Asegura que o presidente da Xunta ten "tendencia ao luxo" e engade que ten catro coches, un deles de case medio millón de euros.
O PPdeG acusa o presidente da Xunta de gastar máis de dous millóns de euros en acondicionar o seu despacho en San Caetano. Segundo o secretario xeral do partido da oposición, Alfonso Rueda, o novo mobiliario custou medio millón de euros. Porén, non hai datos oficiais, xa que "a Xunta alega motivos de seguridade para non xustificar e detallar cando custaron as instalacións".
Segundo asegura o PPdeG, o gasto débese á "tendencia ao luxo do presidente", que o levou a modificar un despacho que "durante 16 anos si lle serviu a Fraga para gobernar Galiza". "Ao presidente da Xunta gústalle vivir ben e que os que o visiten no seu despacho saiban que así é", engade Rueda.
Outra mostra desa suposta tendencia ao luxo é que "viaxa en coches de 480 mil euros". De feito, o PPdeG asegura que Touriño ten catro automóbiles, tres Audi A8 e un A6, "e non se desfixo de ningún a pesar de que dixo que compraba o novo para substituír un moi gastado", e que en realidade non chegaba aos 200 mil quilómetros, segundo asegura Rueda. Ademais, o novo vehículo "ten a mesma blindaxe do coche oficial de Zapatero, e superior ao do resto de presidentes das comunidades autónomas".
Alfonso Rueda cualifica de "escándalo" que o presidente gaste ese diñeiro na súa comodidade persoal e "nun despacho que apenas utiliza", xa que pasa a maior parte do tempo en Monte Pío. Por iso pide transparencia por parte do Goberno para que detalle os gastos pagados pola Xunta para adecuar o despacho de San Caetano, pois "quixo ocultar o prezo da reforma convalidando a factura da mesma no Consello da Xunta".
Resposta do PSdeG
A secretaria de organización do PSdeG, Mar Barcón, contestou que o problema do PP "é que cren que son os únicos que teñen dereito a un coche oficial e a despacho". Engadiu que "16 años de poder ininterrompido en Galiza lévanos a pensar que todo o contrario é unha usurpación" e pediulle ao PPdeG que explique "o custo da viaxe do presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luís Baltar, a Bos aires e Montevideo".
Concluíu que as acusacións de rueda sobre o custo da reforma do despacho de Touriño "son unha mostra máis da inesgotábel demagoxia política na que está inmerso o PP".
o novo vehículo "ten a mesma blindaxe do coche oficial de Zapatero, e superior ao do resto de presidentes das comunidades autónomas".
Pois eu non concordo: alégrome de que o Presidente do meu país vaia tan blindado como o que máis.
no actual contexto non queda outra que apretalo cinto e así se lle fai saber á cidadanía a cada pouco, pero o nivel impositivo en forma de tasas, gravámenes ou pago de infraccións segue a supor unha sangría para o contribuínte que ve recortados os séus emolumentos por mor da crise mentras o diñeiro impostado polas autoridades segue a empregarse en actividades vergoñentas e espúreas cando non en obras descabeladas das que o común e a sociedade xeral nada ou case nada sacará en limpo. pagarlle os coches de luxo á clase política e os sillóns ben mullidos nas áreas reservadas dos restaurantes é o mesmo que pagarlle as putas o rei; si resulta que gobernar significa comportarse de esta forma, manter estes fastos propios de rexímenes dictatoriais e despóticos, máis nos vale estar sen goberno. e conste que non pretendo dar coba ao pepé, que sí ten certo sentimento patrimonial do estado e vé moi ben as pallas mentras obvia as vigas, pero si non atallamos nos o despilfarro público vámonos a cargar o sistema social que quintana dí protexer. e é que non hai para todos: non se pode nadar e gardala roupa, por que a cidadanía empeza xa a estar farta e a preguntarse cousas que até fai moi pouco eran verdades absolutas que non facía falla revelar. ollo.
Baltar ,a Abella precisa de ajudantes ,afíliate ó PP ¡¡¡¡
Señores redactores de Vieiros, a ver si se dan cuenta...
A los lectores de Vieiros no les gustan aquellas noticias que critican al gobierno nacionalsocialista, sean ciertas o no. Y menos todavía los comentarios de aquellos que valoran dichas noticias alejándose de la doctrina del Reich.
Así pues, mejoren, refinen, profundicen en el sistema de censura, eliminando directamente los comentarios de cualquier discrepante con el régimen fascista al que aspiran todos ustedes y dejen de incluir noticias que puedan desestabilizar su futuro profesional y personal atragantándoseles a los jerifaltes nacis de San Caetano.
Pois estou dacordo co sr Gaviotero nos seus anteriores comentarios-manda carallo-; a este paso este bipartito vai facer boa a etapa do sr Fraga.Vivir para ver!