Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A PRINCIPAL REVISTA DE MÚSICA CATALÁ

O mellor do pop galego, nun cd de balde con Enderrock

Recolle cancións de 18 bandas, percorrendo todos os estilos, para amosar en Cataluña a máis recente creación musical galega.

Redacción - 13:30 10/10/2008

Loreta Martin, The Homens, Dios ke te crew, Ataque Escampe, Projecto Mourente, Fanny&Alexander, Galegoz... 18 bandas e case oitenta minutos de música que repasan o máis destacado do escoitado no último ano en Galiza. GZ Pop! é un CD creado por GalicianTunes que se encarta co número de novembro da revista Enderrock para apoiar a distribución das bandas galegas no exterior. Acompaña ao CD unha reportaxe sobre as orixes e o momento actual da nova escena musical galega, realizado polo xornalista David Vázquez.

O CD preséntase este venres no Centro Galego de Barcelona, nun acto ao que asistirán Luis Bará, Roger Palà, xefe de redacción de Enderrock, e David Vázquez. GZ Pop! mestura bandas máis próximas ao pop-rock con outros estilos, como os que representan Lamatumbá, Nao, Som do Galpom, Zënzär ou Mencer Vermelho.

Case quince mil exemplares cada mes
Enderrock é a revista musical de referencia nos Países Cataláns e o pasado mes de maio cumpriu o seu 15º aniversario. Naceu ao fío do exitoso movemento musical do rock catalá (o seu primeiro número estivo dedicado a Sangtraït) que a finais dos oitenta e comezos dos noventa encheu estadios e pavillóns en Cataluña, Comunidade Valenciana e Baleares con bandas como Sopa de Cabra, Els Pets, Sau, ou Sangtraït. A revista, en gran parte, naceu do espírito xerado polo histórico concerto que moitas destas bandas ofreceron conxuntamente no Palau Sant Jordi en 1991 (organizado por la Generalitat de Pujol por mor da presión exercida polo peche previo dos artistas). Hoxendía mantense como revista de referencia na cultura catalana, equiparábel á Rockdelux a nivel estatal, con máis de dez mil exemplares vendidos cada mes.


4,82/5 (11 votos)


Comentarios (7)

fillotolo #1 10/Outubro/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Son todos moi bos, pero máis que GZ Pop mellor houbera sido GZ Music ou algo más xenérico pois aínda que hai grupos de Pop hai outras tantas formacións no recopilatorio que nada ten que ver con este movemento.

Colazo #2 10/Outubro/2008 Colazo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

ten razón o comentario que me precede

onofresabate #3 10/Outubro/2008 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

És una idea molt bona. Crec que l'any que be seria molt millor encara que una idea semellant es realizase en Portugal. Endavant.

carlinhos21287 #4 11/Outubro/2008 carlinhos21287
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

como se pode conseguir???? esta revista está a venda só en Catalunya ou podo conseguila aqui????

tato101 #5 11/Outubro/2008 tato101
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Moi bon para a música galega pero é certo que o de pop é equivocado e como moito tres/catro dos grupos se poderian considerar pop. Tamén creo que faltan algunhas grandes bandas do páis, e non cito ningunha para non crear polémicas, que terían e teñen probablemente mais interese, traxectoria e peso na musica e na cultura galega que algunhas das que aparecen neste recopilatorio. En calqueira caso grande iniciativa de que a tivera.

GalegoEuropa #6 13/Outubro/2008 GalegoEuropa
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Quem duvida que o galego é idioma internacional?
Depois de proibido na Galiza durante três séculos quase nada perdeu da sua originalidade:
http://br.youtube...
O nosso idioma está vivo na Galiza e recomenda-se.....

carraxe #7 13/Outubro/2008 carraxe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A min paréceme unha iniciativa moi boa, das que son necesarias e se poden facer desde as institucións: difundir o que fan os nosos artistas, dentro e fóra.Sobre o nome, paréceme que poñerlle MUSIC englobaría a outras músicas (folk, tradicional, etc) que non entran no CD porque a Enderrock é unha revista de pop-rock. Eu penso que POP serve para englobar hoxe en día músicas e estilos diversos, e pode valer por iso. E como di Onofre Sabaté, o ano que vén Portugal! Por certo, moi interesante isto: http://www.marpormedio.com

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete