Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Lei de consulta en Euskadi

O goberno vasco anuncia que vai denunciar o Estado Español no Tribunal de Estrasburgo

Ibarretxe e cada un dos conselleiros do tripartito presentarán unha demanda individual e piden que a cidadanía vasca tamén o faga.

Redacción / Europa Press - 14:45 01/09/2008
Ibarretxe ante os medios

Ibarretxe ante os medios

O lehendakari, Juan José Ibarretxe, anunciou este luns que o goberno vasco denunciará ante o Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo a negativa do Executivo de Zapatero a permitir a consulta. Ibarretxe e cada un dos conselleiros presentarán unha demanda individual e pretenden que os cidadáns vascos tamén o fagan.

Nunha comparecencia logo do primeiro consello de goberno vasco, o lehendakari dixo que o tripartito promoverá e apoiará "unha iniciativa" para demandar o Estado Español ante o Tribunal de Estrasburgo "por vulnerar o Convenio Europeo de Dereitos Humanos e Liberdades Fundamentais", ao prohibir que a sociedade vasca se pronuncie.

Deste xeito, cada un dos membros do Executivo vasco, incluído Ibarretxe, formalizarán a denuncia con carácter individual "porque son os cidadáns os que están lexitimados para poder realizar esa demanda". O lehendakari reclamoulles aos partidos políticos que sexan eles os que xestionen, "con ilusión e con forza, unha iniciativa cidadá" para que a cidadanía vasca tamén a poida presentar.


5/5 (10 votos)

Comentarios (20)

Atlantico #1 1/Setembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Adiante Ibarretxe, que Europa coñeza o réxime antidemocrático que temos que padecer.

galego83 #2 1/Setembro/2008 galego83
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa está o Ibarretxe cos seus delirios de grandeza, no seu mundo de fantasía e demagoxia.

Perdendo votos día tras día...chegará un cambio (para ben) en Euskadi.

redaccion #3 1/Setembro/2008 redaccion
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A pé desta información foi borrado un comentario:

En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.

Barcelos #4 1/Setembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ibarretxe está utilizando as armas que lle permite a democracia.

Logo se o Tribunal de Dereitos Humanos dálle a razón, persoas como Gaviotero dirán que son uns delincuentes e o Estado Español que non fará ningún caso ao que ditamine devandito Tribunal será un Estado moi democrático e moi tolerante, demasiado tolerante...

UnDeTantos #5 1/Setembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que criterio utiliza vieiros.com para eliminar comentarios?

Teoría minha (da conspiración,polo menos):

O jaivotas é un troll introducido polos propios programadores desta web,para darlle "vidilla"

zemalves #6 1/Setembro/2008 zemalves
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O lehendakari, Juan José Ibarretxe tem toda a razão!O Governo espanhol nega ao Euskadi o que apoiou na Yugoslavia!O Governo Aznar foi um dos principais impulsionadores da guerra contra os sérvios, para criar o primeiro estado terrorista e mafioso da Europa, mas onde os USA construiram a sua maior base militar europeia: O Kosovo! Valeu tudo para impôr a Independência do Kosovo, desde bombardeamentos a Pontes, Museus, TVServia, Escolas, Comboios, Hospitais, enfim milhares de mortos e um país com as infraestruturas totalmente destruidas! Agora é esse mesmo PSOE que apoiou a guerra,( não esquecer que o Solana pode ser um grande criminoso e reacionario, mas é ou foi do PSOE), que impede um simples referendo para que o povo basco possa dicidir o seu futuro! Mas que estranha DEMOCRACIA! O PSOE/PP não estão, nem nunca estiveram interessados em resolver o problema do Euskadi, eles precisam da ETA e de provocar a esquerda basca para ganharem eleições, nem que para isso tenham que ilegalizar toda a esquerda basca e prenderem deputados e autarcas bascos democraticamente eleitos!

trasancos #7 1/Setembro/2008 trasancos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero por qué hai tanta xente que ten tanto medo a que os vascos poidan decidir DEMOCRATICAMENTE o seu futuro??? Penso que o día que ETA desapareza, moitos vanna botar de menos...porque é a única excusa á que lles queda por agarrarse aos centralistas españois (que "se las dan" de demócratas pero no fondo non son máis que hipócritas nostálxicos de tempos pasados e non teñen coraxe para recoñecelo públicamente...)

Asi que moito ánimo a Ibarretxe e ao PNV cara as súas aspiracións soberanistas (tan lexítimas e democráticas como outra calquera)

http://www.terra-galega.org

Geresiao #8 2/Setembro/2008 Geresiao
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu estou con Ibarretxe. Tamén creo que o Gabi Otero ese é unha toupeira.

Gaviotero #9 2/Setembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aclaraciones:

1. Ibarreche, además de un miserable proetarra, es un vulgar presidente de Comunidad Autónoma que puede proponer incendiar el Vaticano si quiere, porque sus propuestas no dejan de ser propaganda electoral ante el desastre que se le avecina al PNV en las próximas autonómicas, cuando previsiblemente deje el gobierno y también deje de ser el partido mayoritario en las Vascongadas.

2. Los vascos no pueden decidir nada democráticamente sobre el resto de España y menos cuando existe una banda terrorista apoyada y financiada por el propio Gobierno vasco y con más de 200.000 exiliados políticos en el resto de España. El País Vasco no es una democracia a día de hoy, puesto que no basta con votar cada 4 años para ser una democracia. Y los nacionalistas vascos, con Ibarreche a la cabeza, y la inestimable ayuda de ETA, son los responsables de que esto sea así.

3. Viniendo de vosotros, os agradezco los insultos. Miserables.

fuco-lois #10 2/Setembro/2008 fuco-lois
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre.! Que fai o Gaviotero?... miserable proetarra, vulgar presidente, miserables,...etc. todos eles exemplos de comunicación e ideais democráticos.

carxeva #11 2/Setembro/2008 carxeva
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estou con Ibarretxe, xa é hora que Europa saiba como as gasta o Estado español coas minorías nacionais basca, galega e catalá. E por favor, señores de Vieiros, baneen xa esa porcallada chamada "gaviotero".

Tarelo #12 2/Setembro/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Penso que Ibarretxe se equivoca, en que a proposta de denunciar ó Estado Español ante o Tribunal de Estrasburgo debeo facer extensible a tódolos cidadáns de España. Eu, sen ser vasco, tamén denunciarei ó Estado español ante o Tribunal.

galego83 #13 2/Setembro/2008 galego83
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

denunciade, que as risas que se van botar en Estrasburgo non teñen prezo jajaja

mceleiro #14 2/Setembro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sim, galego83. Rir de nós, é o único para o que valem. Dos bascos e dos demais.

Mas quem ri o derradeiro ri mais.

Tarelo #15 2/Setembro/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En Estrasburgo poden rir ou non, agora os do Tribunal espero que tomen o seu traballo en serio e con respecto ós cidadáns que demandan o seu lexítimo amparo.

Outro #16 2/Setembro/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ibarretxe etá afacer o único que lle queda por facer. Se ao Estado non lle interesa a opinión da socedade vasca haberá que intentar que a xustiza europea obrigue ao Estado Español a escoitala.

Gaviotero #17 3/Setembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

A la redacción de Vieiros:

Por favor, dejen de insultar a la inteligencia incluyendo el párrafo que suelen acompañar a la censura de los comentarios discrepantes con la línea editorial y que además les dificultarían mantenerse subvencionados como hasta ahora con publicidad institucional de entidades controladas o directamente gobernadas por el BNG.

Si no aceptan los insultos...¿por qué permiten sin embargo que se denomine "cabestros" o "fascistas" a los miembros del Club Financiero de Vigo? (http://www.vieiros.com/nova/68...

Comentarios que les reproduzco a continuación:

----------

#1 hai 3 horas e 59 minutos Galezio
Já começo a pensar que estes cabestros o único que buscam é um "golpe-de-estado" fascista?

----------

#14 hai 12 minutos Garrano

[...] Estes mamalóns parafascistas veñen de convidar ao neonazi do Alejo Vidal Quadras a dar unha conferencia en Vigo o vindeiro día 8 de setembro. [...]

----------

Con los ejemplos anteriores creo que queda bien retratado el nivel periodístico de la redacción de Vieiros. Durante el franquismo hubieran estado orgullosos de una redacción tan selectiva como la de Vieiros. ¡Pásense a la democracia!

antoniosilva959 #18 4/Setembro/2008 antoniosilva959
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É muita a repressão sobre quem defende mesmo pacificamente o direito internacional da autodeterminação das Nações colonizadas por Madrid. O direito à autodeterminação é um príncipio de DIREITO consagrado na carta das Nações Unidas.Porém em Espanha todos que defendam a autodeterminação dos seus países colonizados são perceguidos até à morte.Não será isto terrorismo de Estado? Entretanto não há respeito pelo colonizador das línguas e das culturas nacionais dos países colonizados.
A queixa junto ao TEDH (Tribunal Europeu dos Direitos Humanos)é oportuna. Os galegos deveriam apresentar várias queixas para desta forma os tribunais internacionais ficarem sensibilisados para a detorpação da língua original da galiza que a Rag está a fazer. É um crime cultural. A Galiza tem um idioma formado desde o século IX. Durante os séculos escuros da extinção na Galiza do seu idioma original pelos colonizadores castelhanos a língua foi conservada com evolução livre de colonização pelos portugueses (galegos que se libertaram da colonização).
A RAG está a fazer o crime cultural de roubar o idioma materno e vernáculo dos galegos para impor um dialecto resultante do galego mal falado devido aos séculos escuros e introduzir normas do colonizador, formando o dialecto "portunhol". Tudo isto para isolar os galegos do mundo e continuar a superioridade do castelhano na Galiza.
Há quem na Galiza colabore com isto por estarem somente a olhar para o seu ombigo e de forma miúpe.

antoniosilva959 #19 4/Setembro/2008 antoniosilva959
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#6
Os kosovares Albaneses são imigrantes no Kosovo que se tornaram em poucas gerações maioritários, porque os muçulmanos com as condições de vida favoráveis que o Estado Jusguslavo lhes proporcionou tiveram muitos filhos( na miséria da terra deles na Albania já não é assim). Na cultura muçulmana um homem tem várias mulheres e de cada uma tem muitos filhos se houver dinheiro. Pelo contrário os sérvios vivem em casal e com poucos filhos como no ocidente. Assim em poucas gerações os imigrante albaneses tornaram-se maioritários em relação aos povos da Sérvia originários do Kosovo.
Espanha contribuiu para a independencia do Kosovo para dar a soberania os imigrantes kosovares.
Contudo mantém na peninsula Ibérica Nações colonizadas.

Gaviotero #20 5/Setembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aclaración: no hay ningún derecho de autodeterminación "consagrado" en ninguna carta de las naciones de la ONU que se le pueda aplicar a cualquier territorio de España, pues precisamente dicha carta de las naciones aclara que dicho derecho aplicará exclusivamente a territorios coloniales siempre y cuando no supongan la desmembración de un Estado.

Concretamente, se dice:

“Todo intento encaminado a quebrantar la unidad nacional y la integridad territorial de un país es incompatible con los principios de la Carta de Naciones Unidas.”

Así que basta ya de recurrir a sandeces inventadas por el nacionalismo, como aquello de la "doma y castración" del reino de Galicia que es fruto de la imaginación de Castelao pues nadie antes que él, y mucho menos el genial cronista aragonés Zurita (al que Castelao no le llega ni a la suela de los zapatos), mencionó como tal en ningún momento.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete