O equipo de Lotina foi claramente superado polo equipo asturiano, que deu unha lección de orde e aproveitou as súas ocasións.
Unha tarde soleada recibiu ao Sporting de Xixón dez anos despois da súa última visita á Coruña. Os milleiros de afeccionados asturianos desprazados até Riazor ocuparon o seu lugar media hora antes do inicio do partido e non pararon de animar até que as abandonaron. O partido comezou cos dous equipos medíndose, e houbo que agardar até o minuto nove para ver unha ocasión de gol, cunha entrada do Sporting por banda dereita, que non conseguiu rematar Barral.
A xogada pareceu animar aos locais, que dende entón subiron as súas liñas e puideron marcar varios goles a través de Guardado, que non aproveitou un balón morto dentro da área sportinguista, resultado dun claro erro na defensa asturiana.
Acto seguido os asturianos deron o seu primeiro golpe, ao provocar David Barral un penalti cometido por Albert Lopo. O propio Barral encargouse de materializalo enganando a Aranzubia. O Deportivo non se repuxo e cinco minutos despois chegou o segundo gol dos visitantes, froito novamente dunha internada pola banda dereita. Barral recibiu un bo pase de Diego Castro e colocou un perigoso balón entre a defensa e o porteiro que remachou Carmelo no segundo pau.
A partires de aí, o Sporting dominou con comodidade o encontro, mentres que os de Miguel Ángel Lotina teimaron en balóns largos entre os centrais asturianos buscando a Riki, que estivo moi só toda a primeira parte. Para mudar esta situación Lotina decidiu introducir a Juán Carlos Valerón substituíndo a Pablo Álvarez no minuto 37.
No 43 chegou outro momento clave, cando o árbitro expulsou ao central deportivista Diego Colotto por cometer unha falta a Barral cando era o último home da defensa coruñesa.
No comezo da segunda parte o Deportivo subiu as súa intensidade e meteuse no campo do Sporting, que aguantou os ataques locais xuntando as súas liñas e saíndo con moito perigo ao contragolpe. O porteiro local, Aranzubia, tivo que salvar dúas accións, nos primeiros 20 minutos da segunda parte, nas que viu como dianteiros asturianos aparecían na súa área totalmente sós e dispostos para marcar. O Deportivo acusou o esforzo de xogar cun home menos e foi baixando o ritmo de xogo paulatinamente, até permitir que Diego Castro rachara o partido de forma definitiva no minuto 38, ao acadar o terceiro e definitivo gol do Sporting. O equipo que dirixe Lotina baixa até a 12º posición, e prepárase para o partido da vindeira semana ante o Betis, en Sevilla.
Canda Lotina pode marchar Lendoiro. É certo que foi o mellor presidente da historia do clube, pero hai xa anos que é unha desgracia para o equipo. Hai que apostar pola canteira urxentemente. O dépor tiña que ser quen de ter alomenos a catro ou cinco galegos de nivel no once inicial. Acaso non hai por aí rapaces con cualidades de sobra para formalos cara o futuro? Nada, aquí o máis fácil é fichar a golpe de talonario. Así nos vai.
¿Y por qué tiene que desaparecer el Deportivo?
Eu non creo que Lotina sexa o culpable. Lendoiro, si. O ano pasado estiveron coa corda no pescozo e na segunda volta metéronse en UEFA, aínda que case fose mellor non xogala, para como o están facendo.
Que curioso, Gaviotero non só é españoleiro, senón celtarra. E como bo celtarra hai que desexar o peor aos turcos do Dépor.
Estanos ben perder de cando en vez, pero tampouco temos por que desaparecer. Con vernos o ano que vén en segunda co Celta, chega. A ver si así vaise Lendoiro. E ao Depor que o patrocine o "Ocaso" ou o "Pompas Fúnebres"
este gaviotero aparte de fascista es imbecil....No metas caña con el futbol,que yo considero que es un deporte (o tendria que ser)como los demas...Hoy gano el sporting y mañana el depor,enhorabuena a los ganadores y animo a los que perdieron
Lendoiro foi e segue a ser o melhor presidente posible para o Depor.
Ou cantos de vós non houberades botado a Lotina o ano pasado??
Que o Depor está en crise?E qué clube de fútbol non o está?
Acaso preferides a un Mourinho como temos no Celta?
Por moito que nos joda que Lendoiro senha do PP...
No único que concordo convosco é no da canteira
Hoxendía, sexa por cartos ou por poder, hai moita diferenza entre clubes grandes de sempre e os demáis. Nos pequenos pode gañar calquera. De tódolos xeitos, adiante os equipos galegos!!!!
E gaviotero, a ver se desaparece o Real Madrid, que o único que fai é chupar cartos públicos dos políticos para agochar as débedas inmensas.
A cantos clubes lle recalifican terreos e lle regalan outros??
a ver cando desapareces ti Gaviotero,e cando digo desaparecer non me refiro a virtualmente. A poder ser con bastante dor,e contigo tódolos teus. E cando digo os teus non digo os que pensan coma ti,se non os teus. ;)
Aínda que vivo en Galiza fai dous anos, o meu corazón de asturiana non me deixa estar triste: PUXA SPORTING! PUXA ASTURIES!De todos os xeitos, non deixo de recoñecer que aínda que pasa por horas baixas, o depor é un gran clube (que vou dicir, se o meu marido é do Depor a morte, imaxinádevos as rifas... )
Por certo, Gaviotero, iso que dis non é de xente normal. Xente coma ti fai que o deporte moitas veces pareza cousa de salvaxes. En fin, non se lle pode pedir máis ao probe...
Lotina salvou-nos o ano passado, graças a el estamos aínda nas 3 competiçons, e este ano vai-nos volver salvar.
O que tinha que liscar era Lendoiro, o porco de pé. Leva 5 anos com muitos mais erros que acertos, e além de decisons puntuais a sua política de fundo segue a ser completamente errada. Por exemplo, o despreço à canteira é umha constante nos seus 20 anos de presidência e nom vai mudar nunca. É um choromiqueiro que mentres conseguiu cartos realizou boas operaçons, ademais de outras malas (e a costa de empufar o clube, tampouco era tam difícil). Pero já fai moito tempo disso. Agora só é um lastre que vive bem do Depor e aporta pouco ou nada. E inda por riba, facha e espanholeiro: com el, o Depor é um clube monolíngüe em castelhano (jornal deportivo, página web, megafonia, etc). E aínda hai que lhe ouvir o ritual "Europa falará galego".
SR_J non podo estar máis dacordo contigo,nós levamos chamándolle "O Porco" dende hai moitos anos.
Para a semana xogamos no canal plus,fíxate a cara que pon lendoiro en plan "Mecajondios,o ás 9 córtame a cea,se ceo antes do partido
vou pa cama con fame,e se ceo despois paso mala noite..."
(polo menos botámoslle humor,éche oque hai"
Pois a cada porco chégalle o seu San Martiño
E como estamos cerca do 10 de Novembro, o sábado máis preto de San Martiñoo, xa é bo momento para botar aos "chourizos"
"Que curioso, Gaviotero non só é españoleiro, senón celtarra. E como bo celtarra hai que desexar o peor aos turcos do Dépor"
Cheeeeeeeeeeeeeee, que dis oh! O fulano este é un carallán iso é o que é, e como tal soamente quere foder por foder. Seguramente nin sequera lle guste o fútbol.
E outra cousa, desgraciadamente moitos siareriso tanto do Celta coma do Depor verían con bos ollos a desaparición do seu inimigo. Eu estaba na Coruña o día co Celta perdeu a copa, e o dono do bar no que estaba invitounos a chapagne. Así de triste é a cousa entre galegos.