Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
DECLARACIÓNS DO PRESIDENTE VENEZUELANO

Plano Bush é "un resgate para os ricos, en desmedro dos pobres"

"Un resgate para os ricos, en desmedro dos pobres", cualificou o presidente venezuelano, Hugo Chávez, o plano de resgate que aprobou o Senado estadounidense fronte á crise financeira tras sufrir a peor caída en Wall Street.

Xurxo Martínez Crespo - 13:06 03/10/2008

Asegurou o presidente venezuelano que fronte á crise estadounidense, América Latina "ten defensas desde hai varios anos, e tamén desde hai varios anos a economía venezuelana se foi independizando da arquitectura financeira dos Estados Unidos imposta através do Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional".

"Non é que sexamos invulnerábeis, pero temos fortaleza", salientou o presidente venezuelano durante a inauguración da Feria Internacional de Turismo Venezuela 2008 no estado Bolívar.

O plano de resgate financeiro en EUA, coñecido como Plano Bush, foi aprobado este mércores malia a advertencia de que a iniciativa desatende a crise hipotecaria. 

O proxecto aprobado no Senado, por 74 votos contra 25, conta con 700 mil millóns de dólares, contén cláusulas en materia de impostos e poderes extraordinarios para o secretario do Tesouro de EUA, Henry Paulson.

Segundo o editorial de The New York Times, "os lexisladores parecen descoñecer que nos próximos 15 meses ao menos seis millóns de estadounidenses estarán en risco de perder as súas vivendas (…) intentar salvar aos financeiros de Wall Street contrasta co abandono de millóns de estadounidenses".


4,33/5 (6 votos)





Locais:
GZ-Sete