O responsábel da Área de Enerxía e Transporte, Xan Duro, explicou que o 80% da contaminación que se produce nas cidades provén dos automóbiles.
Verdegaia pediulle este venres á Xunta unha moratoria para a construción de autovías, estradas e túneles e que se lles restrinxa o acceso ás cidades aos coches como un xeito de fomentar o transporte sustentábel.
O responsábel da Área de Enerxía e Transporte de Verdegaia, Xan Duro, criticou que o Plan Director de Estradas "dobra o número de estradas" e aumenta as autovías no país co obxectivo de reducir os tempos de desprazamento, o que interpreta como un xeito de "darlles traballo ás grandes empresas construtoras".
Duro explicou que o 80% da contaminación que se produce nas cidades provén dos automóbiles, e a mala calidade do aire provoca cada ano a morte de 16 mil persoas no Estado Español, segundo datos do Ministerio de Medio Ambiente.
Ademais, botando man dun estudo elaborado polo catedrático de Economía aplicada da UdC e ex presidente da Xunta, Fernando González Laxe, expuxo que o 51,6% dos desprazamentos de curta duración en automóbil -cunha media de ocupación de 1,2 persoas- son por razóns laborais ou de estudo, o que facilitaría o desenvolvemento dun sistema de transporte público, xa que o traxecto é "rutineiro".
Concordo totalmente com Verdegaia...Sustentabilidade...que ja e tempo!!
As estradas son un dos atentados máis graves ao medio natural, xa que constitúen barreiras infranqueables para a nosa escuálida fauna. Non hai máis que ir contando os animais que atopamos atropelados na estrada e multiplicar a cifra polos miles de quilómetros de vía de Galicia para darse conta da magnitude da desfeita.
Que teñen que existir estradas no mundo no que vivimos, estou de acordo. Pero o que non se pode facer é facer estradas e máis estradas, nalgúns casos de necesidade cuestionable, coa única fin de darlle negocio as constructoras.
Estou vendo, que o cariño dos políticos a terra e inversamente proporcional aos negocio que supón á súa desfeita.