O goberno xustifica a decisión polo risco dunha inminente suspensión de pagos da entidade.
O ministro das Finanzas, Teixeira dos Santos, anunciou este domingo que o goberno vai propoñer a nacionalización do banco BPN. A decisión, que se deu a coñecer logo dun consello de ministros extraordinario, xustifícase pola necesidade de asegurarlle aos despositantes que os seus cartos están seguros. A partir deste mesmo luns, e á espera de que a Assembleia da República referende a decisión, o BPN vai estar supervisado por dous admnistradores do Banco de Portugal.
Dende o goberno portuguñes sinalan que o BPN estaba a ter graves problemas de liquidez e, cunha perdas de 700 millóns de euros, ten enriba a ameaza real dunha inminente suspensión de pagos. A mala situación da entidade está relacionada con operacións co Banco Insular de Cabo Verde. O propio Teixeira dos Santos lembrou que detrás das mesmas hai indicios de irregularidades que xa está a investigar a Procuradoría-Geral da República.
Dende o goberno luso tamén anunciaron que o Estado vai investir perto de catro mil millóns de euros no sistema bancario portugués por medio de accións preferenciais para ver de aumentar a solidez financieira.
Poden ampliar a información en Jornal de Noticias, Público e Correio da Manha
Qué barbaridade de palabro: insinúan vostedes que o siñor Sócrates, un ZP calqueira da vida, vai NACIONALIZAR A BANCA OU UN BANCO?
Quere dicir entón a nova que o €$tado Portugu€$ estataliza a banca? Intervén nela controlándoa e expropiando (mesmo pagándollelo) ós banqueiros e burgueses accionistas? NON! Non é como con Salvador Allende ou qué?
O siñor Sócrates o que fai, como fai os que na vida son Bush, Gordon, Merkel, etc., como bós TESTAFERROS DO CAPITALISMO CORPORATIVO, ó obxecto de non tirar máis abaixo a débil situación xeneral da economía financieira, portuguesa para o caso, incorpora o control momentáneo mediante outros técnicos estatais -igual igualiños cuspidiños ós que tiña a banca, e, mediante esta apariencia de xestión controlada e nova, insufla capital público, cartos públicos portugueses, procedentes como aquí da explotación da maioría da sociedade e dos traballadores pola clase social capitalista.
Ése é o único traballo que fai ocultamente o psp, como calquera outro liberalsocialismo de pacotilla!
Para o sistema capitalista de producción, base da sociedade, capitalista, na que vivimos, que haxa tódolos males inherentes a ele non é crise, pois xa existían denantes da crise, elo nunha dupla tarefa de riqueza e destrucción, como sinala Santiago Alba Rico: millor que ningún outro cria ó tempo cada vez máis alimentos e máis FAME, máis mediciñas e máis ENFIRMIDADES I ENFERMOS, máis casas vacías e máis xentes SIN MORADA, máis traballo e máis PARADOS, máis libros e máis ANALFABETOS, máis direitos Humanos e máis CRIMES CONTRA A HUMANIDADE!:
http://www.rebelion.org/notici...
Como português, não acho que seja mau esta nacionalização, visto tratar-se de um banco com vocação para o financiamento das empresas. Se for o estado a fazê-lo em condições vantajosas para o tecido produtivo português, óptimo! Contudo, devem se investigados e condenados judicialmente os banqueiros que actuaram de forma muito pouco escrupulosa, com negócios nada claros, com branqueamento de fundos nos malfadados paraísos fiscais. Espero, também, que esta nacionalização tenha como fim o papel regulador do estado no sector financeiro e não apenas uma forma de cobrir os prejuízos de banqueiros e gestores para depois lhes voltar a entregar o banco.
Socialização das perdas e privatização dos lucros. Bela fórmula de redistribuição da riqueza. Tendo em atenção que o BPN era um repositório de ex-governantes do PSD, estou curioso para ver se o Ministério Público e a Policia Judiciária também vão promover a distribuição das penas ou se a culpa terá sido do contabilista ...