Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
EUSKADI

O Tribunal Constitucional anula a consulta de Ibarretxe

Os maxistrados deste órgano consideran que só o pobo español ten dereito a decidir en referendos soberanistas.

Redacción - 09:00 12/09/2008

O Constitucional prohibiu este xoves o proceso de consulta que promovía o lehendakari Ibarretxe. O máximo tribunal español considera que non pode levarse a cabo a votación que o goberno vasco ten prevista para o vindeiro 25 de outubro. Segundo os maxistrados, só "o pobo español no seu conxunto" pode decidir neste tipo de consultas.

Na argumentación do Constitucional afirma que Ibarretxe considera que o pobo vasco "é quen de negociar co Estado constituído pola Nación española os termos dunha nova relación entre o mesmo e unha das comunidades autónomas nas que se organiza". Ademais, sostén que "a identificación dun suxeito institucional dotado desas cualidades e competencias resulta, porén, imposíbel sen unha reforma previa da Constitución vixente"

A decisión, adoptada por unanimidade, é a respista a un recurso de inconstitucionalidade que intepuxo o goberno español e o PP o pasado 15 de xullo, poucas horas despois de que o executivo vasco publicase no boletín oficial a convocatoria da consulta.


2,33/5 (3 votos)


Comentarios (6)

baltar69 #1 12/Setembro/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

nin o tc nin eses ques e definen como " los grandes partidos " parecen decatarse de que con este tipo de resolucións a quén realmente se lexitima é á eta e a súa loita, xa que pechados outros cauces políticos para a superación do conflicto ( por que o problema existe, non? ao menos é o que parece desprenderse dos abundantes estudos de opinión que os nosos políticos encargan as axencias amigas cando pretenden interpretar o sentir da poboación da pel de touro, que coloca sempre na cúspide dos séus problemas a eta frente ao paro, ó retraso económico e social, á pobreza, á contaminación, vivienda, violencia de xéreno en un largo etcétera ) é normal que os que aspiran a outros estatus opten pola bomba e a metralleta ante os oídos xordos do poder centrípeto.
pero iso non preocupa nin a pepé nin pesoe nin os órganos que, madrileñamente, se reparten os cargos e os diñeiros no mantemento dun estado vello e caduco que defende unha nación, a española, que xa fai lustros deixou de existir.
pero que se vai esperar dunha clase política autista que goberna ou desgoberna segundo os designios de creadores de opinión e que carece da máis mínima ideoloxía e deontoloxía?
estamos no limbo da xustiza. e tamén no da intelixencia.

Sara_Mago #2 12/Setembro/2008 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tu pensas que nom se decatam? Eu acho que se decatam perfeitamente desde ha bem tempo, mas nada e mais rendivel para eles do que o terrorismo. Va-no fazer durar tanto como puderem.

Biosbardos #3 12/Setembro/2008 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Está bastante claro, non son quen de faceres un referendum. E paréceme una estupidez que andedes a recoñecer a grupos terroristass

Carlinhos #4 12/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

3# Quanta razom tés, meu santinho! Os espanhóis nom som quem de convocarem referendums sobre o futuro de naçons que nom som a sua; quem lhe reconhece legitimidade ao que digam uns magistrados herdeiros do Terror de 1936!?

LiberdadeGaliza #5 13/Setembro/2008 LiberdadeGaliza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O QUE FAZ O NACIONALISMO?

A padeira Brites de Almeida não foi uma mulher vulgar. Era nacionalista, grande, com os cabelos crespos e muito forte. Não se enquadrava nos típicos padrões femininos e tinha um comportamento masculino. Nasceu em Faro Portugal, de família pobre e humilde.
O dia 14 de Agosto de 1385 amanheceu com os primeiros clamores da batalha de Aljubarrota e Brites não conseguiu resistir ao apelo da sua natureza. Pegou na primeira arma que achou e juntou-se ao exército português que só com 6500 homens já incluindo 300 arqueiros ingleses naquele dia derrotou o invasor castelhano com um poderoso exército com mais de 30000 homens incluindo castelhanos, franceses e genoveses. Depois da derrota castelhana chegou a casa cansada mas satisfeita, despertou-a um estranho ruído: dentro do forno estavam sete castelhanos escondidos. Brites pegou na sua pá de padeira e matou-os logo ali. Tomada de zelo nacionalista, liderou um grupo de mulheres que perseguiram os fugitivos castelhanos que ainda se escondiam pelas redondezas. Conta a história que Brites acabou os seus dias em paz junto do seu marido lavrador mas a memória dos seus feitos heróicos ficou para sempre como símbolo da independência de Portugal. A pá foi religiosamente guardada como estandarte de Aljubarrota por muitos séculos, fazendo parte da procissão do 14 de Agosto.
A Batalha de Aljubarrota foi uma entre muitas que o invasor castelhano foi derrotado e humilhado em Portugal: http://es.wikipedia.org/wiki/B...
No fim da batalha nenhum comandante português foi ferido. Dos 5 comandantes castelhanos 2 foram mortos, 2 ficaram gravemente feridos e prisioneiros e 1 (D. Juan) fugiu gravemente ferido. Morreram mais de 10000 homens do lado castelhano (em 2004 um historiador espanhol diz que só morreram 3000) e 6000 foram presos. A certeza é que dos 30000 homens do exército comandados por D. Juan I de Castela que invadiram Portugal só menos de metade voltam. Dois rios na zona de Aljubarrota ficaram entopidos com os corpos mortos das tropas castelhanas. O povo matava todos os soldados castelhanos que debaixo de humilhação tentavam fugir até que o Rei de Portugal pediu clemência ao povo pelos derrotados. Foi decretado luto em Castela.

zemalves #6 13/Setembro/2008 zemalves
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.youtube...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete