En época de crise financeira, cando moitos facemos preguntas como: u-la voz da esquerda? Non hai outro punto de vista? Refundar o capitalismo ou cambialo dunha vez?....vénnos ben reflexionar autocriticamente con Frei Betto sobre que é ser de esquerda, sobre como mantermos a tensión utópica e sobre como ser cristián de esquerda, sen deixar de preguntármonos,... pero pódese realmente ser cristián doutra maneira?
1. MANTEÑA VIVA A INDIGNACIÓN
Verifique periodicamente se vostede é realmente de esquerda. Adopte o
criterio de Norberto Bobbio: a dereita considera a desigualdade social tan
natural como a diferenza entre o día e a noite. A esquerda enfróntao
como unha aberración que debe ser erradicada.
Coidado: vostede pode estar contaminado polo virus socialdemócrata, que presenta como
principais síntomas os de usar métodos de dereita para obter conquistas de esquerda
e, en caso de conflito, desagradar os pequenos para non quedar
mal cos grandes.
2. A CABEZA PENSA ONDE OS PÉS PISAN
Non se pode ser de esquerda sen "ensuciar" os zapatos alá onde o pobo
vive, loita, sofre. Alégrate e comparte as súas crenzas e vitorias. Teoría
sen práctica é facer o xogo á dereita.
3. NON SE AVERGOÑE DE CRER NO SOCIALISMO
O escándalo da Inquisición non fixo que os cristiáns abandonasen os
valores e as propostas do Evanxeo. Do mesmo xeito, o fracaso do
socialismo no leste europeo non debe inducilo a descartar o socialismo
do horizonte da historia humana.
O capitalismo, vixente hai 200 anos, fracasou para a maioría da
poboación mundial. Hoxe, somos 6 billóns(*) de habitantes. Segundo o Banco
Mundial, 2,8 billóns sobreviven con menos de dous dólares por día. E 1,2
billóns, con menos de 1 dólar por día. A globalización da miseria non é
maior grazas ao socialismo chinés que, malia os seus erros, asegura
alimentación, saúde e educación a 1,2 billóns de persoas.
4. SEXA CRÍTICO SEN PERDER A AUTOCRÍTICA.
Moitos militantes de esquerda cambian de lado cando comezan a buscar
o piollo na cabeza de alfinete. Apartados do poder, tórnanse amargos e acusan
aos seus compañeiros(as) de erros e vacilacións. Como di Xesús, vemos a palla no ollo do outro, pero non a viga no propio. Tampouco se enganchan para mellorar as cousas. Quedan como simples espectadores e xuíces
e, algúns, son captados polo sistema.
A autocrítica non é só admitir os propios erros. É admitir ser
criticado polos(as) compañeiros(as).
5. SAIBA A DIFERENZA ENTRE MILITANTE E "MILITONTO"
"Militonto" é aquel que presume de estar en todo, participar en todos os
eventos e movementos, actuar en todas as frontes. A súa linguaxe está chea
de explicacións e os efectos das súas accións son superficiais.
O militante profunda os seus vínculos co pobo, estuda, reflexiona,
medita; valora de forma determinada a súa área de actuación e actividades,
valoriza os vínculos orgánicos e os proxectos comunitarios.
6. SEXA RIGOROSO NA ÉTICA DA MILITANCIA
A esquerda actúa por principios. A dereita, por intereses. Un militante
de esquerda pode perder todo, a liberdade, o emprego, a vida. Menos a
moral. Ao desmoralizarse, desmoraliza a causa que defende e representa. Préstalle un inestimable servizo á dereita.
Hai arribistas disfrazados de militante de esquerda. É o suxeito que se engancha apuntando, en primeiro lugar, ao seu ascenso ao poder. En nome dunha
causa colectiva, busca primeiro os seus intereses persoais.
O verdadeiro militante - como Xesús, Gandhi, Che Guevara - é un servidor,
disposto a dar a propia vida para que outros teñan vida. Non se sente
humillado por non estar no poder, ou orgulloso ao estar. Non se confunde
coa función que desempeña.
7. ALIMÉNTESE NA TRADICIÓN DA ESQUERDA
É preciso a oración para cultivar a fe, o agarimo para nutrir o amor da
parella, "volver ás fontes" para manter acendida a mística da
militancia. Coñeza a historia da esquerda, lea (auto)biografías, como
o Diario do Che en Bolivia, e novelas como A Nai, de Gorki, ou As
uvas da Ira, de Steinbeck.
8. PREFIRA O RISCO DE ERRAR COS POBRES A TER A PRETENSIÓN DE ACERTAR SEN ELES
Convivir cos pobres non é fácil. Primeiro, hai a tendencia de idealizalos.
Despois, descóbrese que entre eles existen os mesmos vicios
atopados nas demais clases sociais. Eles non son mellores nin peores que
os demais seres humanos. A diferenza é que son pobres, ou sexa, persoas
privadas inxusta e involuntariamente dos bens esenciais da vida
digna. Por iso, estamos á beira deles. Por unha cuestión de xustiza.
Un militante de esquerda xamais negocia os dereitos dos pobres e sabe
aprender con eles.
9. DEFENDA SEMPRE O OPRIMIDO, AÍNDA QUE APARENTEMENTE ELES NON TEÑAN RAZÓN
Son tantos os sufrimentos dos pobres do mundo que non se pode esperar
deles actitudes que tampouco aparecen na vida daqueles que tiveron
unha educación refinada.
En todos os sectores da sociedade hai corruptos e bandidos. A diferenza
é que, na elite, a corrupción faise coa protección da lei e os
bandidos son defendidos por mecanismos económicos sofisticados, que permiten
que un especulador leve unha nación enteira á penuria.
A vida é o don maior de Deus. A existencia da pobreza clama aos
ceos. Non espere xamais ser comprendido por quen favorece a opresión dos
pobres.
10. FAGA DA ORACIÓN UN ANTÍDOTO CONTRA A ALIENACIÓN.
Orar é deixarse cuestionar polo Espírito de Deus. Moitas veces deixamos de rezar
para non oír a chamada divina que nos esixe a nosa conversión, isto
é, o cambio do rumbo na vida. Falamos como militantes e vivimos como
burgueses, acomodados nunha cómoda posición de xuíces de quen loita.
Orar é permitir que Deus subverta a nosa existencia, ensinándonos a amar
así como Xesús amaba, libremente.