Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cobizan trece veces máis do que hai a repartir

De Fenosa a Amancio Ortega: 172 aspirantes a 30 mil megavatios eólicos

Industria fai público o detalle das ofertas que concorren ao concurso eólico no que se adxudicarán 2.325MW.

Redacción / EP - 09:00 23/10/2008
Tags:

A Consellaría de Innovación e Industria remitiulle ao Parlamento o listado de 172 empresas que concorren ao concurso eólico, no que as tres maiores ofertas aspiran a máis de 1.000 megawatios e só dúas destas coparían coas súas peticións os 2.325 megavatios que se repartirán no proceso.

A maior potencia cobizada asínaa Novas Enerxías de Occidente, que aspira a 1.200 megawatios que se repartirían en máis de trinta novos parques eólicos. Séguelle Norvento Eólica (1.065,3 MW), que tamén pretende 202 MW a través de Norvento S.L; Unión Fenosa Renovables (1.050,8 MW), Enervento Galicia (964 MW) e Gaelic Wind S.L. (820 MW). En total, estas cinco xa suman 5.000 MW, o 16,7% da potencia total das 172 ofertas do proceso: 30.501 megavatios, case 13 veces máis da potencia que repartirá a Xunta no concurso.

Capital Energy, participada por Amancio Ortega; Inverabán Gestión de Inversiones, de Jacinto Rei, Epifanio Campo e Manuel Jove; ou Andavia, da que forma parte Coren, Copasa e Gadis, están tamén entre as maiores ofertas, todas elas por riba dos 600 MW. Martinsa-Fadesa pide 189. Tamén aspiran a muíños Endesa, Vieyra Enerxía Galega, Enerxías Renovables de Fisterra S.A., Enerxías Renovables de Galicia S.A., Fisterra Eólica S.L. e Enervalor Naval S.L. Noutro estremo, diversos concellos piden pequenos parques eólicos: Arbo, Carballeda de Avia, Carral, Coirós, Meira, Ordes e Riós.


2/5 (4 votos)


Comentarios (4)

Espasende #1 23/Outubro/2008 Espasende
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

As denuncias da FPG ó plan eólico.

http://frentepopulargalega.org...

Troita_de_pe #2 23/Outubro/2008 Troita_de_pe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E Adega non ten nada que dicir a tal desfeita ecolóxica? Por qué o BNG exclúe da comisión de avaliación á Consellería de Medio Ambiente?
Qué hai detrás de tanto megawatio galeguista?

xoca #3 24/Outubro/2008 xoca
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Algúns non son capaces de mirar-se para o embigo, so ven a palla no ollo alleo pero a viga no seu próprio ollo de nengunha maneira.

Recomenda-se: Conciéncia, responsabilidade, ética, honradez, ...

barravaite #4 25/Outubro/2008 barravaite
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

oxalá as empresas eléctricas de fóra non lles outorguen potencia eólica no concurso ou se a levan sexa só testemuñal. Os recursos eólicos galegos deben ser explotados por empresas galegas, que xeran empregos no país dende a promoción ata o plan empresarial que levan aparellado. Fóra Iberdrola, Endesa, Fenosa e esoutras empresas que só veñen aquí a explotar os recursos, contratar todos os servizos e produtos fóra e tributar en Madrid, Bilbao, etc.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: