Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Rompe definitivamente con Esquerda Unida

Irisarri confirma que intentará gobernar en minoría deica 2011

Logo de 16 meses de coalición progresista en Ferrol, o PPdeG volve á primeira plana e será clave na aprobación de calquera norma ou orzamento.

Redacción - 13:00 28/10/2008

O alcalde de Ferrol, o socialista Vicente Irisarri (PSdeG), anunciou este martes a ruptura da coalición de goberno con Esquerda Unida debido a diferenzas "insalvábeis", co que encabezará un goberno en solitario integrado por nove concelleiros, fronte aos catro edís de EU, os sete do PPdeG, tres de Independientes por Ferrol e dous do BNG.

O anuncio prodúcese logo de 16 meses de goberno de coalición e despois dunha semana de crise precipitada por declaracións e acusacións cruzadas entre as dúas formacións. As discrepancias xa se manifestaran con anterioridade arredor de proxectos como a reforma da Praza de Armas, a rehabilitación de Recimil ou a presenza da raíña española no aniversario da cidade.

Finalmente, a negociación dos orzamentos foi o desencadeamento dunha crise do goberno que se mostrou publicamente durante a pasada semana e que tivo como punto álxido o anuncio de Vicente Irisarri de que podería gobernar en solitario en canto aprobásese o Regulamento da Lei de Grandes Cidades. Con todo, a normativa non saíu adiante no pleno municipal deste luns, grazas á abstención de EU e o voto contrario da oposición, PP, IF e BNG.

Baixada de salarios
Ademais, Vicente Irisarri quixo deixar claro que a ruptura do pacto non se produce ante a petición de baixada salarial formulada por EU e que Iolanda Díaz presentara como un dos elementos centrais das disputas políticas.

Para demostralo, anunciou que o seu soldo, que se incrementou o pasado ano deica os 73 mil euros, reducirase dende o 1 de novembro nun 10%, e que o dos edís socialistas, un 5%, ante a situación actual de crise económica. "Non queremos que ninguén diga que viñemos aquí a enriquecernos", concluíu.

"Irisarri culpábel, non o PSdeG"
Pola súa banda, a até este martes tenente de alcalde, Iolanda Díaz, lamentou que se perda a oportunidade de "ter un goberno de esquerdas en Ferrol", e subliñou que "as políticas de esquerdas van saír duramente danadas".

Díaz responsabilizou de forma directa e persoal o alcalde, que non o PSdeG, da ruptura da coalición, e manifestou que Irisarri rexeitou os seus intentos de dialogar e abrir o goberno a políticas de esquerdas e participación cidadá.

"Lamentamos que o alcalde, que non o Partido Socialista, vaia ser, expulsando os concelleiros de Esquerda Unida, quen lle abra as portas a un goberno de dereitas na cidade de Ferrol", dixo, e recordou que EU levaba "máis dun ano pelexando" para que se reducisen as retribucións dos cargos do executivo local.


3,67/5 (3 votos)


Comentarios (10)

Longchamp #1 28/Outubro/2008 Longchamp
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa tardou Irisarri! Yolanda Díaz demostrou estes 16 meses o seu carácter dogmático e sectario (precisamente o que di Llamazares que caracteriza a IU) e un autoritarismo moi alonxado da democracia participativa que di defender.

Xustiza #2 28/Outubro/2008 Xustiza
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Que curioso eu penso que é xusto o contrario para algúns ser de esquerdas é ser dogmatico.

Gaviotero #3 28/Outubro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



tuzaro #4 28/Outubro/2008 tuzaro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

irisarri é un impresentábel!!!
http://augasceives.nireblog.co...

Atlantico #5 28/Outubro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Outro que se pensaba que era o xefe con escanos dos demáis.

alpabarda #6 28/Outubro/2008 alpabarda
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Curiosos os novos sustantivos que se usan: Dogmático e sectario.- O que defende os seus postulados e non quere pactar, porque de ser así engana os seus votantes. Yolanda defendeu neste tempo de lexislatura determinados postulados QUE LLE DEMANDAN OS SEUS VOTANTES. A eles se debe e esa actuación, para min, representa que esta muller é seria no seu traballo. Semella que o que lle leva a contraria ó PSOE é un dogmático e un sectario. MANDA CARALLO. Logo o PSOE compra tódolos medios de comunicación que, como serviles súbditos, repiten incesamente a doutrina oficial. Xa hai tempo que o PSOE me empeza a fartar en exceso. O que me sorprende e que ninguén se decate do seu malicioso e maquiavélico plan de uniformidade política

mnawe #7 28/Outubro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Cómo rematará Irisarri?:

Pactando co PP?

Na prexubilacion coma Ventura Perez Mariño?

ou no exilio coma Paco Vazquez?

E vós, qué pensades?

Anti_Lusista #8 28/Outubro/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Os de Terra Galega teñen que estar de festa. É lamentabel o de Ferrol pero a verdade e que xa non istes, tamén os anteriores, e os anteriores, e os anteriores... Unha desfeita vaia!

Gaviotero #9 28/Outubro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Dentro de unos años, los ferrolanos, como los vigueses, pontevedreses, orensanos...resolverán todas las inestabilidades que generan los mal llamados gobiernos "de progreso" (porque sólo progresan ellos...) votando con mayorías absolutas al único partido que puede darle ESTABILIDAD en Galicia a los gobiernos: el PARTIDO POPULAR.

Jejeje...va a ser divertido ver ahora a los concejales sociatillas con Irisarri al frente humillándose frente al PP. Y si no, a votar contra los presupuestos durante 3 años y a hacerles la vida imposible a los socialistas, como hicieron ellos con Corina Porro en Vigo.

Donde las dan...

Tarelo #10 29/Outubro/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estou dacordo contigo "alpabarda" no asuntos do plan maquiavélico e malicioso de uniformidade Política. O Irrisarri recurre moito a chantaxe "ou votas o que a min me convén, ou botote for a do goberno", nese sentido felicitar a EU-IU por non doblegarse. Co que non estou dacordo é ca afirmación de que Yolanda defendeu os postulados que lle demandaron os seus votantes. Ese argumento é moi recurrido com escusa dos tranpulleiros. Xa me dirás como identificas ti a quen votou unha papeleta de EU-IU na urna. Podes daret conta de 2 ou 3, pero tantos votos é imposible identificalos con nomes e apelidos.

Eu, penso que EU-IU, repito EU-IU (non Yolanda), deberon rachar o pacto antes que Irisarri. Non deberon acceder ás chantaxes de Irrisarri e votar en contra do pelotazo da Praza de Armas e do Regulamento de Grandes Cidades, non abstere, como covardes e temendo que Irisarri os botase do goberno.

Polo demáis penso que, se non rachara Irisarri (PSOE), tarde ou temprano debera facelo EU-IU de Ferrol. Que de cara ó electorado EU-IU de Ferrol, sale beneficiado desta ruptura, pois seguir no goberno pregandose a Irisarri ou ca extratéxia da abstención, faríalle perder moita credibilidade ante o seu electorado. Por outra banda penso que Yolanda non debera ser a cabeza de lista das vindeiras eleccións municipais. O/A cabeza de lista debera sair de entre os/as militantes de EU-IU Ferrol que dende sempre estiveron contra o pelotazo da praza de Aramas ou do regulamento de Grandes cidades.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: