Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
PORTUGAL

Mes e medio de cadea por ter un CD pirata

O empresario Bernardo Macambira acabou no cárcere despois de non ter pagado a multa á que o condenara un xulgado.

Redacción - 11:15 27/10/2008

As leis na defensa dos dereitos de autor parecen ser moito máis duras en Portugal... ou Bernardo Macambira tivo moi mala sorte. O empresario, dono da discoteca Voice, do Porto, pasou 44 días na cadea por ter un CD pirata no seu local.

En principio, a condena imposta a Macambira era de catro meses, aínda que os seus avogados conseguiron sacalo da prisión ao mes e medio de entrar. O empresario defendérase alegando que o disco non era del, senón do picadiscos. Ao final, acabou na cadea por non ter recibido as notificacións do xulgado.

Bernardo Macambira cre que a pena foi inxusta. No ano 2000, unha das inspeccións promovidas pola Sociedade Portuguesa de Autores (SPA) atopou no seu local un CD "pirata", que en realidade era unha copia doutra gravación orixinal que tiña no local.

Seis anos despois, un tribunal portuense ditou unha condena de catro meses de cárcere contra o empresario por non ter comparecido perante a xustiza nin pagado a multa de 1,5 euros durante 290 días que se lle impuxera. Macambira asegurou que non recibira as notificacións porque mudara de casa.


5/5 (1 votos)

Comentarios (3)

Xallundes #1 27/Outubro/2008 Xallundes
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Dende logo, hai cousas sorprendentes, o poder que teñen as empresas que defenden os dereitos de autor (lexítimos) e a presión que fan nos gobernos. Deberían aprender outros sectores, se nos defenderan tan ben dos riscos dos produtos de ínfima calidade que veñen de China, por exemplo, (falo por coñecemento en primeira persoa), outro galo lles cantaría, poderían competir con eles dalgún xeito.
De calquera xeito, ridículo o, por non dicir terrorífico o tema deste home.

BonKarallan #2 27/Outubro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Eu pensaba que os ZDs pirata tiñán un kadradinho negro tapándolhe o olho.

En Portugal debe haber pouka okupazión nás kárzeres e meten a kalkera pra kumprir ko espediente X.

E o pikadiskos zeibe, bailando a samba polos mares do sur. Ke kabrón.

bcngz #3 28/Outubro/2008 bcngz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Portugal éche un país de risa cunhas leis de risa...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: