Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN MANTEMENTO E COMBUSTÍBEL

Os 355 coches oficiais da Xunta custan dous millóns de euros cada ano

O presidente dispón de catro coches, vicepresidente e conselleiros dous cada un e os ex presidentes poden usar o parque móbil público.

EP - 13:28 19/10/2008

Os altos cargos e o persoal da Administración autonómica teñen á súa disposición un total de 355 coches oficiais, que supoñen ao erario público un total de 166.157 euros cada mes, cifra que inclúe gastos de combustíbel, seguros, reparación e mantemento destes automóbiles. Estes vehículos consomen 2.230 euros cada día en combustible, malia que a actual Xunta reduciu esta cifra sacando a concurso o fornezo do carburante. O novo contrato permitiu un aforro de 16.500 euros anuais pero, aínda así, o gasto en gasóleo para encher os depósitos destes automóbiles alcanzou os 814.021,97 euros en 2007.

A isto hai que sumar 579.665 euros anuais en seguros e 600.201,41 euros en mantemento e conservación, o que supón unha media de 1.760,12 euros por vehículo. No entanto, a Xunta tamén asegura que conseguiu un aforro do 38 por cento no cambio e reparación de neumáticos.

Coches moi distintos
Posto que os coches oficiais utilízanse a diario para múltiples tarefas, tamén son diversos os tipos de vehículos que conforman o parque móbil. Así, o presidente da Xunta, os ex presidentes, o vicepresidente e os conselleiros utilizan coches de categoría A, é dicir, modelos da gama superior, como Audi A-8 ou similares. O presidente da Xunta é o alto cargo que máis vehículos ten á súa disposición, catro en total. En concreto, fontes do Gabinete de Touriño explicaron que dispón de tres Audi A-8 blindados, aínda que precisaron que de forma habitual utiliza dous, para ter sempre garantidos os traslados en caso de avería ou por exemplo, cando hai unha viaxe en helicóptero e hai que mover os coches a dous puntos distintos.

O máis recente destes vehículos foi adquirido a finais de 2007 por 430.000 euros, un custe que inclúe a blindaxe ou uns neumáticos especiais que preservan a seguridade en caso dun pinchazo, entre outros extras. A iso hai que engadir sistemas de seguridade como inhibidores, o que elevou o prezo en torno a uns 50.000 euros. Ademais, como titular da Xunta, Touriño conta cun A-6, que se utiliza para dar cobertura a necesidades diversas da residencia oficial de Monte Pío, como é o caso de trasladar á esposa do presidente galego, Esther Cid, cando ten que acudir a actos oficiais e, por diversas razóns, non pode trasladarse no mesmo vehículo que o seu marido.

Pola súa banda, tanto o vicepresidente autonómico, Anxo Quintana, como os conselleiros dispoñen de dous vehículos cada un, tamén para garantir a movilidad en caso de avería ou de que haxa que trasladar os coches a puntos distintos. No caso dos ex presidentes do Goberno galego, un dos dereitos cos que contan unha vez que abandonan o cargo é dispoñer dun coche do parque público de categoría A con carácter vitalicio, sempre que se despracen a un acto oficial.

Os automóbiles de categoría B, berlinas de tipo medio, como poden ser o Citroën C-5 ou o Volkswagen Passat, prestan servizo aos secretarios e directores xerais das distintas consellerías. O resto de coches do parque móbil correspóndese con utilitarios e vehículos especiais, de reparto na maioría dos casos.

Oitenta condutores
O parque móbil da Administración galega integrado por 355 coches oficiais presta servizo a altos cargos e persoal da Xunta, ademais da os ex presidentes autonómicos e diversos organismos, como o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a Fiscalía, os xulgados, o Consello Consultivo de Galicia, o Tribunal Galego de Defensa dá Competencia, o Consello Galego de Relacións Laborais ou o Consello da Cultura Galega.

En canto aos choferes, o Goberno galego conta cun persoal de 80 condutores, quen, ademais de vestir o uniforme reglamentario, están obrigados a "gardar a máis absoluta reserva na prestación do servizo", segundo recolle a normativa.


3,29/5 (7 votos)


Comentarios (19)

Leopardi #1 19/Outubro/2008 Leopardi
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Por unha vez na historia, Galiza é pioneira en entrar na nova era do capitalismo: a era da cleptocracia con adornos florais nacionalsocialistas.

Vakaloura #2 19/Outubro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Toma crise! Atópase Galiza para istes dispendios?

teixugo #3 19/Outubro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Citroën C6

pruebasa #4 19/Outubro/2008 pruebasa
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

O artigo ten boas intencios... pero quedase corto noon conta co gasto maior e os soldos dos choferes e dos complementos e dietas dos mesmos e mais os dos transportados... casi na'a! os chupoteros da xunta salen caros amigiños.... (enriba no dan un palo al auga...)

-Xavier #5 20/Outubro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

No parágrafo 5 do artigo, onde diz "tamén para garantir a movilidad" deveria dizer "tamén para garantir a mobilidade", com -b- e com -e final, porque "movilidad" é puro Espanhol.

Desculpem-me polo apontamento, mas a língua é muito importante, mais ainda num meio de comunicação. Aproveito para dar os meus parabéns polo excelente uso da língua em VIEIROS, embora eu apanhe mais de dous erros alguns dias (como este domingo), o que comparado com outros meios galegos, ou pseudogalegos, é bastante pouco.

Saúde e reflexão. Errar é humano. Vieiros é humano. ;-)

Da notícia... que querem que comente? Não sei estimar se são muitas despesas ou se é o habitual nestes casos. É lógico que os/as nossos7as representantes tenham que ter como deslocar-se oficialmente, sejam do BNG, do PSOE ou do PP, e que seja com a necessária segurança. O pior é o caso da monarquia, que, sem ser escolhida polo povo, tem umas despesas acho que maiores. Convido a redação de VIEIROS a fazer um artigo similar sobre as despesas da monarquia espanhol e inclusive sobre o que gasta o Estado português na respectiva monarquia portuguesa "na bancada", que também recebe embora não reine (se é que ainda não o fizeram).

Xabi1 #6 20/Outubro/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Pero, non quedaramos en que, según o Presidente Touriño, este ía ser o Ano do Transporte Público?

outrolector #7 20/Outubro/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Iso é unha AUTENTICA VERGOÑA. E moitos dos condutores uns necios conectados ao "ralentí permanente para que funcione o climatizador e non enfrie o motor". Seguro que lles deu consellos nese sentido Pachi, o de "medio ambiente". A vivir, a gastar e a contaminar, que son dous días...

tinho #8 20/Outubro/2008 tinho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

CRISE, quem dixo crise, a istes individuos nom lhes debe afectar nadinha a maldita crise

mansdodemo #9 20/Outubro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Temos que apretar todos o "cinto",comenzando polos políticos que deberan dar exemplo de honestidade.

OBSERVADOR #10 20/Outubro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Xavier, não te fizeram caso com isso da "movilidad"...

OBSERVADOR #11 20/Outubro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

E digo eu, como é que com tanta "movilidad" (355 automóveis!) o governo galego consegue aparecer como a cousa mais imóvel que existe?

Onde está a tal "movilidad"? É só cara Madrid?

Xabi1 #12 20/Outubro/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Aos que moveron "ben" foron aos comentaristas da Radio Galega, entre eles Xusto Beramendi, que, en principio, non era sospeitoso aos ollos do Nacionalismo Trunfante.
Algo muda na Galiza. Para pior. Porque despois da que cae, do sectarismo imposto, do gasto e da colocación de amigos/as, a ver quén vota "Progreso". Vou-me facer anarquista.

-Xavier #13 20/Outubro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

OBSERVADOR #10:

Pois não. E isso que fui enfiando as palavras diplomaticamente. Um nunca sabe como podem ser percebidas. Mas pronto, quem sai prejudicada é a língua e a forma em como agimos a respeito dela.


Xabi1 #6 escreve "Pero, non quedaramos en que, según o Presidente Touriño, este ía ser o Ano do Transporte Público?"

Pois, precisamente por isso. Ou achas que a "movilidad" esta de que fala a notícia é de transporte privado? É mesmo transporte público. "I tant", que diriam na Catalunya.

Saúde e reflexão.

Tudense #14 20/Outubro/2008 Tudense
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

As instituiçons têm que dar exemplo de austeridade e mais ainda em tempo de crise. Vergonhento!!!.
Esta Junta aumentou a despesa corrente relativamente ao PP, há que estar alerta e começar a criticar a estes que enseguida se vam crer os donos do país como os do PP em tempos de Fraga.
Para que quer Torito quatro carros?, nom entendo nada, ademais há que usar Citröen, preferivelmente Picasso que som os que se fabricam aqui.
EXEMPLO DE AUSTERIDADE POR FAVOR!!!!!!!!

Barcelos #15 20/Outubro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

355 x 2.000.000 = 710.000.000 de euros ao ano.

A cantidade de cousas que se poderían facer neste país.

Vakaloura #16 21/Outubro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Cando o 15% dos Gales@s se atopan na solaina da pobreza extrema eu sigo a considerar que isto é un despilfarro e unha falla de solidariedade co povo. Pero iste non era un governo de esquerdas? Pois se chega a ser de dereitas!! Cando milleiros de familias galegas están hipotecadas até a súa xubilación e nos atopamos diante dista república bananeira, as bágoas esbarran pola faciana sen trégola.
O que máis me doe é que algúns Conselleiros e Altos Cárregos; con parque móvil oficial; non fai moito tempo berraban: “Galiza ceibe, poder popular”. Agora, fallóulles a memoria. Que máis cedo que tarde o poder non ten ideoloxías. Sinto ter que dicilo tan craro: ¡Sodes noxentos! Pois viaxade menos e governade un chisquiño. Penso que Galiza era merecente doutros políticos. Di algún que; tod@s coñecemos; que non naceu para ser can. Moi ben, pois se chegas a estar máis domesticado admitímoste como animal de compaña. Aínda que, persoalmente non me fiaría. Nunca chegarei a entender porque Galiza non pode ter un governo de esquerdas e solidario…¿ou si?

Vakaloura #17 22/Outubro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Repito: Toma crise! Atópase Galiza para istes dispendios?
Si Sr. Méndez Romeu vai para Vde. que prohibiu discutir isto por razóns de seguridade. A Vde. perdeo a soberbia dos socialistas. Vde. non é quen para prohibir discrepar. Xa tod@s sabemos que lle é doado enviarlle a policía a todo aquel que discrepa. Pois eiquí me ten desarmado e de brazos cuzados. Claro que como Fraga facía istes derroches, o governo da actual Xunta tamén se cre con dereito a facelos. E saiba que discrepo porque estou no meu dereito coma cidadán galego e porque me da a gana. Vai prohibir que os cidadáns opinen? Pois saiba que o povo é quen máis ordea. Exprícome?

HumorGalego #18 23/Outubro/2008 HumorGalego
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Frente de Libertaçom do Grelo
http://br.youtube...

Novo clima galego
http://br.youtube...

O coitelo antiespanholista
http://br.youtube...

Un galego en Madrid
http://br.youtube...

HumorGalego #19 23/Outubro/2008 HumorGalego
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Frente de Libertaçom do Grelo
http://br.youtube...

Novo clima galego
http://br.youtube...

O coitelo antiespanholista
http://br.youtube...

Un galego en Madrid
http://br.youtube...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: