Anxo Quintana convida aos xornalistas a inspeccionar o coche oficial logo de que o PPdeG asegurase que había altos cargos con neveiras de seis mil euros nos seus automóbil.
Hai coches en San Caetano con “bochinche-móbil”? As dúbidas quedaron sementadas logo de que a deputada conservadora Susana López Abella asegurase que hai “altos cargos que dotan con neveiras de máis de seis mil euros o automóbil oficial”. Aínda que a parlamentaria chantadina non falou directamente do vicepresidente, Anxo Quintana retomou este venres a polémica. O líder do Bloque retou ao PPdeG a entrar no seu coche oficial e buscar a “minitaberna”.
Logo da liorta parlamentaria, Quintana convidou os xornalistas a entrar no coche oficial para verificar as súas palabras. Do maleteiro sacou unha neveira de supermercado para arrefriar auga. Segundo Vicepresidencia, o frigo costou 15 euros.
ah, vaia, quintana e lópez abella xuntos nun mesmo contexto dialéctico... parece cousa de sorte para os oportunos testigos coñecendo a estatura intelectual e a sagacidade de ambos, polo que boto de menos non ter presenciado o rifirrafe e suxiro que alguén máis capacitado ca mín ( p.e. suso de toro, ahora que non podemos contar con sir anthony burgess ) poña a traballalas neuronas para axilizar un guión cinematrográfico basado neste refrescante asunto a fín de glosar para as vindeiras xeracións este despropósito donde se ensiña ben as craras en que gastan tempos e talentos os electos da famosa e democrática vontade popular galega.
Como convecinho da Abelha só podo dicir que sinto vergonha de que sexa de Chantada.Baltar a dona non tem sagacidade o que fai e berrar e non deixar falar á jente ,ises som os seus argumentos retóricos.Lembro cando andaba repartindo nos donuts,logo o seu paso por Radio Faro e a súa ascensión meteórica de concelheira de cultura cobrando 283000 pelas pela súa adicación exclusiva (sim nun concelho coma o de Chantada)todo um símbolo de honradez política.Por certo,o do seu currículo de estudos em dereito,que é da UNED ou é de estudar de pe???
Xusto o mesmiño que faciades vós cando estabades no poder. Alguén lembra canto gastara Fraga no seu carro blindado? O das neveiras non ten sentido. Ás putas gústanlle os refrescos nun restaurante de luxo, non nun coche oficial.
Que faría baltar69 no caso do señor Quintana? Daríalle un biquiño á señora Abella? É vostede bastante despectivo. Ignoro a súa estatura intelectual e a súa "sagacidade" -calidade que non pinta ren aquí-, mais, meter berzas e zaptos na mesma pota non parece axudar moito á clarificación dos infundios.
Estou plenamente de acordo con Inxel.
Quintana fixo moi ben en responder deste xeito, deixando coma uns insidiosos os do PP. Queda así demostrado o seu xogo suxo, arteiro e mesquino. Non coñecía a esa señora de Chantada do PP pero xa se ve que dá o nivel: o nivel da demagoxia pura e dura.
Parabéns a Quintana por desenmascaralos!
O que subxace nas acusacións do PP, e non so no da Sra. Abella, é que eles estan molestos con que "outros" usen os coches oficiais, pois eles teñen o concepto de que son os "donos do poder" e consideran que alguen lles está ocupando o que é deles.
No sei que ten de malo ter unha neveriña no carro... eu tamén a levo... sáen-me máis baratas as bebidas si as merco no super que si ando a parar nas cafeterías.
Unha neveriña.....é o menos que pode ter Quintana.Cousas pequeniñas que non van a ningures.¡Deixémonos de parvadas,e afondemos noutras cousas maís importantes!.
Nadiña que non poidera arranxar mister Trucarro, perdón o Sr. Johann Grinm. E non sería iste o que lle deu para adiante ao conta quilómetros do A-8 do Sr. Touriño?. Polo demáis, moi ben feito o do Sr. Quintana. O camiño demóstrase andando e deixando co cú ao ar aos mentireiños do PP. Pero coidadiño, Sr. Vice, que o PP é capaz de contratar ao Trucarro iste para montarlle unha boa falcatruada.