Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN ERMEDELO (ROIS)

Sabotan dous camións nas obras do corredor Santiago-Noia

A Garda Civil atopou un artefacto caseiro que non chegou a explotar noutra máquina da mesma empresa.

Redacción - 13:50 08/07/2008

Dous camións dunha empresa que traballa nas obras do corredor de Noia apareceron queimados este martes en Ermedelo (Rois). Segundo Europa Press, as primeiras investigacións policiais dan por feito de que se trata dunha sabotaxe provocada con artefactos explosivos. De feito, os axentes atoparon un terceiro dispositivo caseiro que non chegou a explotar noutra máquina da mesma empresa.

Nos últimos anos tamén houbo ataques contra máquinas que traballaban na estrada Santiago-Cacheiras e na que xungue a capital de Galiza con Brión.


5/5 (7 votos)


Comentarios (18)

Atlantico #1 8/Xullo/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tradicional explosión antes do Día da Patria, en calquera caso lles saldría máis rentable atentar (incruentamente) contra grandes empresas españolas que non contra empresiñas galegas, porque esto pode poñer en perigo postos de traballo galegos.

Anti_Lusista #2 8/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pailáns sen senso algún, fora da Galiza!

carraboujo #3 8/Xullo/2008 carraboujo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estou contigo, Anti-Lusista. Quem só sabe destruir nom tem lugar no nosso país. Devemos de parar já tanta violência sem sentido:
Fora construtoras da Galiza! Paremos a destruiçom do território!! Nom mais barenos de dinamita contra os nossos montes!!!

semprecelta #4 8/Xullo/2008 semprecelta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Carallo Atlantico, semellas o xuíz Garzón. Xa dictaches sentenza sen saberes sequera quen fixo que.

semprecelta #5 8/Xullo/2008 semprecelta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu estou con Anti_Lusista tamén. Fora construtoras da Galiza! Paremos a destruiçom do território!! Nom mais barenos de dinamita contra os nossos montes!!!

Atlantico #6 8/Xullo/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Amigo semprecelta, eu dixen "tradicional explosión antes do Día da Patria", porque nestas datas soe haber explosións, pero non acusei, nin acuso a ningunha organización, ideoloxia ou persona.

Carlinhos #7 8/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

3# Muito engraçado

UnDeTantos #8 8/Xullo/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai moito ignorante que baila sarri sarri e xa se cre basco. O seguinte paso é pensar que isto é EuskalHerria.

O terceiro paso é facer o PARVO

lunet #9 8/Xullo/2008 lunet
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estou con Anti_Lusista

roibran #10 9/Xullo/2008 roibran
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os que poñen bombas son un perigo pra todos. Hoxe empregan a violencia contra uns, mañan a empregaran contra outros NON A VIOLENCIA

carraboujo #11 9/Xullo/2008 carraboujo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Também estou deacordo contigo, roibran. Perto da minha aldeia, a escasos quilómetros de Ourense, os violentos levam várias semanas colocando a diário explossivos potentíssimos (acho que estem nom som de fabricaçom caseira, mas industrial!) contra o nosso património natural. Os danos materiais destes atentados som elevadíssimos, incalculáveis...e que dizer do susto que levamos os vizinhos, e do perigo potencial que isto representa! Já aparecerom gretas nalgumhas casas!! Qualquer dia acontece umha desgraça e estes "profissionais da dinamita" dam o salto e se convertem em verdadeiros terroristas, como os da ETA...
A organizaçom à que pertencem estes fanáticos da destruiçom acho que se chama ACS, ou Ferrovial... e eu pergunto-me: como é que isto nom sai na prensa?

Carlinhos #12 9/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#11, Companheiro a imprensa e mesmo o Estado som deles; @s trabalhadores e trabalhadoras apenas estamos para para dar-lhes a nossa força de trabalho, criar-lhes plusvalias que vam a paraísos fiscais ou "fundaciones" exentas de tributar e, finalmente, financiá-los nós via taxas e impostos.

Tarelo #13 9/Xullo/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois eu creo Atlantico, o mesmo que "semprecelta" e xa dictaches sentenza, sen que teñas que mencionar o sector o que dirixes os teus comentarios, con decir e "Tradicional explosión antes do Día da Patria" xa dirixes a túa imputación dos feitos a certo sector de persoas. Informovos que en Redondela tamén se están producindo explosións (o AVE) e non creo que atlántico llas impute as tradicionais antes do Día da Patria, membargantes teñen aterrorizados a veciñanza de Redondela. Ocurrenseme un cneto de motivos polos que se puideron ter provocado as explosiópns peor deixemos e esixamos que os profesionais na materia fagan o seu traballo nas mellores condicións e medios, dos que moitas veces non se dispoñen

Atlantico #14 9/Xullo/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha cousa é falar de feitos obxetivos, como son as explosións que se rexistran neste mes dende hai anos, e outra acusar a alguén. O día do Apostolo é celebrado por moita xente, entre eles a Falange Española, por ser Santiago patrón de España, se eu digo que nestas datas abundan os atentados, non acuso a ninguén, só falo dun feito. Un feito que algúns imputarán a independentistas e outros a ultradereitistas resentidos.

carraboujo #15 9/Xullo/2008 carraboujo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home, nom há que ser mui listo para atribuir-lhe esta sabotagem a gente que se opom à construçom da autovia, e nom é aventurar-se supor que se trate de pessoas ecologistas e independentistas. Quem afirma isto nom criminaliza nada: quem criminaliza é quem afirma que destruir as máquinas que destruem o país é um crime.

Xoan_da_Tolda #16 9/Xullo/2008 Xoan_da_Tolda
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Posible resultado da acción: a empresa constructora, se foi previsora á hora de asegura-la maquinaria, cobra o seguro e reinvirte en dous camións máis modernos, as compañías aseguradoras atopan xustificacións para o manteñemento ou suba das primas ás contratistas galegas que traballan nas grandes infraestructuras, o que quizáis repercute nos custes, que son sufragados por todos.

Outra hipótes os comentaristas de vieiros fundan un partido político e son elixidos gobernantes, independízanse, conxelan os seus soldos, e por maioría asamblearia (co meu único voto discrepante) nacionalizan a producción de enerxía, suprimen a metade dos parques eólicos, suprimen as minicentrais, desmantelan As Pontes, desmantelan Alúmina, desmantelan a celulosa, desmantelan Reganosa, desmantelan Repsol, paralizan as destructoras obras do AVE (esas chorradas pijas para os cataláns), e claro está, conxélase calquera inversión en grandes obras públicas. Múltase a citroën, pero queda no país para manter ó Celta. Asemesmo, asumen un sistema tributario propio (nunha das rexións con rendas máis baixas do estado e da antiga europa dos quince) e sistema de pensións (nunha das rexións máis vellas do mundo, e cunha taxa de paro xietosa), o sistema sanitario (idem), ah, pero que país máis fermoso, os horizontes limpos, no aire, só queixume dos pinos, as rías, coma nos cadros de LLoréns, e a xente, coma no reality aquel da galega nunha aldea a principios de Século.

cura en saúde: só é unha hipérbole, vale?, non reflicte o meu pensamento, simplemente ás cousas non tan brancas nin tan negras e se queremos desenrolo, cando menos por algunhas destas hemos pasar, coma todo o mundo. Luddistas, hoxendía, o que hai que ver.

Tarelo #17 10/Xullo/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Oes! "carraboujo", que listos sodes algúns e con que facilidade linchades a quen vos parece, sen argumentacións nin probas. E porqué non pode ser que a empresa propietaria dos camiósn teña relación co narcotráfico, ou que co caro que está o gasoil, teña unha debeda millonaria con alguén que ten un par e lle queima os camións, ou que lle deba o salario de 6 meses ós seus empregados, ou ... vamos que pode haber multiples motivos pero eu non poño a man no lume a que é calquera deles, porque non teño puta idea, pero vexo que algúns tedes unha bola de cristal. Xa investigarán e a ver que acaban decindo.

Carlinhos #18 10/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu acho que, por trás de tanto foguete e bomba de palenque de sete estalos no 25 de Julho polas parróquias padronizadas (nom patrocinadas) polo Apóstolo Matamouros, há muito skin-head neo-nazi; só há que olhar para as bandeiras dos campos da festa e esses desfiles co santo que imitam os da Alemanha nazi.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: