Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Consegue o 81,82%

A falta do 10% por escrutar, o MPLA confirma a súa vitoria electoral en Angola

Os observadores internacionais consideran que as "anomalías" rexistradas non interferiron no resultado, que se fixo de "forma transparente e libre".

Redacción - 10:30 08/09/2008
O lider da UNITA, Isaías Samakuva

O lider da UNITA, Isaías Samakuva

O Movimento Popular para a Libertação de Angola (MPLA) continúa a liderar cunha vantaxe moi ampla o escrutinio nas eleccións lexislativas angolanas. Segundo a última actualización de resultados, divulgados este domingo pola Comissão Nacional Eleitoral, o MPLA conseguiría o 81,82% dos votos. Este luns ás 12.00 horas está prevista unha nova actualización.

Contabilizados o 89,21% dos votos, deica ás 17.06 horas, a UNITA (10,5%) mantense na segunda posición; séguelle o Partido de Renovação Social (PRS), co 2,95% e A Nova Democracia (1,18%) que supera á Frente Nacional de Libertação de Angola (FNLA), que obtén o 1,12% dos votos.

O presidente da UNITA, Isaías Samakuva, rexeitou aceptar a vantaxe do MPLA cando o escrutinio chegaba ao 50%, afirmando que "neste momento, non é momento para aceptar resultados provisorios". Ademais, afirmou que, en Angola, "existe o dereito á reclamación".

Neste senso, a UNITA presentou unha solicitude de impugnación na provincia de Luanda, logo de que se verificaron irregularidades.

No entanto, a misión de observadores da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) considerou que o escrutinio se desenvolveu de "forma transparente e libre" e que malia as "anomalías de orixe técnica" verificadas estas non interferiron na votación.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Comentarios (7)

micsha #1 8/Setembro/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

e logo, Toñi Vicente non foi detida??? Ou hai que agochar as vergoñas do pais?

Angola...manda carallo... onde está Quintela? Menuda desfeita que fixéstedes con Vieiros.

xacataca #2 8/Setembro/2008 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coido que desta vez non vai ser como en 1992. Mais que anden vixiantes os do MPLA, porque tal e como anda o mundo ter petróleo pode ser un castigo máis que unha beizón. Confíemos en que a UNITA non faga o parvo como é de seu habitual e pande coa decisión do pobo.

Brais #3 8/Setembro/2008 Brais
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

!Cona, micsha, agora xa es bilingüe¡.

papuxa70 #4 8/Setembro/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si Brais é outro servo de Galicia Monolingüe e diglósica,ai radica o seu bilingüismo destes toutizos.

xacataca #5 8/Setembro/2008 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sería interesante que por unha vez na vida se puidese falar doutro tema que non fose lingua. Coido eu, vaia.

Carlinhos #6 8/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois tamém vou falar de língua, raio!

http://br.youtube.com/watch?v=...

prometeo #7 8/Setembro/2008 prometeo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Diantres! micsha está cada vez máis paranoic@ co do Quintela.

A ver, se vieiros pode cambiar a súa linea editorial para non ofender os seus sentimentos patrios.
Unha linea máis acorde con: La Voz de Galicia, Faro de Vigo ou mesmo El Mundo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete