O republicano define ao candidato demócrata como "unha figura transformadora".
O ex secretario de Estado de Estados Unidos Colin Powell anunciou este domingo hoxe o seu apoio ao candidato demócrata á Casa Branca, Barack Obama, ao que describiu como unha "figura transformadora" con capacidade para ser un "presidente excepcional". Nunha entrevista concedida ao programa "Meet the Press" da cadea NBC, Powell explicou que ambos candidatos están preparados para ser presidente, pero, subliñou, o senador afroamericano é máis adecuado para gestionar os problemas económicos do país e mellorar a imaxe de EE.UU. no mundo.
Powell expresou a súa decepción polo xiro negativo que ao seu xuízo deu a campaña do candidato republicano, John McCain, con duros ataques contra o senador Obama. Powell tamén criticou a decisión de McCain de elixir á gobernadora de Alaska, Sarah Palin, como candidata á Vicepresidencia, porque non cre que estea preparada para substituír ao senador se fose necesario.
O ex xefe da diplomacia estadounidense afirmou que Obama "acandou o estándar para ser un líder exitoso, un presidente excepcional" pola súa capacidade de "inspirar, polo principio de inclusión da súa campaña e porque se achega a todos os estadounidenses". "Creo que é unha figura transformadora, el representa unha nova xeración que chega ao escenario mundial, ao escenario de Estados Unidos, e por esta razón votarei polo senador Barack Obama", dixo Powell.
Para McCain, o anuncio de Powell non é unha sorpresa, dado que se rumoreaba desde fai tempo que o ex secretario de Estado podería dar o seu respaldo a Obama. Powell foi secretario de Estado co presidente George W.Bush entre 2001 e 2005, e desempeñou varios cargos de mando no Exército de Estados Unidos.
Redactores/as de Vieiros. Penso que ultimamente se apreça uma deriva negativa a respeito do correcto uso da língua nas suas notícias. Alguns exemplos podemos topa-los nesta mesma:
"anunciou este domingo hoxe o seu apoio"
"é máis adecuado para gestionar os"
""acandou o estándar"
Penso que talvez Vieiros devera prestar mais atenção à correcção linguística.
Desde tudo o respeito.
Um republicano apoiando um democrata? Isto é umha merenda de negros!
Concordo 100% co primeiro comentario de ANGR.
Ademais non podo "valorar ese comentario" dende o Firefox (Mozilla/5.0 (Windows; U; Windows NT 5.1; gl-ES; rv:1.9.0.3) Gecko/2008092417 Firefox/3.0.3), e coido que teño o navegador configurado e "preparado para a vida moderna"
... E Obama já anunciou que contava com ele para secretário de defesa. Interessante, não é?
Continuam os cans (dobermann); mudam os colares; um candidato financiado pola Pepsi outro pola Coca; um polas minas anti-persoa, outro polas bombas de fragmentaçom e nengum dos dous preocupados polo Estado espanhol, porque a Sociedade Civil dessa Monarquia bananeira (da que fazem parte @s galeg@s) é incapaz de organizar-se para forçar a saída da OTAN, nem para fazer pressom para acabar co bloqueio assassino à República cubana, nem para impedir as agresons contínuas a outras democracias burguesas (que USAram o sEU sistema para aceder ao Poder). Enfim...
Eso é, que un asasino convicto (Iraque) apoie á pombiña moura só indica o perto qsue andan os partidos institucionais, ou como por fin recoñeceu Chomsky,só ha un partido, o das corporacións.
Alguén dubida dos correspondentes PPsoe? E as versións nacionais dentro do €$tado €$pañol, que boten as barbas a remollo, pois van para o mesmo buraco!
pois eu coido que Powell merece un gran respeto, pois o que fixo, representa unha democracia que non temos aco. Aco prefiren que o pais vaia o carallo con tal de que non ganen os outros. Powell cando estibo con Bush, dimitiu do seu cargo, sen existir ningunha neglixencia pola sua parte, dimitiu por non estar d´acordo coa política Bush. Se apoia a Obama é por estar convencido que é o mellor pro seu país, pois il non ha sacar ningún gavinete nin nada
De certo que os EUA merecen ser criticados e boa parta da súa cidadanía que sustenta esa forma de exercer a hexemonía planetaria pero concordo con Menan. O que vén de facer Powell é un exercicio de independencia que honra a Democracia. Se gañar Obama é posíbel que non poida facer moita mudanza por falta de cartos pero será bonito ver cómo os republicanos botan escuma pola boca.
Um santinho; "a táctica é simples, arrodeá-los e matá-los" dixo o pazifista, pouco antes de soterrar vivos nas trincheiras centos de soldados iraquis, quando o Kuwait já fora desocupado. Um santo varom!
Vexo moi "oskuro" o futuro lhanki