Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
DECLARACIÓNS DO EMBAIXADOR VENEZUELANO NA ONU ROY CHADERTON

"Medios ocultan estafa en EUA e difaman á democracia en Venezuela"

O embaixador venezuelano Roy Chaderton fixo un chamado diante da Asemblea Xeral de ONU ao multilateralismo e á fin da hexemonía estadounidense. 

Xurxo Martínez Crespo - 10:07 30/09/2008

Durante o seu discurso na Organización de Nacións Unidas salientou a cooperación de Venezuela con outros países latinoamericanos, como a ALBA, Petrocaribe e a Unasur.

Verbo a crise financeira, Chaderton dixo que se constata a dor, a angustia e a rabia de millóns de estadounidenses, estafados por delincuentes de clase alta.

"Afeitos como estabamos a sufrir os efectos perversos da brutal aplicación das políticas neoliberais, hoxe constatamos a dor, a angustia e a rabia de millóns dos nosos irmáns estadounidenses, estafados por delincuentes de clase alta, experiencia que ben coñecemos os venezuelanos", sinalou o embaixador venezuelano ante a ONU Roy Chaderton.

Salientou ademais o traballo realizado polos medios de comunicación "da ditadura global", para ocultar estes crimes, "permítome lembrar un acontecemento monstroso que aconteceu no primeiro país laboratorio das receitas máis radicais de Wall Street e o Fondo Monetario Internacional. Falo da miña patria, Venezuela. En só dous días, en febreiro de 1989, unha rebelión popular espontánea foi reprimida de maneira inmisericorde. Foi a protesta contra a aplicación, sen anestesia, das receitas máxicas que nos impuxeron os grandes centros financeiros".

Ampliou que este traballo dos medios de comunicación non se limita a ocultar, senón que ademais son usados para difamar, terxiversar e tratar de facer sucumbir á democracia venezuelana.


4,33/5 (6 votos)





Locais:
GZ-Sete