Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ex-presidente de Finlandia

Nobel da Paz a Martti Ahtisaari polo esforzo a prol da resolución de conflitos

O xurado do premio recoñece o traballo diplomático do finlandés, quen fora enviado especial da ONU para os Balcáns.

Redacción - 12:00 10/10/2008

A contribución para "a existencia dun mundo máis pacífico e a fraternidade entre as nacións", e os esforzos feitos en diferentes continentes para a resolución de conflitos internacionais, están entre os argumentos expostos este venres polo xurado para explicar o Premio Nobel da Paz 2008 a Martti Ahtisaari. O ex presidente finlandés recibe así un recoñecemento para o que o seu nome xa soara en anos anteriores.



Entre os últimos traballos diplomáticos que protagonizou está o seu labor como enviado especial das Nacións Unidas nos Balcáns. Neste contexto foi o encargado de deseñar o plan de paz para a zona, incluída a recomendación da independencia, internacionalmente supervisada, de Cosova. Con todo, o galardón que recibe agora Ahtisaari fai mención tamén ás tarefas nas que, no ámbito da mediación internacional, o ex mandatario finlandés leva implicado arredor de tres décadas.


5/5 (2 votos)


Comentarios (13)

ecoe #1 10/Outubro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A independencia de Kosova xamáis foi "internacionalmente supervisada" por ningún organismo internacional da ONU, que foi o organismo encarregado delo desde os anos 1960 cas independencias asiáticas e africanas poscoloniais.

Chamarlle "supervisado" a un proceso que exclusivamente consistíu en dinamitar a Yugoslavia -documentada a intervención xa 10 anos ANTES da caída do Muro, no caso a República Federal Alemá en Eslovenia e camiño do mercado e das riquezas dos Balcáns (mesmo estratéxicas)- cando menos induce á falsedade na apreciación do significado dos feitos.

Tratóuse descaradamente de unha INTERVENCIÓN imperialista COORDENADA da NATO e directamente artellada desde territorio alemá, e ca asesoría e intervención directa e suprema dos USA ("Ser enemigo dos EEUU é perigoso, mais ser amigo moito máis" en palabras do tamén Premio Nobel da Paz (!!) Henri Kissinger, o asasino de Chile, Cambodia...)

Así que máis ben -contra da imaxe que Falsimedia pretende dar da sua laboura en Yugoslavia- se trata de recoñecerlle os seus grandes méritos, eso sí, moi desmerecidos dada a insolvencia rusa e a democratización (!!) imposta polo imperialismo, tanto no caso falado (independencia por decreto sin participación popular), como a que a través de moi distintos mecanismos impón o Imperio a tódolos pobos da denominada €uropa occidental, entre os que nos atopamos (algúns contra a nosa vontade xamáis consultada, nin con ocasión de se expresar libremente en igualdade de condicións cas posturas oficiais).

O esforzo do Ahtisaari foi recompensado, mais a desfeita agarda a resolver as suas contradiccións.

Cuevillas #2 11/Outubro/2008 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

ai, ai!!! Ou sexa que Galiza Nación ben, pero rachar Iogoslavia foi cousa do imperialismo. Quen vos entende xente de esquerda, UPgallos e de Nós-UP? Iogoslavia morreu porque morreu o comunismo e con él un estado artificial. Dúas nacións prósperas coma Eslovenia e Croacia (a primeira CON LENGUA E CULTURA DE SEU)separáronse da dictadura comunista manexada dende Moscova. Lembro que Eslovenia non é un país imposto, fala Esloveno, non sabes? e ten todo o dereito a se autodeterminar. Os demáis paises quixeron fuxir do xugo Serbio e dos musulmáns do sul, apoiados con cartos (coma non) dende Arabia Saudí. Kosova non ten por qué separarse porque é o cerne mesmo de Serbia. Esta última sí que é unha separación artificial.
Para terminar, se non queres vivir na Europa Ocidental, podes marchar a Cuba por exemplo. Alí dubido que sexa doado ter computador para escribir en Vieiros polo que ías gañar.
Galiza está en Europa Occidental. Galiza é o primeiro Reino católico da historia (o Suevo) grazas a Bizancio, que seguiu coa cultura romana. A Historia de Galiza é a Historia dos celtas, dos Romanos, dos Suevos, da cultura Bizantina e do CáLICE, o noso símbolo da grande Nación da EUROPA OCCIDENTAL.

ecoe #3 11/Outubro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

??

ecoe #4 11/Outubro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Por certo, e a Ela non llo deron, o Nobel, á exprisioneira de guerra das FARC !!(lémbrao o Calvo Ospina)

http://www.rebelion.org/notici...

Barcelos #5 11/Outubro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

O premio nobel da paz é unha vergoña que exista. Deberían de eliminalo ou declaralo deserto sempre. Ningún político é merecedor dun premio así.

A única persoa que o mereceu foi Teresa de Calcuta e poida que algún máis que agora non lembro, mais nunca un político. Degradouse do todo no momento en que llo deron a Kissinger, un home da CIA.

xacataca #6 11/Outubro/2008 xacataca
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#1

During and after the breakup of Yugoslavia there were increasing conflicts, culminating in the Kosovo War of 1999. The result of that war was Yugoslavia's acceptance of UN Security Council Resolution 1244, which led to the initiation of a Kosovo status process in 2005.

By 2007 a plan had been formulated by UN Special Envoy Martti Ahtisaari, a plan accepted by the local government in Kosovo and backed by the United States and the European Union, but strongly opposed by Serbia and Russia, Serbia's traditional ally. Various UN-facilitated attempts to negotiate an agreement failed.

Encouraged by the USA and some European countries, the Kosovo government on February 17, 2008 declared independence from Serbia. The United States, Canada, Australia, Japan and two-thirds of the European Union countries have recognized Kosovo's independence. The majority of UN member states, however, have not recognized Kosovo's independence.

xacataca #7 11/Outubro/2008 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ONU supervisou a independencia de Kosovo, ou o proceso que levou a ela. Outra cousa é que fose a solución desexada -pola ONU, ou pola esquerda mundial. Ou que, ao cabo, aos que mandan realmente (OTAN, EUA) lles importe un carallo o que faga ou pense a ONU.

http://news.bbc.co.uk/2/hi/eur...

O galardón coido que vén ser como un premio de consolación para Martti Ahtisaari, que -digamos- fixo o que boamente puido dadas as circunstancias.

xacataca #8 11/Outubro/2008 xacataca
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O primeiro dos meus comentarios está tirado da Wikipedia:
http://en.wikipedia.org/wiki/K...

xacataca #9 11/Outubro/2008 xacataca
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Cuevillas (#2) debe estar afectado polos últimos acontecementos:
http://www.vieiros.com/nova/69...

zemalves #10 12/Outubro/2008 zemalves
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Um falso Nobel da PAZ! Essa criatura só ganhou o Premio por pressões americanas. Senão mal iria o Mundo, onde o Premio Nobel da PAZ é entregue a um homem que em vez de levar a PAZ aos povos levou a GUERRA e a destruição. Ele apoiou a agressão da NATO na Jugoslavia, assim como a independência da mafia albanesa e dos terroristas do UÇK do Kosovo, só porque no Kosovo existe neste momento a maior Base Americana fora dos EUA!

baltar69 #11 14/Outubro/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

bombeiros pirómanos: athisaari, begin, o dalai lama, kissinger... a técnica consiste, parece, en dar unha de cal e outra de area, en contentar a todos. para o ano tony blair.

zemalves #12 16/Outubro/2008 zemalves
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pouco Nobel

Noutro plano, mas ainda a respeito do diferendo servo-kosovar, o comité norueguês decidiu atribuir o Nobel da Paz ao ex-presidente da Finlândia Martti Ahtisaari, um dos principais responsáveis pelo processo que culminou com a declaração unilateral de independência do Kosovo.
As reacções não se fizeram esperar. Cavaco Silva frisou a «incansável dedicação de Ahtisaari «à causa da resolução pacífica dos conflitos» e Durão Barroso considerou-o «um europeu muito empenhado».
O governo de Madrid, que ainda não reconheceu o Kosovo, classificou o diplomata finlandês como um «grande europeísta e um excelente mediador», ao passo que a secretária de Estado francesa para os Direitos Humanos, Rama Yade, lembrou o papel de Ahtisaari nos conflitos da Namíbia, Bósnia-Herzegovina, na província de Aceh e «no estatuto final do Kosovo».
Estranha foi a apreciação do secretário-geral da ONU. Para Ban Ki-moon, Ahtisaari é um «defensor acérrimo dos princípios e dos ideais das Nações Unidas», olvidando que a solução do escandinavo para o Kosovo não só está a ser contestada por muitos países, como a sua concordância com o Direito Internacional vai ser apreciada pelo TIJ.
Crítica foi a opinião do irmão do ex-presidente sérvio e antigo diplomata jugoslavo na Rússia. Para Boris Milosevic o prémio Nobel «está a ser usado para fins políticos» e o processo do Kosovo não é um exemplo de sucesso, mas antes o maior fracasso negocial de Ahtisaari.

http://www.avante.pt

zemalves #13 18/Outubro/2008 zemalves
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Parece que Ingrid, a Santa, estava tão certa de que iria ser premiada com o Nobel da Paz que já tinha escrito o discurso de agradecimento...

Enganou-se.
E este engano mostra como a Santa anda desfazada da realidade.
Atirada para o estrelato pelos interesses conjugados dos EUA e do regime narco-fascista da Uribe, Ingrid deslumbrou-se. E pensou que era verdade... o que não o era.

Se, em vez de se imaginar outra vez catapultada para as primeiras páginas da santidade, olhasse para a situação concreta actual, ter-se-ia apercebido que a questão Kosovo passara a ocupar um lugar relevante na situação política mundial e que o reconhecimento da mascarada de independência dessa região da Sérvia passara a ser um objectivo maior para os EUA - e para o capitalismo internacional.
E teria, então, compreendido a naturalidade (a inevitabilidade...) de o Prémio Nobel da Paz ser atribuído a alguém ligado a esse acto ilegal, prepotente e criminoso.
Como de facto aconteceu: o ex-presidente da Finlândia, Martti Ahtisaari, foi Prémio Nobel pelo papel decisivo que desempenhou na golpaça que conduziu à declaração unilateral da independência do Kosovo e à legalização da entrega do poder aos criminosos e narcotraficantes que compõem o governo liderado precisamente pelo chefe desses criminosos narcotraficantes.

Console-se Ingrid com o reconhecimento de que o Nobel da Paz também ficaria bem entregue se ela tivesse sido a laureada - e console-se com a ideia de que o apoio que prestou ao regime do facínora Uribe justificava e mais do que justificava tal paga...
Mas fique-se por aí: pelos prémios de consolação.
Porque neste momento concreto o Martti Ahtisaari é que estava a dar...
E o que está a dar é que é...

(Mas guarde o discurso: mais tarde ou mais cedo pode vir a precisar dele para agradecer um qualquer outro prémio da família deste Nobel dito da Paz...)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: