Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Encontro co embaixador

Un "pobre alcalde de pobo" que pide por Zapatero diante dos EUA

No debate da incerteza sobre a presenza ou non do goberno español no cumio do G20 a finais de ano, desembarcou Orozco esta semana "con toda a humildade do mundo".

Redacción - 16:30 24/10/2008

"Con toda a humildade do mundo dun pobre alcalde de pobo, faga todo o que poida para que España tamén estea representada nese foro do mes de novembro que se vai celebrar no sei país". Así se dirixiu o alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, ao embaixador dos Estados Unidos no Estado español, Eduardo Aguirre, durante unha xuntanza este xoves.

"Sabemos do interese do seu goberno de Europa e de España por poder solucionar esa crise", aclaroulle o rexedor lugués a Aguirre, ao tempo que apelaba ao diplomático a prol do convite polo que turra esta semana o executivo español liderado por José Luís Rodríguez Zapatero. Na web da COPE poden escoitar o audio da intervención.


1,75/5 (12 votos)


Comentarios (13)

alpabarda #1 24/Outubro/2008 alpabarda
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Este Orozco e quen de representar a faceta máis acomplexada do pobo galego. Primeiro se apresenta como probe alcalde. Nin probe nin rico, tí es un electo popular e con dignidade debes representar os que te votaron. Se non sabes ser un representante popular, marcha para casa. Pide por Zapatero, a nós que nos den polo cú. PERO, ESTOS POLITICOS SON SUBNORMAIS OU PENSAN QUE SOMOS SUBNORMAIS. ME DECANTO POLA SEGUNDA OPCIÓN. ¿SEREMOS QUEN DE VOTAR NAS VINDEIRAS ELEICIÓNS OU DEBEREMOS APOSTAR POLA ABSTENCIÓN ACTIVA?

piugo #2 24/Outubro/2008 piugo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Orozco non debe de ser mal tipo pero ten tantos complexos. Con todo, teño a convicción de que non o fixo a mal; e que é así! un pobre homiño que non dá para máis. Dende logo, ten que saír da política dunha vez, que é un mediocre perxudicial para os intereses galegos.

trasancos #3 24/Outubro/2008 trasancos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lembrádesvos de cando Josep Piqué recibira a Bush no aeroporto e lle fixera unhas reverencias do estilo das que Dartagnan e os tres mosqueteiros lle facían ao rei de Franza. Pois isto igualiño. Orozco, Lugo, non merece que vaias dando esa imaxe de pailán acomplexado polo mundo adiante.

http://www.terra-galega.org

vilaespesa #4 24/Outubro/2008 vilaespesa
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Así andamos, chorimicando que é o pior que se pode facer, quen se humilla ata ese extremo non debe representar a un concllo,pois está humillando a tódolos lucenses
http://feneconcello.blogspot.c...

FROUXEIRA #5 25/Outubro/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Non ten isa "HUMILDADE" con quen a debe ter, que é o BNG, para ter unha acción de goberno estable.
É penoso, un alcalde axionllandose ante os EEUU e non ante o seu pobo, ao que trata pouco menos que de idiota.
Si se fora para a sua humilde casiña gañabamos máis.

Sheamais #6 25/Outubro/2008 Sheamais
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

E logo este "pobre alcalde de pobo" pretenderá valerse do estatudo de grandes cidades para cando lle conveña (non me lembro se Lugo xa o ten ou non) mais suopoño que se non o fixo non tardará en seguir o camiño de Vazquez na Coruña e Irisarri no Ferrol...

Hermerico #7 25/Outubro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Aparte de corrupto, pedante e prepotente, é um imbécil. Bom, é do PSOE.
Um palhasso mais do nacionalismo espanhol, do coro de lambecús que estes dias pretendem convencernos da "injustiça" que umha potência de segundo ordem, um estado fracasado e inviável como o espanhol tenha que ser chamado ao g-ostias para decidir o "novo" conto que nos vam contar.

Gaviotero #8 26/Outubro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Gaviotero #9 30/Outubro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Hala, valoradlo mal de nuevo...¡jajaja!

Jajaja...como les jode a los bloqueiros estar a verlas vir en Lugo sin chupar del presupuesto público. Pues nada, nada, a seguir así.

Por cierto, Orozco, ni a ti ni a ZP os van a hacer ni p... caso.

Tendría que ir el Virrey de Allariz para crear un nuevo orden mundial...¡jajaja!

UnDeTantos #10 31/Outubro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Gaviotero,eu dígocho polo teu ben. Antes eras pedante e soberbio,agora convertícheste nun mero bufón. Como inimigo perdiches os teus rasgos característicos. Cada comentario teu decepcióname máis,nunca o esperaría de ti :(

ecoe #11 1/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O Padre Orozco (!!) é ben noxento de por sí mesmo, filias e fobias (tenas aa moreas) aparte.

ecoe #12 2/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

E si o santo monárquico froilán non lle foi propicio, que vaia a Faátima, por si as miragres!

Maiakovsky #13 3/Novembro/2008 Maiakovsky
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pobre é, mais pobre diablo...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: