PSOE e BNG destacan os beneficios que o acordo pode traer para o país, mentres que o PP mantén a súa crítica.
Nunha comparecencia que tivo lugar este sábado, Francisco Jorquera (BNG) salientou o "exercicio de responsabilidade" do Bloque ao votar favorabelmente aos orzamentos do Estado, xa que "en momentos de crise é bo que todos arrimemos o ombro". "Sería malo que nun contexto de crise económica esta se vise acompañada dunha crise política que agudizase aínda máis os efectos da primeira, se houbese que prorrogar os orzamentos".
PSOE e BNG asumiron o compromiso de incrementar o orzamento territorializado en Galiza en cando menos 125 millóns de euros. O destino destas partidas, aínda por concretar, irá maiormente ás infraestruturas, e en concreto ao Eixo Atlántico ferroviario, para que se complete en todo o seu itinerario, incluíndo os tramos Ferrol-A Coruña e a saída sur de Vigo (tramo Vigo-fronteira portuguesa en Tui). Tamén se destinarán fondos ás políticas sociais, como a implantación da educación infantil de O a 3 anos.
O acordo BNG-PSOE estabelece a execución do traspaso de varias competencias pendentes de transferir e pon unha data límite para a súa execución: o 15 de decembro. Son as seguintes: titularidade de arquivos, bibliotecas e museos en mans do Estado; xestión de bolsas e axudas ao estudo; determinados bens da Seguridade Social; titularidade do castelo de Monterrei e das torres da Porqueira e Sandiás; a inspección de traballo e o saldo da débeda de superficie do Estado con Galiza.
Nunca entenderei porque hai que negociar ou pedir esmola por cousas ás que temos dereito e que o estado con tanta mala fe nos rouba e por riba non os quere dar, como tráfego.
Sendo pragmáticos (termo que ódio porque é tão usado e manipulado pela direita como o de liberdade) o BNG é a única opção que temos em Galiza para nos aproximar a soberania. Seria muito bom que partidos coma TEGA, FPG ou NOS-UP tivessem representação. Mas isso não é singelo. Se o governo do PSOE não precisasse do BNG para aprovar os orçamentos, sim que nos dariam verdadeira esmola e isso é o que pretendem partidos coma UPyD, limitar o máximo possivel a representação dos partidos nacionalistas.
Ben que se aprobe nos Orzamentos do Império que Galiza ten direito ao eixo atlántico, outra cousa ben distinta é que vexamos materializados estos Orzamentos. Sen que serva de precedente, vou coincidir co PP en que o verdadeiramente importante é a execución dos orzamento e non a sua aprobación. Na Galiza levamos tantos anos dependendo do poder central que non fomos quen de arrimar o hombro por nos mesmos para exixir ao que temos direito e pedir esmolas, seguir con esa política tan de direitas de darche como un favor ao que tes direito. Alguén pode imaxinar-se como seria Galiza se o Miño se fixera navegábel até Ourense?, como seria a costa da morte se o camiño de ferro a comunica-se co eixo atlántico?, alguén me pode explicar para que serve o AVE que non serve para o transporte de mercadorias?, a min a verdade é que me xorden un montón de dúbidas de se no governo da Xunta están galegos ou senegaleses?, co PP xa sabiamos que non crian na autonomia dos pobos mais agora co PSOE e BNG as miñas ilusións están polo chan, non vexo grandes diferéncias, se cada vez que hai orzamentos no Estado o BNG ten que aproveitar para obrigar ao PSOE a rescar no peto, mal asunto.
Manda carallo!
E as "competencias" de tráfico?
E a nosa policia?
Somos unha merda ou qué?
Se fora eu o que negociara...iban comer merda istes de madrí no meu voto
Ao BNG, a diferenza de a CiU e ao PNV, nin tan sequera lle deron a oportunidade de negociar. Onde quedaron senón o famoso traspaso das competencias de tráfico ou a creación dunha verdadeira policía autonómica? Ao Bloque simplemente lle ofreceron esmolas. Esmolas que o tempo dirá se o Estado realmente as acabará pagando, vistos os precedentes nestes últimos anos no desfase entre o inicialmente presupostado e o despois realmente executado.
A “negociación” mantida entre PSOE e BNG estes días reduciuse simplemente a unha mera representación escénica, na que o BNG quería aparentar que ten poder de negociación e na que, a cambio de venderse, o PSOE madrileño deixoulle interpretar ese papel ficticio.
http://www.terra-galega.org
Guste ou non guste, o BNG ten unicamente dous deputados en Madrid e, polo tanto, a forza que pode impoñer nunha negociación é limitada. Outro galo cantaría se tivese cinco e non digamos dez.
Polo tanto, non se poden pedir imposibles, pretender que con só dous deputados se consigan todas as cousas.
O problema é que, como punto de partida, o BNG puxo moi alto o listón de esixencias e agora o resultado pode parecer cativo. Pero non o é: o conseguido é simplemente o resultado da forza que se ten no parlamento de Madrid.
Nunha situación como a actual sería moito peor no apoiar os Presupostos. O BNG quedaría estigmatizado como insolidario, incapaz e unha forza inútil para superar a crise. Imaxinemos a campaña de prensa. Así que non quedou outra alternativa que apoiar os Presupostos e conseguir algunhas cousas, non todas. Todos queremos máis, pero para iso o BNG ten que incrementar substancialmente a súa representación parlamentaria. E iso só se consegue con máis votos. Non hai outra.
Ten moita coña que Trasancos poña a Terra Galega como exemplo de conseguir algo para Galiza: TeGa si que se vendería por dúas cadelas. Manda truco que veñan dando leccións.
Opinador, respeto a tua opinión máis non sei porque teño que pensar que de teres 5 ou 10 deputados en madrid as cousas serian diferentes. O verdadeiramente importante é galiza e cando se esta a defender o AVE que nos vai permitir chegar antes a Madrid non estamos defendendo unha política galega para os galegos, penso eu.
Trasancos explícame ti como negociarias e o que esixirias ;)
Ista película xa ollei. Aínda estou a esperar polo final. O conto de nunca rematar. Negociar que?...algo que xa nos corresponde? Estamos a esperar polas promesas do ano pasado. O importante parece ser que é sair na foto; logo a Galiza que a zurzan. O tempo do chupete con zucre xa rematou. Pero alguén é tan inxénuo que pensa que van transferir tráfico co diñeiro que se amasa aí?. O da subcomisión do tren vala xa será cachondeo! Vaites, vaites.
ya se sabe que el patriotismo es el último refugio de los canallas (Samuel Johnson dixit). Si Zapatero tiene que pagar el chantaje de los requetés vascos y gallegos para seguir gobernando,pues lo paga, pero vestir de servicio a la patria su respaldo incondicional al PNV (y a Esperanza Aguirre y a Camps...)es puro populismo
TEGA??, porfavor. Non nos equezamos do pelotazo da finca Arzúa, e o da segunda Cementeira en Narón,¿non é o mesmo partido que presupostou un "Pazo da Cultura" en 4 millóns de euros, e agora o seu custe é máis de 12 millóns de euros? (o señor Gato polo visto queria unha pequena cidade da cultura onde comer tm - visto o exitazo do modelo compostelán), 850 € coste o enganche de auga no rural....cando en concellos limítrofes é de 30-200€. E aqui, en Valdoviño temos nadamáis nin menos que ao socio constructor do señor Gato, como concelleiro de urbanismo!!, xa é a sen razón, por iso, que boto a rir cando se fala de TEGA, é unh mágoa, pero na súa militancia podes atopar cando moito 5% de persoas que defendan a Galiza como nazón, curioso o destes novos "galeguistas".
Non entendo como esta xentuza se pode vender así. Non entendo como un partido de esquerda, de traballadores, pode apoiar uns orzamentos que recortan os dereitos de colectivos de funcionarios nas pensións por discapacidade. E iso que temos a vicepresidencia do benestar, benestar que lle estamos cercenando ós funcionarios retirados por discapacidade de clases pasivas. Isto chámase hipocresía. A verdade é que despois de criticar e incendiar as políticas fraguistas nós estamos a facelo ben peor. Anxo, tí e compañía vades pagar todo isto, ten en conta que os votantes non son tontos. Tí adícate só a darlles paparotas ós maiores que xa verás como che anda a feira.
A UnDeTantos,
pois mira, eu para empezar o primeiro que lle reclamaría ao goberno de Zapatero é que lle devolvese a Galicia os cartos que ao longo destes ultimos anos presupostou pero logo non executou na nesa terra, que suman un total duns 2.000 millóns de euros.
Como seguro saberás nos catro anos que os socialistas levan no poder o desfase entre o inicialmente presupostado e o despois realmente executado nos PGE foi de 239 millóns de euros no exercicio 2004/05, de 430 millóns de euros no 2005/06, de 500 millóns de euros no 2006/07 e de perto de 800 millóns no 2007/08. POR ISO EU PREGÚNTOME, POR QUÉ o bloque lle pide 125 millóns de euros ao Estado en concepto de esmola CANDO ESTE PROPIO GOBERNO NOS DEBE 2.000 millóns? É unha tomadura de pelo....ZP nos toma o pelo e o Bloque (síntoo porque eu tamén son nacionalista e aprecio moito o BNG, pero é así, o bloque é o seu cómplice nesta tomadura de pelo)
E postos a negociar, pero a negociar de verdade, eu negociaria o traspaso das competencias de tráfico, da polícia autónómica ou da seguridade marítima entroutras....ou é que xa nos esquecimos delas??? Ou é que antes eran moi importantes para Galicia e agora deixaron de selo??
En canto o do AVE, os medios afirman que a maioría deses 125 millóns van para o Eixo Atlántico. Vía que:
1º aínda está por ver que sexa realmente un tren de alta velocidade, xa que a súa velocidade media vai ser 100 KM/h inferior a de outras zonas do Estado. Realmente vai semellarse máis ao Euromed que conecta dende hai anos Barcelona con Alicante en tres hora e media que ao AVE Madrid-Sevilla.
2º gozarémolo moitísimos anos despois que noutras zonas do Estado e seremos prácticamente a última autonomía en ter AVE.
3º Ademais pagarémolo dúas veces. Xa que fomos a única comunidade de todo o Estado cuxo goberno autonómico cofinanciou as obras da alta velocidade malia non ser da súa competencia,(se non me lembro mal era para así recibir un trato preferencial... toma trato preferencial)
Negociar no AVE....pouco que negociar...máis ben ESIXIR. E SE O ESTADO NON TEN INTERESE EN REALIZALO, EN VEZ DE CHORARLLE PARA QUE O ACABE O QUE HAI QUE LOITAR É PARA QUE TRASPASE AS COMPETENCIAS Á XUNTA E FACELO NÓS, QUE A NÓS SI QUE NOS INTERESA.
Quédanme máis cousas no tinteiro, pero non te/vos quero aburrir. Espero ter sido o suficientemente claro.
Unha pertiña a UnDeTantos,
http://www.terra-galega.org
A Eurico;
Sobre a urbanización da Finca Arzúa, o primeiro en recoñecerte que non lle gusta como quedou son eu. Pero tamén, do mesmo xeito, teño que lembrarte que dita urbanización está dentro do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Narón, aprobado por UNANIMIDADE (tamén polo Bloque) no ano 2003.
Sobre a segunda cementeira, dicirche que non entendo porque te parece mal. Xa que se encontra dentro dun polígono industrial, o das Lagoas, e cumpre con todos os requisitos técnicos e ambientais. Por certo, cando hai anos, sendo concelleiro de industria Pablo Villamar, do BNG, levouse a cabo a construción da primeira cementeira nin diós protestou. Por qué a que fixo Villamar valía e esta non?? Porque agora el non goberna?
Respecto ao do Pazo da Cultura, penso que fixeches unha mala comparación. O Pazo da Cultura a diferenza do becho do monte Gaiás SI VAI TER CONTIDOS, E SÁBESE PARA QUE VAI SER (representación teatrais, concertos, exposicións, talleres, conferencias ou mesmo celebración de congresos).
E postos a falar digo eu, que tamén poderías falar das catro garderías, das tres bibliotecas, do centro comercial, do novo concello, dos trescentos pisos en alugueiro para a xente nova que fixo o Concello de Narón (todas estas actuacións fíxoas él soíño, xa que nin anterior Xunta nin esta puxeron un triste can), ou dos máis de dez mil postos de traballo creados nestes quince anos (grazas aos máis de catro millóns de metros cadrados de chan industrial creados en Narón. Lémbraste cando en Ferrol se burlaban de Río do Pozo e lle chamaban despectivamente Río do Toxo??. Agora moitos ferroláns teñen traballo grazas a ese polígono), ou dos máis de dez mil habitantes que gañou Narón, ou de Aldea Nova, ou de que grazas a Narón Ferrolterra aínda sobrevive pese o pau do naval.
Tamén se queres falamos de que mentres Pablo Villamar (concelleiro do BNG e vicepresidente da deputación) para moverse a todos lados vai co seu A8 e o seu correspondente chófer (pagado por todos), o alcalde de Narón vai no seu coche particular ou nun da policía municipal.
E aínda por riba hai que aguantar leccións e ver como nos miden a uns e outros con distintas variñas. Síntoo, pero hai que amolarse.
As necesidades sempre son ilimitadas e os recursos escasos. Claro que probablemente nos deban 2.000 millóns, e a Cataluña outros tantos ou máis. Ocorre que é o xogo político o que determina a quén van os recursos limitados. Dicer que era algo que xa nos debían e que, polo tanto, non é un trunfo, non é certo.
Como victoria parcial está moi ben, amosa que con deputados en Madrid algo se pode facer. Non entanto, o problema ven cando hai que proceder a executar ese orzamento. As decisións seguen a darse en Madrid, non en Galiza, e pasa o que pasa, ainda aprobados os orzamentos volvemos a depender da coxuntura política para executalos. Esa e non outra é a razón pola que Cataláns e Vascos levan vinte anos reclamando que o recadado fique nos seus paises e non volva a Madrid para ter que volver a negociar. Este problema e común para Galegos, Cataláns e Vascos. Non entanto, non abonda con ter o diñeiro, hai que saber que facer con él. Neste punto rara vez vexo que a xente no foro manifeste qué tipo de país debemos ser dentro de corenta anos e que medidas hai que tomar para cumplir os obxetivos. Só detecto frases como política galega para os galegos, facer país, unha política para galiza... Pero eso exactamente que é? alguén mo pode explicar?. De qué modelo económico estamos a falar?. Cáles son os principais problemas de Galiza para a súa supervivencia como pobo, por exemplo nos vindeiros cincuenta anos?.
Para trasancos,
Semellas pensar que eu teño algo que ver con BNG, de entrada dicirche que estas moi moi trabucado, son independentista e ata que o BNG asuma iso non vai ter nin un voto da miña man. Non entro a dicir nada do señor Villamar, porque nin o coñezo, pero o pouco que escoitei del foi para apoiar ao rural, esa é a sensación que todos temos, polo menos onde eu vivo. En canto á xestión de Narón....todos saben como se fan as cousas dentro dese concello.. non vou aqui lembrar temas como a disco Zona Verde (si, aquela parcela non urbanizable ata que o señor Gato a mercou e onde puxo unha discoteca onde por certo convidaron á "La Veneno"), o señor Gato ten moitas cualidades como político, e son o primeiro en recoñecerllas, pero despois de tantos anos, o seu patrimonio medrou da forma que TODA a xente dos veciños concellos coñecemos, é unha mágoa a corrupción ensombreza o que poderia ter sido unha brillante xestión. Non imos negar que é o socio do 90% das grandes inversións contructoras en Narón, senón que llo digan ao señor "Juanito"..., o do PAzo da Cultura, TODOS sabemos que é un auténtico PELOTAZO, calqueira arquitecto técnico presuposta esa construcción na metade, É OBVIO onde van parar os cartos, e porque non dicilo, sei dalgún concelleiro amigo que podería explicar aqui moi ben ese procedemento.. en fin.
A verdadeira xente válida de TEGA, facede un favor a Galiza, formade un grupo político onde non existan os personalismos do señor Gato, onde a xente ame ao país, e non aos cartos, deixadevos que coller CORRUPTOS, e poida asi que algún día unha importante opción de centro-dereita poida callar aqui dunha vez con todas, coa CORRUPCION, TEGA durará ata o morrazo das vindeiras eleccións, anticipoche isto porque estou seguro que tes boa fé, trasancos.