Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Para a Cidade da Cultura

A Unesco vai vir estudar o proxecto do teleférico que quere Sánchez Bugallo

O ano que vén expertos do Centro Mundial del Patrimonio viaxarán a Compostela para analizalo, antes de que a entidade do patrimonio mundial se pronuncie.

Redacción - 19:00 09/10/2008
Traballando na Cidade da Cultura

Traballando na Cidade da Cultura

Esta quinta feira o presidente do Centro Mundial do Patrimonio da Unesco, Fancesco Bandarin, sinalou que o teleférico previsto polo Concello de Santiago de Compostela, para conectar a capital co Monte Gaiás, está apoiado nun "estudo serio, sólido e amplo", e asegurou que os seus técnicos han analizar este proxecto, para o que se han desprazar a Compostela entre marzo e abril do ano que vén.

A visita dos expertos desta entidade hase producir antes de que haxa un pronunciamento definitivo da Unesco sobre a idoneidade da construción, que se podería dar en xuño de 2009.

O presidente do Centro Mundial do Patrimonio da Unesco dixo isto após participar nunha xuntanza co alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, e co xerente do Consorcio de Santiago, Xosé Manuel Villanueva.

Unir a Cidade da Cultura co casco vello
Bugallo e Villanueva viaxaron a París, onde se desenvolveu a xuntanza, para presentar unha ampla documentación que xustifica a necesidade de presentar unha solución -o teleférico- que integre a Cidade da Cultura dentro do tecido urbano de Compostela, salvando desniveis como o río Sar e infraestruturas como o periférico e a vía do futuro TAV.

O alcalde compostelán volveu defender a alternativa do teleférico (con conexións dende a estación de tren e o parque de Belvís), ao consideralo, segundo dixo, o medio máis "viábel". Bugallo apoiou as súas explicacións con fotografías aéreas e visualizacións que miden o impacto visual e o encaixe paisaxístico que tería a instalación, de se empregar telecabinas estándar.


2,6/5 (5 votos)

Comentarios (7)

onofresabate #1 10/Outubro/2008 onofresabate
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Que mal debe andar Santiago para que o proxecto-estrela sexa esta trapallada! A verdade é que indigna tanta parvada. Os servizos sociais e municipais de Santiago son o pero que hai en Galiza. ¿Sabedes cantas bibliotecas municipais e bos hai nesta cidade? NINGUNHA. ¿Sabedes cal é a colaboración do Concello cos comedores escolares? NINGÚN. ¿Sabedes a onde levan os concelleiros os seus fillos? Aos COLEXIOS PRIVADOS. ¿Sabedes cal foi a peor Feira do libro do ano pasado? ¡Cal ía ser! A de Santiago. ¿Sabedes cales foron os únicos autobuses urbanos nos que baixou o número de ususarios? Vexo que xa o sabedes. Pois ben, podería describir máis calamidades desta cidade nada participativa (e cando non hai participación non hai democracia), pero os administradores tentan agora divertirse con esta trapallada. Habería que dicirlles que xa abonda de facelo mal.

lura #2 10/Outubro/2008 lura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

outra fuxida cara adiante...

Xabi1 #3 10/Outubro/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Concordo con onofresabate porén non poida asegurar algún extremo citado.
Santiago de Compostela, como tantas outras cidades e vilas galegas, ten problemas abondo e tantas cuestións por resolver que, sí, a Cidade da Cultura merece ser clasificada como disparate de novo rico que, ademáis, dispara con pólvora monárquica.
Como o proxecto do Gaiás vai cara adiante, agora coa bendición de TODOS os partidos políticos e dirixido con man firme por un equipo do BNG, é necesario unir o monte coa cidade. Non hai nen que discutilo.
O que se habería que discutir, e moito, é se estamos en condicións de gastar 20 millóns de euros no dichoso teleférico ou máis aínda nun metro lixeiro (actuación estrela do concelleiro defenestrado do BNG Néstor Rego) cando en Compostela hai un penoso servizo de autobuses urbáns. Ben se nota que os políticos, TODOS, non utilizan os servizos públicos.
Ademáis, os nosos intelixentes administradores non resolven un problema que está aí pendente: a conexión da Cidade da Cultura co areoporto.

Pois ben, os 20 millóns de euros que din que vai custar o teleférico non son reais porque vai custar bastante máis. Empezemos: hai que sumar a inflación de todos os anos que tarden en rematar a obra; hai que sumar os prezos dos materiais que están en continua suba; hai que sumar que estos camándulas non dan unha cando fan proxeccións de custo, por exemplo, a Cidade da Cultura según a mona de Pérez Varela ía custar 175 millóns de euros e, agora, imos rondando xa 500 millóns de euros... sen que na astronómica cifra se inclúan os gastos de mantemento e salarios.
Pode soportar Galiza isto?.
Pode despilfarrar a administración municipal compostelá tantos millóns de euros nun teleférico?

onofresabate #4 10/Outubro/2008 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Xabi1 lembra o METRO LIXEIRO. Efectivamente. Nas pasadas eleccións municipais, e non só Néstor Rego ou o BNG, temén o PSOE e o PP, faalron dun metro lixeiro que uniría Lavacolla con Brion. Pasan uns meses e aquí xa non se lembra diso ninguén.

O martes pasado o Pavillón de Deportes do CEIP Quiroga Palacios, en Conxo, inundouse pois o seu estado é calamitoso. Tal feito non saíu en ningún medio de comunicación. Pero os moitos nenos que alí adestran tiveron que ir para casa. Pois feitos coma este hai en Santiago todos os días. Os mesmos colexios públicos están no chasis. Pero o señor Bugallo prefire pensar nas alturas, pois a realidade terrestre seica lle interesa pouso. Que suba, que suba, que se vai pegar unha boa. Nas pasadas eleccións municipais xa case se dá un bo traztazo, e con el os do BNG, que seica só aspiran a xestionar o que hai, e non a pensar no futuro.

mceleiro #5 10/Outubro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Podem atar uma das pontas do cabo a uma das torre da catedral para levar mais turistas da Praça do Obradoiro ao parque temático também conhecido como Cidade da Cultura. Não se trata disso? A poder ser com um desenho espectacular, vistoso, de autor. Que se veja, que se veja bem que o alcalde faz cousas!!!

Para unir Gaiás com a cidade igual era milhor um meio de transpore "de verdade", integrado num plano de transportes urbanos "de verdade" que deveria de integrar muito bem uma estação intermodal do TAV (que seja intermodal "de verdade") e o principal aeroporto do nosso País, e a sua área metropolitana de medrou demasiado nos últimos anos.

Estruturar urbanisticamente uma cidade, ou vender fogos de artifício aos turistas. Eís a questão.

onofresabate #6 10/Outubro/2008 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Referirei un feito santiagués que vos asombrará, a calquera persoa normal, excepto aos santiagueses, que seica os modelou Xerardo Estévez dunha maneira particular, tanto a eles como á cidade.

Pois o asunto é o seguinte: detrás do Corte Inglés hai unha rúa, a do Cottolengo, a onde sae unha das saídas destes almacéns. ¿Quen credes que ten preferencia, os coches que circulan por unha rúa pública, ou os que saen deses almacéns? Acertastes. Os da rúa teñen un sinal inmenso de ceda o paso que delata a postración do público ante o privado. Podedes comprobalo.

Hermerico #7 11/Outubro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Unir o Gaiás com a cidade, e como fai toda essa trapalhada de políticos corruptos cada vez que se vai fazer umnha foto nas obras, vai em helicóptero? e como entram os camions com os materiais? Som os mesmos accessos que para o multiusos. Nom chega? pois que vaiam ranhá-la!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: