Xosé Manuel Pérez Bouza, senador do BNG, presentou unha iniciativa na Cámara Alta solicitando o cambio da norma.
Arramplaron no seu momento con algunhas das mellores terras de moitos municipios do país a cambio de compensacións moitas veces discutidas polas pequenas cantidades en comparación cos elevados beneficios. Agora, unha modificación legal permítelles ás empresas do sector eléctrico pagaren aínda menos aos concellos onde explotan encoros desde hai décadas.
A denuncia fíxoa pública este luns Xosé Manuel Pérez Bouza, senador do BNG, quen advertiu de que o novo xeito de realizar as valoracións catastrais dos chamados Bens Inmobles de Características Especiais, BICES, vai zoupar forte nas contas de moitos municipios en Galiza.
Pérez Bouza puxo o exemplo dun feixe de municipios ourensáns (Manzaneda, Vilariño de Conso, Muiños, Bande, Lobeira, Cenlle, Punxín, Ribadavia...) para explicar que como media, verán reducidos os seus orzamentos aproximadamente nun 50% debido a esa redución na valoración dos BICES. Criticou tamén a introdución de índices correctores adicionais que zouparán aínda máis nas contas municipais. Como caso estremo citou o de Castrelo de Miño, onde os ingresos recibidos minguarán até nun 80%.
Solicitan unha modificación da lexislación
En opinión dos nacionalistas, trátase dunha norma que "non respecta tres principios básicos: autonomía local, suficiencia financeira e ingresos consolidados". Pérez Bouza explicou que o BNG rexistrou no Senado por teste motivo unha iniciativa coa que insta o goberno español a modificar esta normativa "lesiva" para os intereses de moitos concellos. "Calquera cambio nunha normativa non pode ser para prexudicar ou para modificar á baixa as condicións que se estaban a ter", denunciou. Ademais, solicita "partidas" orzamentarias adicionais nos orzamentos do Estado para compensar os concellos que se ven afectados este ano.
porque no decis nada del triunfo del patrimonio de la humanidad a las cuevas del paleolitico de asturies-cantabria y euskadi? Envidia quizas?
#1 Ao mellor porque esta web está centrada na realidade galega e mira o mundo dende aí.
En todo caso, parabéns polo premio. Permítannos, en todo caso, que non nos importe en exceso, e non se espante mineru se, no caso de conseguir recoñecemento similar para o patrimonio oral galego-portugués. Non se trata de discriminación, senón simplemente do lugar dende o que se mira o mundo.
Se tanto lle preocupa Asturias ao mellor ten que buscar outros medios de información.
Quería dicir, no parágrafo segundo, que non se enfade se si lle damos importancia se o recoñecemento é para a tradición oral galego-portuguesa, desculpas.
O ministro Miguel Sebastián Gascón trocou de ministério agora chamase des Eléctricas, xa se sabe e este ministro aínda mais: arrimarse ao poder sen disimulos. E dician que era socialista, agora me explico moitas cousas.
querido Carbalho,si pregunto esto aqui,es porque se apoyo la candidatura del patrimonio galaico-portugues en vieiros,y yo di mi opinion diciendo que si se quiere conseguir algo es con trabajo y cooperacion,cosa que la candidatura galaica no hizo;yo dije que tendria apoyo en esta orilla del Eo si se pusiese patrimonio galaico-astur-portugues,pero como hay un profundo neo-colonialismo en algunos personajillos del mundo cultural gallego,no fue posible dicho apoyo.Es para que se vea la diferencia entre cooperacion entre pueblos,y la apropiacion mas rancia de imperios ficticios y delirantes de mentes adolescentes
Entre as pensións permanentemente máis baixas do €$tado, a sua PAULATINA DESPARICIÓN DO AGRO polo envellecimento poblacional: que lle pregunten ó goberno cómo se van sustentar as aldeias e eses concellos cuias millores e máis fertis terras foron asulagadas sen recibir as xentes NADA SUSTANCIAL a cambio, tan só pésimas indemnizacións (lémbrolles que a autopista CO-VI valorou o mato a 9 pts/m2.)