A Universidade de Vigo pon en marcha unha páxina que corrixe os apelidos e nomes castelanizados.
Queres saber cun só clic se o teu nome e os teus apelidos teñen a forma galega? Queres facer unha brincadeira e saber como te chamarías en castelán? Pois isto é o que podes facer se entras na páxina 'Chámate con xeito', a última e ben orixinal iniciativa da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Na web tamén se pode descargar a lexislación e os impresos legais necesarios para galeguizar nomes e apelidos.
Un dos responsábeis da campaña en prol da galeguización da nosa onomástica, o profesor Xosé Henrique Costas, sinala que “cada persoa é dona de como se quere chamar, pero sen coñecemento non hai liberdade”. Costas explica que “non pretendemos dicirlle á xente que se chama mal, se non que do mesmo xeito que ocorreu cos topónimos, moitos apelidos galegos foron acastrapados ou deturpados pola influencia do castelán, e que hai unha forma galega”.
O vicerreitor da Universidade de Vigo, Iván Area, explicou que a instititución pretende “tamén no caso dos nomes e apelidos, chamarlle as cousas polo seu nome, evitando determinados usos como o que ocorre co topónimo Sanxenxo, que en casteáln sería San Ginés, pero nunca o castrapo Sangenjo”.
“Castelanización anárquica”
Ana Isabel Boullón, profesora da Universidade de Santiago, tamén estivo presente na presentación da web. Experta no eido da onomástica, Boullón subliñou que arredor dun 16% dos apelidos sufriron un proceso de “castelanización anárquica”. Porén, no caso dos nomes a castelanización é moito máis evidente: “Primeiro polas imposicións do reino de Castela e da Igrexa e logo durante o franquismo coa lei de rexistro civil que obrigaba a poñerlle aos nenos e nenas nomes casteláns”.
aleguiza? Non lle falta o "G"?
O das siluetas de cregos, señoras de mantilla, picoletos e demáis, lembra un pouco aquel cartaz da AMI de hai unha chea de anos de "Espanha na Galiza Sobras!"
Fai falta ser mui ignorante, ou mui manipulador, para qualificar de castrapo a forma do topónimo Sangenjo (melhor Sam Genjo), escrita com a forma HISTÓRICA e tradicional GALEGA. O que é castrapo é a sua pronúncia à maneira de Madrid.
Fai falta ser mui ignorante, ou mui manipulador, para dizer que Eugénio (nome procedente do grego e que significa «bem feito») nom é galego. O que nom é galego é pronunciá-lo à espanhola.
Qualquer campanha para recuperarmos os nossos nomes e apelidos é umha iniciativa magnífica, mas o que nom se pode é tentar ENGANAR a gente. Nom somos parvos/as.
um, dous , três, responda mais umha vez. Encarna "Otero"...
Non é tan fácil regularizar un apelido deturpado. Eu intentei regularizar o meu "Lorenzo", e a xuiz-encargada do rexistro civil de Vigo, Dª Mercedes Cosmen del Riego, denegouno por "tratarse de un apellido castellano". A directora xeral de "de los registros y del notariado", Dª. Pilar Blanco-Morales Limones, denegoume o recurso formulado aducindo que este apelido pertenece al "acervo nacional" y "no es gallego". Por certo no recurso ía un certificado da responsábel do I.L.G. (da universidade de Compostela) indicando claramente a procedencia galega do apelido, pero interesoulles ben pouco.
QUEN DIXO MEDO HABENDO XUÍZES!
por certo, alguén sabe se se pode facer o mesmo con nomes deturpados nas outras linguas oficiais do estado? eu teño un apelido basco deturpado e non sei se podo facelo corrixir....
Quicol (#5), a unha amiga miña pasoulle algo moi parecido nos xulgados de Pontevedra. Non puido mudar o seu apelido Gesteira a Xesteira porque non era un apelido galego senón "castellano angtiguo". A rapaza tamén levou varios informes da Universidade de Vigo, coa prolixa historia deste apelido e con cousas tan impepinables como que Gesteira nunca pode ser unha forma castelá polo sinxelo motivo de que en español non se perden os -n- intervocálicos e que en castelán só sería Hinestera, Ginestera ou Genestera. E idem en castelán antigo.
Así están as cousas, con funcionarias que se creen expertas en filoloxía e en historia da lingua.
Triste pero certo.
Gesteira é um apelido perfeitamente galego e é escrito assim desde que o nosso idioma existe, hai muitos séculos. A que vem renunciar à milenária história da língua em benefício de um isolacionismo absurdo?
O problema está em ver o galego com os olhos do espanhol, em pronunciar «*Ghesteira» e nom «Shesteira», mas a escrita com G é absolutamente correcta, histórica e etimológica em galego, desde hai, polo menos, 800 anos.
Que nom nos enganem.
Carmeraia, o artigo de referencia é o 198 do regulamento do Rexistro Civil, “a inversión dos apelidos dos maiores de idade poderá formalizarse mediante simple declaración ante o encargado do Rexistro Civil do domicilio... o mesmo réxime rexe para a regularización dos apelidos para adecualos á gramatica e fonetica da lingua española correspondente. No caso de non ser un feito notorio, deberá acreditarse polos medios oportunos que o apelido pertence a unha lingua vernacula e a súa grafia exacta neste idioma”.
Que teñas sorte.
Por outra banda non coincido con Ensenada que o problema sexa de funcionarias, xa que de acordo que a xuiza o será, pero ao mellor a directora xeral non, e é quen resolve o recurso. O problema é de que neste caso ninguén cre no que lexisla, e non se impulsa politicamente o uso do dereito.
Pedido dos nacionalistas a todos os galegos que transmitissem esta mensagem no fim de um comentário.
GALIZA CEIBE
1 Galego nativo escrito na norma universal como único idioma oficial na Galiza.
2 Entrada como membro de pleno direito na lusofonia.
3 Recepção imediata em canal aberto das televisões portuguesas na Galiza.
Só com estas condições a Galiza terá progresso em galego e será respeitada no mundo.
Piorno (#9), tranquilízate. A miña amiga e ex-moza, é tan lusista coma ti e XAMAIS quixo cambiar o apelido Gesteira por Xesteira, senón por GIESTEIRA, que é a forma galega tradicional e etimolóxica empregada ata o século XVIII. As formas modernas galegas "xesteira" (quer escrito Xesteira, quer Gesteira) son basante modernas (en portugués só existe Giesteira).
Cómo me fode que se acuse sen saber...
É evidente que o de "Xesteira" foi unha gralla que che puidese facer pensar cousas que non son.
#12 Ensenada, quenom che foda tanto, porque nom contache a história inteira ;)
outra acousa, o que me chama a atençom é o da “castelanización anárquica”, manda caralho, anárquico nom é umha boa definiçom (é péssima) de algo que está feito desde a imposiçom e o o poder. Já chega, já avonda de caralhadas.
Tanto a forma GIESTA como GESTA são galegas e etimológicas, mas ambas as duas são perfeitamente galegas e mesmo coetâneas, já que GESTA (e o seu derivado GESTEIRA) aparecem em todo tipo de documentos, e com maior preferência com a forma sem iode na Galiza.
Do latim GENESTA temos GEESTA, forma já documentada no século XIV. Daí o galego tem duas opções:
1) reduzir o dobrete para "gesta", igual que em "Meendes" para "Mendes"
2) como o primeiro "e" é âtono, fecha e converte-se num "i" e passa para "giesta" (como na pronúncia dialectal "prieiro" por "preeiro").
Por outra parte, GESTA também figura em dicionários portugueses como "provincialismo", ou seja, uma variante dialectal (possivelmente, do norte de Portugal).