Os coñecidos como Cinco héroes de Cuba, detidos nas cadeas estadounidenses desde 1998 contarán con apoio xurídoco venezuelano. As súas familias non conseguiron os permisos respectivos para poder visitalos na cadea do Estado de Florida no que están cumprindo condena
O ministro do Poder Popular para o Traballo e Seguridade Social de Venezuela, Roberto Hernández, declarou onte martes que o proceso xudicial contra os cinco cidadáns cubanos na cadea en Estados Unidos (EUA) viola os principios elementais en materia de dereitos humanos (DDHH).
Estas declaracións expresounas o ministro do Traballo despois dunha xuntanza con familiares de Los cinco, xuntanza na que expresou a súa solidariedade e indicou que en Venezuela a Asociación Bolivariana de Abogados prepara un obradoiro para demostrar con argumentación xurídica a situación dos antiterroristas cubanos, salientou a Agencia Bolivariana de Noticias.
Segundo explicou a nai de René González, un dos cinco detidos en EUA, Irma Sehwerert, os cidadáns foron arrestados tras achegar información ás autoridades de Estados Unidos de accións terroristas de grupos anticastristas e por ese feito están detidos.
Hernández considerou que Estados Unidos non ten moral para axuizar aos Estados sobre o seu cumprimento dos dereitos humanos, mostra diso é o caso dos cinco cubanos, que aínda non conseguiron das autoridades estadounidenses o permiso para a visita dos seus familiares.
Dende 1998 os cidadáns Gerardo Hernández, Ramón Labañino, Antonio Guerrero, Fernando González e René González, coñecidos en Cuba como Los cinco héroes, están detidos en cárceres do estado da Florida, Estados Unidos, e esperan que para comezos de decembro a defensa presente un recurso ante a Corte Suprema de Estados Unidos para determinar a súa situación.