Os dous representantes políticos volveron discutir pola denominación do país (Galiza versus Galicia).
O presidente da Comisión de Educación e Cultura, o nacionalista Bieito Lobeira, decidiu botar fóra o secretario da mesma, o popular Ignacio López-Chaves, logo da enésima discusión polo topónimo do país. O enfrontamento principiou nada máis arrancar a comisión. Lobeira daba por constituída a “comisión cuarta do Parlamento de Galiza” cando a López-Chaves lle faltou tempo para replicar que esa comisión non podía constituirse porque non existía (en alusión á forma Galiza).
Lobeira reivindicou o dereito a falar do Parlamento de Galiza e sinalou que xa a secretaria recollería a denominación de Parlamento de Galicia nas actas. Porén, o deputado do PPdeG insistía en pedir unha rectificación. Lobeira negouse a isto e chamou á orde en dúas ocasións ao parlamentario que seguía discutindo sobre o topónimo e advertiuno de que se mantiña a actitude acabaría por expulsalo. O deputado popular retrucou: “De qué comisión me vai expulsar?” Nese momento Lobeira decidiu botalo fóra da sala, logo de consultar cunha funcionaria o regulamento.
Unha vez constituída a comisión, a deputada conservadora Manuela López Besteiro pediu a palabra e mostrou o malestar do PPdeG pola expulsión do seu parlamentario. A ex conselleira asegurou que, fóra de micro, un deputado nacionalista lle chamou a López-Chaves “cerebro de mosquito”. Acto seguido da intervención de López Besteiro, os deputados populares abandonaron a comisión.
Logo do incidente, Lobeira quixo puntualizar que o motivo da expulsión "non é unha cuestión de diferenzas de criterios", senón que se debeu á "imposibilidade de poder desenvolver con normalidade a sesión", en alusión ás interrupcións de López-Chaves.
Caralho p'ros do Bloco; estám-se a moderar de muito nabo! Olha que chamar-lhe cérebro de mosquito ao cérebro de ameba esse!!
Non "cerebro de mosquito", mellor "fascista descerebrado" "patufo desleigado", "mequetrefe", en fin, fagamos deste home o "esperpento" do PP, os restos do refugallo... E para Manolita...que se modere...non vai ser que se esCACHARRe...
lamentavel a batasunizacom do PP ;-)
O topónimo do país e GALIZA,xa o nomeaba Castelao.GALIZA....,¡sempre GALIZA!.
Cando a política do PP se transforma nunha liorta dun recreo de ensino primario en torno o topónimo, hai alguén que aplaude ata coas orellas que son os de UPyD e os do bilingüismo. Eu non estou de acordo co de cerebro de mosquito porque penso que os mosquitos non teñen culpa, en este caso, de nada e non hai porque insultalos, porque secadra os animais tamén teñen os seus sentimentos
http://feneconcello.blogspot.c...
Estou contente que os do PP mostrem o seu verdadeiro rosto em questões de língua. Cada quem tem que se mostrar realmente como o que é. Sempre achei que as pessoas devem mostrar o seu verdadeiro rosto. E o rosto do PP e do PSOE nesta questão sempre foi verdadeiramente hipócrita.
Como alguén dixo por aquí noutra ocasión:
SEMPRE EN GALIZA ou ATILA EN GALICIA ao gusto do lector.
Os chupatintas protagonistas da noticia recoméndolle que collan calquera dos dous libros e lle boten unha ollada.
E preoupante a deriva que eta a tomar o PP (xa non de Galiza/Galicia). En pouco tempo pasaron de ser un partido "galeguista" a ser un partido "galegofobo" que quere derogar a Lei de Normalizacion linguistica, erradicar o galego do ensino e vida publica e que sexan plataformas galegofobas e medios da extrema dereita española os que lle deseñen a politica linguistica (para contentar a moitos en Madrid e enoxar a moitos en Galiza que amamos o noso e non queremos que nos digan os de fora o que temos que falar ou pensar).
En Galiza precisamos un UPN ou CIU que se alonxe da extrema dereita de Madrid e defenda a identidade e intereses galegos (dentro ou fora de España, pero ante todo o galego).
Lamentablemente ainda hai moitos galegos (os que non escoita a Cope por exemplo) que non son conscientes de que o PPdeG actual nada ten que ver co PPdeG de Fraga que SI defendia a nosa lingua e identidade; o marxe de que fose un partido conservador e español.
A rata asquerosa do aire, é dicir, Gaviotero, cada día perde máis os papeis con insultos cara os que non pensamos como el. ¿Quere dicir eso que as cousas non van tan mal?. Por certo gaviotero, ayer me fui a la Carrtera, antes pase por el Robledal y mañana me voy al Puerto del Sonido, tremendo pasmón.
As duas neuronas de Lopez-Llaves ás veces fan contacto e pasa o que pasa...
O que faltava!! aqui em Vieiros tampouco sabem empregar correctamente os pronomes!! Há ser a influência de Quim...
Carracha, para nazi a nai que te pariu. Isto é un insulto, pallaso. Por certo, non todos no PP falan castellano, cricas. Galiza é un topónimo legal admitido pola RAG. Que non se poda (discutible) empregar na escrita (por non figurar no actual estatuto) non significa que non se poda pronunciar, igual que cando o pallaso de López-Keys remata una palabra en "-ao" (por exemplo untao) nese castelán mal falado que ten, no diario de sesións aparecerá ben escrita (untado). Prea.
Non hai dúbida de que Gaviotero é da mesma estirpe que o López-Chaves este. Un provocador nato, un faltón e un impresentable. Cuspidiños un ao outro.
O deputado López-Chaves estava a acusar a Bieito Lobeira de cometer um crime por fazer um uso oral da palavra Galiza (a qual é correcta no galego desde há séculos) e todo isto, fazia-o o deputado do PP, a berros e em castelhano. Por acaso não há uma norma parlamentar que obriga aos deputados a exprimirem-se sempre em galego?
Claro, quem lhe vá quitar a liberdade de falar como queira ao deputado conservador! Agora, isso sim o nacionalista só pode falar como a eles lhes pete. Porque uma cousa é falar em castelhano, que dá nível, e outra dizer Galiza, que palavra tam feia!
Mellor ainda, Q OS EXPULSEN DE GALIZA, q vaian para a meseta a apodreceren.
Mira q che som parvos estes do pp, tanto tam que se chamem Lopez-Chaves ou (Lopez onde estan las llaves) polo seu pouco sentidinho, que Lopez Besteiro, que gavi-otero,parece que o unico importante é desnaturaliza-lo o pais.Esta e a segunda parte da doma e castraçom da Galiza, se por elas fora craro.
Xa era hora que alguén puxera ao tipo este non seu sitio. Se quere sair nos xornais que faga propostas de interese e se deixe de dar o zoco. Ben feito Lobeira
Que sigam assim, que em vez de dous deputados ainda ham de perder quatro...ou seis...
Son coma nenos! Pero os pagáns somos nós e co diñeiro público habería que ter un chisquiño máis de coidado. Non lle estou quitando a razón ao Sr. Lobeira, porque tena toda. Pero, prezado Bieito; …non te poñas a mesma altura ca os do PP! Penso que no fondo, e xa que logo, carecen de argumentos percisamente estáslle a facer o seu xogo suxo. Ti verás!
uff... vaia nivelón (o digo polos comentarios). Case prefiro non opinar nada
ja,ja,ja, ja Gavioteiro, falando de Nazis e III Reich, tí si a bandeira "roja y gualda" con que decoras os teus comentarios era a que nalgún tempo ondeou xunto coa nazi. Non obstante, sigue escibindo, dasnos uns bos minutos de risa.
Menuda carallada Galicia ou Galiza. Pra min é Galicia, gracias ou graciñas e a preposición está contraida (pra e pro). Quen queira empregar o outro, eino entender igual. Non entendo tanta discusión. Nin por parte da comisión parlamentaria nin por vos
A min, persoalmente, gústame moito máis GALICIA. ¿Por qué? Pois porque soa como ALICIA. Mentres que GALIZA soa como NABIZA. Así de simple. ¿Por qué non GALLICIA? Postos a desvariar.
Pois sería mais axeitado có de Galiza, pois existen mencións a Galicia con ise termo na antiguedade "Gallicia" mais non co de Galiza. Callaecia-Gallaecia-Gallecia/Gallicia-Galicia. Se temos en conta que daquela o doble ele pronunciábase como o ele normal (por rexirse en gramática latina).Ten moito mais xeito Galicia. O lusismo é un cancro pro galego. Gracias o lusismo estou case seguro que está estipulado a preposición "para" no canto de pra e pro. Que ata ten as suas variables dialectáis "pa e po".
O galego é un idioma de contraccións. Empreguémolas
E a mim Galleto sóame a anal-fabeto,porqué nom te chamas anal-fabeto?