Esta fin de semana vai ter lugar a segunda Masa Crítica para defender a circulación nun transporte barato, san, non contaminante e rápido.
Esta fin de semana unha nova xuntanza da Masa Crítica de Ferrol, un movemento cidadán a prol dun outro xeito de movernos diferente do automóbil. A segunda Masa Crítica Galega de Ferrol pretende ser unha xornada lúdica e reivindicativa onde ciclousuarios de todo o país divulgan e promoven o uso da bicicleta como medio de transporte máis eficaz, porque é barato, san, non contaminante e rápido.
A marcha sairá ás 12 da mañá do sábado 27 de setembro, dende o peirao de Curuxeiras en Ferrol. Ao seu remate haberá xogos populares, música e actuacións. O movemento Masa Crítica organízase en cidades de todo o mundo baixo o lema "pedalea todos os días, celébrao unha vez ao mes".
Este movemento comezou hai máis de 15 anos en San Francisco, cando un ciclista deuse de conta de que as condicións para pedalear polo centro da cidade eran realmente penosas e pensou que circulando todos xuntos gañarían forza.
O sábado 27 a coller tod@s a bici e a participar na Masa Crítica en Ferrol!!!
...pero o domingo 28, en bici ou camiñando, hai que estar xunto cos veciños do rural de Narón na manifestación contra a prepotencia do goberno municipal, e non no "día de la bicicleta" que organizaron entre La Voz de Galicia e o Concello ás presas e correndo o mesmo día á mesma hora. Non colabores coa manipulación para acalar a voz d@s veciñ@s! O día 28 ás 11, en bici ou camiñando, hai que estar coa veciñanza en Piñeiros!
Parabéns a todos!!! Foi un éxito rotundo!!!
...e xa sabes: un día ao mes hai masa crítica na túa cidade. Infórmate en http://www.bicis.info/foro