura (presentarase a tradución galega do libro O segundo sexo, de Simone de Beauvoir); a arte (exporase a mostra sobre o himno galego Os tempos son chegados, e distintas visións da cultura tradicional galega) e as ideas (debatirase sobre Curros Enríquez, no centenario do seu falecemento, e sobre as Alternativas ao Neoliberalismo e á Crise).
O prato forte: os concertos ao vivo
E polas noites chega a música que este ano, segundo contan dende a organización, é un bocado máis heteroxénea (consultar aquí programa), xa que acolle bandas como Caravan Palace (aposta francesa pola mestura de jazz e electrónica), aos galegos Nao (que veñen para presentar o seu traballo Palabras Espidas), Berrogüetto, Quempallou, Lamatumbá ou a Víctor Aneiros Band, ademais dos suecos The Internacional Noise Conspiracy. O que máis destaca do cartel é a incorporación de Pablo Milanés, que vén presentar a súa última viaxe poética e musical, titulada Regalo (2008).
A comida e a bebida até altas horas completan o programa do maior festival organizado por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre.
Hai, hai... Ter a consciência limpa. É-che bem melhor que os cartos e o poder.
Que bonitiño o cartaz co bebé. Eso si, vai ser o único que teña de punki o festigal
por suposto. Outro é o sentido da frase
4#, Se era polo 2#; bem sabia o querias dizer, hom', bem sei; mais nom se pode desproveitar umha soa oportunidade para lembrar-lhes a alguns certos preceitos éticos.
Contodo lembro que o Bloco polos 80 tinha feito cousas interessantes sem muitos quartos, num 25 na Carvalheira trougeram um grupo agolano de danças populares, eu que daquela era mui novo, estivem falando com eles um cacho grande, nunca esquecerei a Alexandre; um dos integrantes, foi toda umha experiência poder comprovar a projecçom internacional do galego-português e o maravilhosa que é a gente daquelas terras. Mais acho que depois passaram alguns anos (tampouco asssitim a muitas festas do BNG nos 25's) que perderam qualidade as actuaçons na Carvalheira e tinham mais quartos por terem máis representaçom.
Pois a min gústanme os grupos que veñen este ano. Cando menos, rómpese a tendencia de outros anos de meter apenas un grupo galego entre a maré de grupos estranxeiros (que tamén está ben que veñan, ollo), pero algúns xa agardabamos que se apostase de volta pola música do país.
Por outra banda, tamén animo á xente, especialmente á xente interesada e opinadora que participa en foros coma este, que non se quede nos concertos á hora de valorar a planificación do festigal, xa que hai moito máis.
E sobre o de que na década dos 80 había cousas tan máis interesantes, pois non sei, eu son novo e nin estaba alí, pero acho que a aposta polo festigal fai sete anos, e por ter dous días enteiros de actividades diversas no canto dun concerto (organizado por Galiza Nova) e unha mani, foi un paso adiante ben grande e ben positivo.