Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Na procura de patrocinio institucional

O Dépor quere estampar nas súas camisolas o logo do Xacobeo

Lendoiro pensa que o seu clube é "infinitamente máis rendíbel" que calquera equipo ciclista, en clara referencia ao Xacobeo Galicia.

Redacción - 11:15 17/10/2008
Lendoiro homenaxeando os socios históricos do Dépor

Lendoiro homenaxeando os socios históricos do Dépor

As camisolas dos xogadores do RC Deportivo da Coruña seguen baleiras, sen unha marca, unha imaxe ou un logo estampado nelas, alén do escudo do clube. A causa? O prezo que Lendoiro lle pon ao patrocinio: millón e medio de euros.

Aínda que a estas alturas da Liga o peito dos xogadores do Dépor segue libre, non é por gusto, senón porque ningún posíbel patrocinador acepta a cifra que propón Lendoiro. Este millón e medio de euros foi o que se lle ofreceu ao centro Dolce Vita a finais de setembro, e é o mesmo millón e medio que se pon sobre a mesa cando aparece algunha empresa interesada. E a esta cifra aínda lle hai que engadir medio millón máis de euros por "consecución de obxectivos". Lendoiro mantense firme.

Obxectivo: o Xacobeo
Porén, o clube coruñés segue procurando un bo patrocinio, e segundo confesou o seu presidente en conferencia de prensa, téñenlle xa botado o ollo ao Xacobeo, a entidade de xestión dependente da Consellaría de Innovación e Industria. O Xacobeo xa entrou no mundo dos patrocinios deportivos a finais do pasado mes de agosto, cando rescatou o anteriormente coñecido como Karpin Galicia, o equipo ciclista profesional galego, da falta de cartos por causa da crise da construción, que xa comezaba a notar o principal sustento dos corredores, a empresa Valery Karpin SL, pertencente ao ex futbolista do Celta.

Pero Lendoiro teno claro, e, ao tempo que acusaba as institucións da pouca implicación que teñen no fútbol, aseguraba que o seu clube pode ser "infinitamente máis rendíbel que calquera equipo ciclista". Neste sentido, o presidente do Dépor revelou que xa tiña solicitado o patrocinio hai uns 20 días, mais sen ter recibido aínda resposta, algo que non entende, xa que, segundo dixo, o Xacobeo sería o o mellor apoio do que "representa" o Dépor e a cidade da Coruña "no mundo". Porén, hai que lembrar que atopar patrocinador non é o maior problema do clube, xa que os cartos que este poida aportar non pasan do 2 ou o 3% do orzamento total da entidade.

O orzamento total do Dépor aínda non se coñece, a pesar de estar comezada, hai xa tempo, a nova tempada, pero segundo revelou Lendoiro, é menor que o doutros anos (un 10% menos que no último exercicio).


1,5/5 (8 votos)


Comentarios (19)

baltar69 #1 17/Outubro/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

será do jacobeo.

joraloca #2 17/Outubro/2008 joraloca
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

si señor cada vez que lendoiro di algo sube o pan. Agora vai ser culpa das institucións a descomunal débeda que lle puxo ó lombo ao Deportivo. Si non quere limpar a merda polo menos que nona esparza. O clube que él preside nin moito menos representa a toda Galiza e crearise un agravio comparativo cós resto de clubes de futbol, sen embargo a equipa ciclista si representa a tódolos galegos e o patrocinio non xenera competencia desleal con ninguén xa que é a única equipa de ciclismo profesional no noso pais

petopitopato #3 17/Outubro/2008 petopitopato
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

está ben... máis a cambio, que amosen moitísima máis implicación activa coa lingua...

onofresabate #4 17/Outubro/2008 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Si, señor, o Lendoiro decidiu que sexamos todos os que lle amañemos a súa mala xestión. E mesmo os que lle paguemos o seu altísimo soldo. ¡A verdade é que hai xente que ten unha cara...!

turzi #5 17/Outubro/2008 turzi
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Agora o Xacobeo está co equipo ciclista profesional GALEGO. Nin un peso para o Depor nin para o Celta. Os señoritos do fútbol poden gañar as súas lentellas como queiran.

breogain #6 17/Outubro/2008 breogain
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

O señor Lendoiro ten unha caradura descomunal, agora busca cartos públicos e de tódolos galegos e galegas para amaña-la súa nefasta xestión, pois non, seria un agravio comparativo con outras equipas galegas, como por exemplo o Pontevedra C.F. do que son socio, no que tampouco quero que entre a patrocinar o concello de Pontevedra, ademais o deportivo da Coruña representa á Coruña e non a toda Galiza, en troques o Xacobeo Galiza é a única equipa profesional de ciclismo e vexo ben o seu patrocinio, o fútbol ten recursos dabondo como para se autofinanciar, que busquen outros patrocinadores...

tinho #7 17/Outubro/2008 tinho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Outra vaca no milho

pepedaconcha #8 17/Outubro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Aparte o primeiro que tería que facer e cambiar o de "La Coruña" por "A Coruña" mentres tanto carta que mande carta que vai o lixo

galeguzo #9 17/Outubro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Titular alternativo: O Deportivo quer estampar nas suas arcas o dinheiro do Jacobeu. Assim cuido que a cousa ficaria mais contundente.

#8 Concordo. Nem um peso público até não galeguizar o nome. Se mesmo o "Español" de Barcelona o adaptou para "Espanyol"!!

crunha #10 17/Outubro/2008 crunha
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Como dixo Pepedaconcha, só se podería falar do tema co Deportivo da Coruña non co Deportivo de La Coruña.

afonsoriscos #11 17/Outubro/2008 afonsoriscos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

por non dicir que o xacobeo fai moitísimo máis polo feito diferencial galego, do que fará endexamais o depor. e pola canteira tampouco.
politicamente, nin de coña.
económicamente, xa me diredes... 1,5 millóns de euros?
éticamente, que llo pregunten ós socios que non coñecen a débeda.
que vaia chupar doutro teto.

UnDeTantos #12 17/Outubro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Non vos confundades,o deportivo é unha institución centenaria que está por enrriba dos seus dirixentes. Que lendoiro sexa un ladrón e un mafioso non da pe a botar pestes contra o equipo,hai que andar ao xeito...

Barcelos #13 17/Outubro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Non se lle poden dar as cousas sacras aos porcos que chas rompen.
Manteñamos o Xacobeo lonxe dos pezuños de Lendoiro.

Por qué non pide A Coruña 800 o A Torre de Hércules Patrimonio da humanidade?

Por qué non lle da cartos. E un mísero peseteiro o eureiro?

subela #14 18/Outubro/2008 subela
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Sempre gustei de Depor, pero non estou dacordo en que cartos públicos fomenten que persoas cobren millóns de euros, principalmente o señor Lendoiro, que poña o seu nome nas comisetas e renuncie ao seu enorme salario, que os últimos anos non se pode dicir que o teña moi merecido

Barcelos #15 18/Outubro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

É certo que o Dépor alcanzou o máximo baixo a súa presidencia, pero non lle debe nada, pois xa se cobrou o favor con fartura. Agora o que debe facer é marcharse antes de arruinalo.

O que fixo con Arsenio é a maior das humillacións, menos mal que o raposo de Arteixo é un auténtico cabaleiro.

Da mesma forma humillou a outras persoas, que foron as que contribuíron a facer un Dépor grande: Fran, Mauro Silva, Donato, Bebeto, Djukic, Makay, Djalminha...

Ignorou o centenario e afundiu o Teresa Herrera.

Con este personaxe, o mellor é que o patrocine unha funeraria, porque o equipo está morto, e iso que aínda resiste porque Lotina, ao igual que Arsenio e máis Irureta, tamén é unha gran persoa e un traballador nato.

¡¡FORZA DEPOR!!

BonKarallan #16 18/Outubro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Xacobeo, Xa, co beo, ko vexo vir lakazán.

Anda pedir kartos ao senador Don Manoel.

Patrocina tí ko 1% ke lhe mangas ao presuposto. Mancha as kamisolas sagradas ko teu nome si tes kollós.

Lisca Lendoiro

maleiro #17 18/Outubro/2008 maleiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

que non lle den un euro a Lendoiro ó seu deportivo de la coruña...
Xa chega de chupar do bote! que chupe do bote de la coruña...pero non do bote de tódolos galegos.
Ah! e non son de vijo.

trasancos #18 18/Outubro/2008 trasancos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Non estou dacordo coa maioría dos comentarios escritos sobre esta nova, parécenme moi esaxerados e inxustos. Para empezar, eu non comulgo coas ideas de LEndoiro, pero tampouco con todos aqueles que abducidos pola Voz lle meten caña porque sí. Levan catro anos dicindo (desexando??) que o dépor vai desaparecer, que vai ir a segunda, que debe non sei canto....pero o dépor aí está. E pola contra o Celta en segunda e coa ei concursal enriba e a Voz e todo quisqui calados (moito ánimo a todos os celtiñas). Semella que non valoramos o que é ter un equipo xogando en primeira e na UEFA, se cadra porque vimos de quince anos nos que nos mal acostumamos.

O Celta e o Dépor fixeron moito todos estes anos pola recuperación da autoestima colectiva dos galegos, rachando en parte co colonialismo mental que boa parte dos galegos padecían.

Ou é que ninguén se lembra cando casetododiós en Galica (na Coruña e Vigo tamén) a inmensa maioría da xente era do puñeteiro e españolísimo realmadriz.

Lembro que cando era cativo, nos anos oitenta, cando o depor estaba en segunda, o madrid viña xogar o teresa herrera moitas veces. E este era sempre recibido entre aplausos con bufandas brancas e bandeiras españolas.

Como é agora recibido o madrid na coruña (e en galicia)?? Con asubíos, insultos e bandeiras galegas (Qué mellor maneira de demostrarlle a todos os madrileñatas que isto non é o seu país??)

En todos os lados os gobernos locais e autonómicos apoian económica e socialmente aos seus clubes PORQUE SABEN DA IMPORTANCIA DE TER UN EQUIPO EN PRIMEIRA , aparte de escandalosas recalificacións para construir moles de cemento e cristal...así que non comprendo porque a xente se pon desta maneira, xa que o depor sería un moi bo escaparate para patrocinar o xacobeo por Europa adiante (como tamén o é noso equipo ciclista) e posiblemente bastante máis barato que doutras formas.

fORZA DÉPOR
HALA CELTA

trasancos #19 18/Outubro/2008 trasancos
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Ahhh....por certo...que xa me esquecía....plenamente dacordo cos comentarios que din se a ver dunha vez o depor galeguiza o seu nome e empeza a empregar o nome OFICIAL da cidade....e de paso tamén o seu himno...."E digo deportivo imos gañar este partido!!, e digo de primeira deportivo é directivo, vivo, vivo..."

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: