Denuncian que persoal alleo aos centros médicos teña acceso a datos das tarxetas sanitarias e que sexa o paciente quen teña que incorrer nun gasto ao pedir cita nun teléfono 902.
"Pedir cita será máis doado a partir de agora". Así anunciaba a comezos de mes a conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio, o novo servizo Saúde en liña, que centraliza a cita previa de todos os centros de saúde de Galiza e que se marca como obxectivo a axilización destes trámites co Sergas. O teléfono en cuestión é o 902 007 333, un número que a Xunta de Galiza está a publicitar por diferentes medios.
Este servizo de citacións foi concedido mediante concurso a unha empresa privada, encargada de dar resposta ás solicitudes telefónicas para o persoal médico e de enfermaría de Atención Primaria. Este é o primeiro atranco que atopa a CIG-Saúde para apoiar a medida: "as privatizacións reverten nas condicións laborais do persoal e na calidade asistencial que reciben os usuarios", di María Xosé Abuín, secretaria xeral. Esta externalización "impide aos que están en lista de contratación do Sergas acceder ao emprego, cando sería o máis lóxico que fora o persoal do Servizo Galego de Saúde quen asumise este traballo". Segundo a CIG, o único que se consegue con esta privatización é "abaratar custes no canto de primar a calidade".
O paciente asume o gasto
Doutra banda, denuncian que chamar a este novo número, un 902, ten aparellado un custe que ten que asumir o usuario (o gasto que supón chamar a teléfonos con este prefixo é o mesmo ca o dunha chamada interprovincial, porén a aqueles que teñen unha tarifa plana engádeselle un custe que poderían terse aforrado chamando a un prefixo convencional). Ademais, a CIG denuncia que a Consellaría de Sanidade non está a publicitar os números aos que están asociados este 902. Así, informan que o teléfono asignado a Ourense é o 988 39 83 50; en Pontevedra, 986 80 63 50; en Lugo, 982 26 98 93 e na Coruña o 981 95 29 50.
Outras denuncias
Doutra banda, tamén denuncian a creación da empresa Galaria, ideada para xestionar o plan de infraestruturas sanitarias. O sindicato rexeita que se permita compartir con empresas privadas a financiación de proxectos, aínda máis cando Sanidade criticara o modelo de xestión de lugares gobernados polo PP.
Finalmente, lamentan que a Consellaría estabeleza que para traballar como hixienista dental no sistema público sexa obrigatorio estar colexiado, o que supón unha cota de 150 euros e que funciona a xeito de "canon" para traballar na sanidade pública. Piden que esta colexiación sexa voluntaria, como xa sucede noutros territorios do Estado. Con todas estas demandas sobre a mesa, a CIG-Saúde solicitou unha xuntanza coa conselleira, se ben xa advertiron que, de non chegar a acordos, non descartan levar as súas protestas á rúa.
Eu tiña unha tarifa plana caralluda e fodéronme ben co conto este do 902. Grazas CIG; vade tomar polo cu Sanidade.
logo han cobrar por entrar ao ambulatorio, cagoenros
Pois que eu saiba, o SERGAS tem uma lista bem grande de pessoal administrativo em espera de trabalho.
Mas preferem contratar uma empresa privada. Será porque assim podem cobrar pelas chamadas, e com o empregado público, não...
O que nos faltaba! O SERGAS a facer caixa. Hoxe quíxeno comprobar por men mesmo e probei a chamar. Quedei abraiado! Pois estánche os doentes coma para escoitar uns menutos musicais? E onde metemos a tarifa plana? Todo ísto é noxento, xogar coa saúde pública tendo que chamar a un nº de tarificación especial. Para facer negocio xa está a privada que ademáis traballa na pública. Craro que a Sra. Conselleira non terá que chamar para que a atendan. Non emporcalledes máis o sistema da Sanidade que xa atufa abondo! Miserentos!!
Neste im-pais poderemos começar a falar dum governo da Esquerda quando nos garantam, polo menos, Sanidade e Ensino públicos, galegos e de qualidade (3 e continuarei).
Creio que o facto de que o BNG governante, nom seja o titular das conselharias de Economia, Sanidade e Ensino [e Privatizaçom pré-pos-co-pós-universitária] cuido que nom é escusa, Ou si? ou somos tod@s culpáveis?
O Povo Galego foi capaz de mobilizar-se de jeito exemplar contra a Guerra e contra o terrorismo do Capital (e do Estado e da Xunta se alguém no viu ainda a identidade dos três entes, que som um, como a Trindade do Santo Ofício) no caso do Prestige; que é o que nos passa? É que somos mui "nacional-populares" tod@s no Vieiros e no Dia da Pátria e depois usamos cartons de crédito, somos utentes da sanidade e ensino privado-concertado-subsidiado e mercamos Audes e Bemiuves?
Votar em qualquer força política sem luitar diariamente no ámbito que cada um puider nom deveria servir para termos a consciência limpa.
A tarifa 902 ten practicamente o mesmo custa ca un telefonema provincial (tal vez uns milésimos menos), mas pode evitarse chamando ao telefone coa numeración convencional.
O problema grave q eu vexo é os traballadores deses call-centers poidan ter acceso aos datos dos pacientes, ás citas q teñen pedidas noutras especialidades.
#6 Que queres dizer? Que o preço da telefonia privatizada, liberalizada, pactista de preços e quase monopolizada pola maffia de Telefónica que cobra a utentes e a outras empresas de telefonia só por olhar-lhes para o logotipo, É BARATA!!??? depois de estar roubando nos contribuíntes durante décadas? Nom me fodas, 6#.
#7 Volve ler o comentario meu neniño, pero non fumes avecrem nin antes nin despois q te alporizas moito! Non dixen en ningún momento q sexa barata nin cara.
Para pedir cita hai q chamar por telefone ou ir en persoa ao centro médico (cousa q xa ninguén fai, ou moi pouca xente), tamén se pode facer pola internet.
Entón, se temos q chamar de todas todas, tanto ten facelo ao 981 de antes ou ao 981 anexo ao 902 actual (según o texto da noticia), q ten un custo practicamente igual ao de chamada provincial (o 902 é mais cara cá chamada local, pero pode evitarse chamando ao novo 981, 988, 986 etc).
eu chamo bastante ós ambulatorios do sergas: para a nai e o tío, ambos con doencias crónicas, ó de chantada; para o fillo ó de mariñamansa, donde ten asignado o pediatra e para mín, que son un gran hipocondríaco, ó da carballeira. chamo por que non sempre se pode concitala cita polo servizo de internet ( sobre todo no calendario vacacional ) e tamén por que algunhas cousas demandan operativas administrativas distintas á simple petición de data para unha consulta. e teño que decir que dende que funciona o número este 902 a miña saúde nerviosa está moito mellor que antes, xa que teño pasado mañáns enteiras intentando conectar cos referidos centros sen logralo e a este servizo chamei duas veces xá e fun atendido ó momento e cunha boa cordialidade por parte do operador que me atendeu.
ahora ben, resulta certo que o sergas conta con persoal suficiente para atender este tipo de asuntos, sobre todo ahora que acaba de homologar a tanto traballador de centros até fai pouco fóra do séu control ou das nefastas fundacións, transformando a situación de ese persoal colocado a dedo nunha nova carga para o sistema público e ante o cal non acedei topar ningún tipo de oposición sindical. pero polo que teño constatado o persoal destes servizos suele telo cú bastante gordo, o que lle impide xirarse ben no asiento, e a gorxa bastante colgante, o que sopoño lle impide falar por teléfono con agrado, polo que aplaudo, de momento, a creación de ese servizo a pesares do custe engadido que poida ter para o usuario, esquilmado xa sexa pola clase polítrico/administrativa/sindical que nos leva á deriva xa sexa pola política de aparcamentos na cercanía dos hospitais coma o de ourense donde o outro día, por menos de unha hora, abonei 1,45 euros por estacionalo coche cando hai toda unha enorme finca ó lado a que taxativamente se prohibe a entrada a fín de que o contribuinte incremente as contas de copasa e, de paso, as do méu homónimo na presidencia provincial.
#8 Podes-mo explicar outra vez? é que o avecrem que estou a fumar há-che estar adulterado.
Quer dizer que @s velh@s que cobram umha generossísimas pensons das Administraçons; ao contrário do que recebem as grandes "empre*as" *(s) em subsídios; podem permitir-se chamadas locais, provinciais (a primeira reivindicaçom do Galeguismo organizado foi a eliminaçom da s províncias e olha como vai o assunto) ou locais a cada pouco. É que lhes custa máis pulsar o 900 do que o 902 (quiçais a Conselharia de Sanidade encarregou um estudo clínico a uns amigos para demonstrar que vêm melhor o 902 do que o 900).