Escribimos isto cando o xuízo quedou visto para sentenza. Falamos do xuízo dos mozos acusados de acosar e queimar viva a María Rosario Endrinal, unha indixente que durmía nun caixeiro en Barcelona.
Algo chama a atención en todo o proceso: a ausencia de algo parecido a un real, nítido “acto de contrición” no sentido máis clásico do termo. Diante dun feito tan abominable parece moi pouco “sentido” e nada proporcionado á ignominia e a gravidade dos feitos, dicir, simplemente, que se pide perdón polo acontecido, porque só se quería molestar á muller e, digamos, experimentar co seu sufrimento, pero “non matala”.
Porque, por moito que para a Xustiza non sexa indiferente o desenlace dos feitos, hai algo máis profundo e grave có resultado mesmo e é a actitude de crueldade, a posición de predominio, o sentimento (chamémoslle fascista, por analoxía) de quen se pensa capaz e lexitimado para dispoñer da vida e da dor dos débiles, dos derrotados, dos que simplemente sobreviven sen teito e sen futuro.
Ese cancro é o que habería que tratar entre todos, tamén polos tribunais. E se a agravante non existe, deberiamos incluíla no código penal: o recrearse na dor inflixido aos desvalidos. Ou en expresión afortunada da fiscal: “o desprezo a quen non é tan afortunado coma un”.
Feitos coma ese son unha alarma. Hai entre nosoutros persoas novas, máis ou menos satisfeitas e aburridas, nas que ninguén, persoa ou institución, foi quen de sementar a humanidade, o gozo da solidaridade, o respecto sagrado pola dor dos pobres ou ese elemental e esquecido “quererse ben uns aos outros, comezando polos febles”.
Discutindo de galgos e podengos, os cristiáns confesionais nostálxicos e os ateos de dogmática militancia, libran unha batalla aburrida. O futuro xógase, máis ben, neses corazóns a monte, neses humanos mutantes vacinados contra a compaixón. Por certo, serían de “relixión” ou de “alternativa”?
Cós fietos de Barcelona acontece coma noutros no resto do país, cando estás bestas (co perdón das de catro patas) din no xúizo "o fixemos aínda non fomos quen de pensar do dano que estabamos a producir" és una verba mentireira que para mal da xusticia e de todos nos, os tribunais están á aceptala, e así inos indo.
Para criticar os compañeiros eonaviegos, esta mensaxe túa está chea de erros por todas partes; cós, fietos, no resto (do), estás, xúizo, o fixemos (fixémolo), és, verba (mal utilizado o significado en galego), una???? (unha), xusticia (xustiza), nos (nós), á, inos, etc.
Fillo, para dar consellos non estás desde logo.