Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
As furtadelas

Parabéns a quen naceu dando vida

Parabéns aos proxenitores de Javier, primeiro meniño nacido no estado español por solidariedade xenética, parabéns ao seu irmán e a el, que naceu dando e para dar vida. Parabéns desde a Bioética e desde a Teoloxía Moral Católica.


(Artigo traducido de Relixión Dixital)

Juan Masiá Caravel, teólogo - 20:23 24/10/2008
Tags:



Non se debería chamar a este procedemento “selección”, palabra que suxire elixir uns e excluír outros. É mellor falar de “solidariedade xenética”.

Hai que tranquilizar ao pai e á nai, se alguén lles di que non é eticamente correcto. As expresións desafortunadas dalgunhas instancias relixiosas, que dixeron de xeito errado que iso é “sacrificar a un irmán para salvar a outro” e que se opuxeron, entre outras cousas, á lei de reprodución asistida, deron con iso mostra da súa ignorancia tanto teolóxica como ética.

Non se sacrificou a ninguén, nin se seleccionaron unhas persoas (os pre-embrións non o son aínda), nin se discriminou ou excluíu a ninguén. Simplemente se deu luz verde a un dos óvulos fecundados, tras o debido diagnóstico pre-implantacional, para que fose implantado e entrase no proceso de chegar a ser persoa, unha vez consumado o proceso constitutivo dun novo ser humano ao longo da interacción embrio-materna durante as semanas seguintes (entre a terceira e oitava aproximadamente).

Hoxe, transcorrido normalmente o proceso de xestación, a compatibilidade xenética dese acabado de nacer, ademais da alegría dunha nova vida, trae ao mundo a esperanza de dar vida.

O cardeal Albino Luciani (o Papa Juan Pablo I, que soamente sobreviviu un mes no ambiente da Curia vaticana) felicitou aos proxenitores de Louise Brown cando naceu en 1978, a primeira nena por fecundación in vitro. Hoxe, a teoloxía e a bioética felicitan a Javier e Soledad e aos seus fillos.




5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: