Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
INTERPELACIÓN PARLAMENTARIA

A Xunta recoñece que no eido da xustiza é onde menos se avanzou á hora de normalizar o idioma

Dende a Consellaría de Presidencia aseguran que nestes momentos xa se pode tramitar o 50% das accións xudiciais en galego.

Redacción - 16:00 15/09/2008

O secretario xeral da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Santiago Roura Gómez, compareceu este luns no Parlamento para comprometerse a traballar máis pola normalización do galego no ámbito xudicial. O lugartenente do conselleiro Xosé Luis Méndez Romeu recoñeceu que a xustiza é un dos eidos en que, “por razóns estruturais”, o proceso de normalización lingüística está “menos desenvolto”.

Logo de recoñecer os déficits, Santiago Roura marcou tres liñas de actuación para aumentar a presenza da lingua do país. En primeiro lugar, destacou a necesidade de accións formativas en materia de lingua e de linguaxe xurídica. Mais Roura tamén sinalou a necesidade de aumentar as traducións de textos legais á nosa lingua. Dende a consellaría sostñene que nos vindeiros meses vaise publicar a tradución dos códigos civís e penais e das leis de axuizamento civil e criminal, “que forman o corpus xurídico fundamental de utilización máis común nos xulgados e nos tribunais”.

Por último, sinalou que a aplicación das novas tecnoloxías é “unha das accións fundamentais que se está a desenvolver”. Roura afirmou que na actualidade xa se pode tramitar o 50% das accións xudiciais en galego e que se vai avanzar nos vindeiros meses.

O deputado nacionalista Bieito Lobeira denunciara na comisión parlamentaria que as ferramentas informáticas que empregaban os xulgados do país exclúen o galego. Roura asegurou que isto se debía a razóns estruturais xa que as aplicacións proveñen do goberno español.


2,33/5 (3 votos)


Comentarios (2)

LOIS_DE_SILAN #1 16/Setembro/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como é ben sabido isto non vos é ningún estado de dereito, senón un estado de indefensión... para os desposuídos!: nunca para os poderosos.

Mais, os que teñen lume na voca para outros aspectos accesorios na defensa do uso do galego sempre están mudos perante a xudicatura fronte á súa sistemática vioalación dos dereitos lingüísticos: as cousas sonvos como son porque vos é imposíbel que foran doutro xeito!

Cando se lle pediu, xa non digo esixiu!, ó Tribunal Constitucional que fixera públicas TAMÉN nas "outras linguas de España" as súas resolucións xurisdicionais e mais os seus acordos gobernativos?

Cando se interesou alguén porque na sede do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza se cambiase o de "PALACIO DE JUSTICIA" por algo semellante á vontade de respectar o patrimonio lingüístico dos galegos, dos españois, da humanidade?

Cando alguén reparou en que o Estatuto de Autonomía para a Galiza aínda non foi oficialmente publicado en galego?

Que dixo ou fixo ó respecto A Mesa cando o TSXG lle sacou en castelán a sentenza sobre o topónimo da Coruña?

Que fai a Dirección Xeral de Xustiza, desa consellaría da que é secretario xeral o Roura!, fornecendo os órganos xudiciais da Galiza con papel de uso xudicial bilingüe castelán vs. galego (co castelán en primeira posición de lectura)?

Que fai a secretaria xeral de Política Lingüística, dependente do presidente da Xunta!, fronte á infracción sistemática e masiva do art. 542 CP pla xudicatura e demais persoal funcionario ó servizo da Administración de Xustiza?

E, o Bieito Lobeira a que espera para recoller con clareza nunha Lei de usos lingüísticos na Galiza a regra resumo do ordenamento vixente na materia: na Galiza na súa lingua territorial propia coma en Castela na súa coma en ... na súa; sen prexuízo de usarmos linguas alleas con quen lexitimamente aínda descoñeza a propia do territorio?

Por que varios se centran na consecución de equipas para o asesoramento, ou non só! (traducións!), sobre o uso correcto (cal deles?) da lingua e ninguén repara na necesidade da intervención dos iuslingüistas?

Por que ...

LOIS_DE_SILAN #2 16/Setembro/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E, saíu boca con uve!, desculpas ... debo ter hoxe gordo o índice esquerdo!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete