Mentres o PP cualifica de "trampa" a manobra do rexedor, os nacionalistas adiantan que non teñen "ningunha confianza" nel.
"Xa que os do non se xuntaron, agora que se xunten para o si". Así resumiu Xosé López Orozco as vías que lle quedan á oposición para impedir a aprobación dos orzamentos propostos polo grupo de goberno. Despois de que as contas non recibisen o visto bo nin do BNG (catro concelleiros) nin do PP (nove edís), o goberno socialista en minoría (12 concelleiros) indagou noutras opcións para evitar ter que prorrogar os presupostos deste ano. Orozco lanzou un órdago á oposición que mesmo lle podería custar o posto de alcalde: o vindeiro luns 10 de novembro formulará ao pleno municipal unha cuestión de confianza vencellada á aprobación dos orzamentos.
Segundo a lexislación (artigo 197 da Lei Orgánica do Réxime Electoral), se os socialistas non obteñen os votos suficientes para superar a cuestión de confianza na votación nominal (cousa que loxicamente sucederá ao carecer da maioría absoluta), abrirase un prazo dun mes no que os grupos da oposición poderán impulsar unha moción de censura e presentar un candidato á alcaldía alternativo. De aí a suxestión de Orozco a que se poñan de acordo, única vía para desaloxar o rexedor da súa cadeira de mando. Con todo, é ben difícil que PP e BNG cheguen a algún tipo de consenso neste sentido, máis coas eleccións ás portas, polo que o PSdeG presume un bo final para esta historia. Ao pasar un mes e se non hai candidato alternativo, quedaría aprobado o proxecto de orzamentos do Concello deseñado polo actual grupo de goberno.
"Os intereses que me importan a min son os de Lugo", dixo Orozco subliñando que a aprobación das contas é o único xeito de non paralizar obras importantes para a cidade: "se a oposición pensa o contrario, que fagan os seus orzamentos e que gobernen eles". Ademais, o alcalde xa adiantou que esta manobra política conta co beneplácito dos órganos de dirección do PsdeG, tanto no ámbito local como no autonómico.
Unha "trampa" para a oposición
Tanto o BNG como o PP xa adiantaron que non presentarán unha moción de censura. Esas foron polo menos as súas primeiras reaccións, logo de cualificar a decisión do grupo de goberno como unha "trampa". Neste sentido se manifestou o voceiro popular, Xoaquín García Díez, quen considerou esta manobra unha "estratexia perfectamente calculada" polo alcalde para "sacar os orzamentos pola porta de atrás".
Da súa banda, o dirixente do BNG, Xosé Anxo Laxe, ironizou asegurando que non ten "confianza ningunha" no alcalde, se ben tamén adiantou que non presentará unha moción de censura. Ao tempo interpretou a acción de Orozco como unha mostra de "extrema debilidade" do goberno en minoría dos socialistas.
Tedes mal a ligazón do blog de Laxe
A boa é.
http://www.blogsnacionalistasg...
En efecto, a Orozoco xa lle vai grande Lugo. Haino que sacar de aí nas próximas eleccións, mesmo se Laxe non é ningún diamante en bruto.
Orozco outra mala fotocopia de Fraga que equivocou o partido, á maís pura imaxe e semellanza do embaixador do Vaticano, a onde mandarán a este? Estará libre a embaixada na Antártida?
Iste vai facer...ESCENAS DE MATRIMONIO
orozco está a pedir o visado para o vaticano...
Orozco , localista pailám, pedante e engreído
Los bloqueros etarras de Vigo ahora se van todos para el Porriño a ver si les dan trabajo en las canteras, porque si no ve tú a saber como van echarle gasolina a los Audis y a las secretarias, que es lo que hacen estos analfabetos para darse de importancia, porque ahora, ¿no sabéis? ¡quieren darse de importancia como si fueran de las buenas familias de toda la vida! ¡Pailanes! ¡Si ni siquiera saben hablar castellano, los pobriños!
Gaby_otero eres un tio moi moi grande!
Gaviotero que é un bloqueiro?
Un bloquero te es la persona que anda en los bloques de las canteras, ¿no? A ver si voy estar engañado...
O EMPERADOR Orozcus Máximus quedou en "Minimus".
Calquer alcalde que teña unha minima decencia, teriase que poñer a negociar os ORZAMENTOS para que tibera cando menos o minimo consenso para aprobalos.Dende logo Orozco non ten nin vergoña, pois na situación actual non atopou a mellor solución, cando podería estar xa feita.
Penso que o pagará e con creces, pois a prórroga está avalada polo PP no seu momento : E decir continuaran a ser uns Orzamentos PSOE-PP.
¿Trabajar de esta hora? ¡Pero si ya es noche...!
#14 Gaby_Otero, de ti voltava pedir ao espanholitos/as o certificado de espanholidade porque con formas como: "voy estar.." acavas de rachar com ele...
Orozco é um pailám localista, mas temerossamente hávil em questons como a gestom do seu feudo eleitoral, nom há mais que ver a jogadinha...
GABY-OTERO: no se si te diste de cuenta que el hatsheput no te dio entendido.
me he dado de cuenta que dices muy bien el habla de la calle de la gente que pisa la lama que te tiene la calle .
#19 Sim...
Citei algumha desta conheira, mas nas súas múltiples apariçons tem rachado com muitos certificados de espanholidade: "van echarle", etc...
Realmente, nom é que se converta em alto-falante do espanhol (ráncio) de muitos/as galegos/as, ele também é um deles...
Orozco mantém em Lugo umha verdadeira ditadura.
Esta questom de confiança apresentada polo tema dos orçamentos é a última jogada para despreçar as críticas nom só da oposiçom, senom de toda a cidadania. O melhor é que ao ter os medios locais ao seu serviço vai sair com muita elegancia a pesar de aplicar técnicas de verdadeiro marrulheiro de casino.
Outras fermosas jogadas deste Alcaldissimo: ROUBAR-LHE A CIDADANIA O PARQUE DE ROSALIA E AS SUAS VISTAS para responder aos intereses dos especuladores, o resto das pessoas pouco importamos; FAZER UM PXOM À MEDIDA DOS INTERESSES DOS CONSTRUTORES, dando as costas ás demandas do povo que reclama umha organizaçom urbanística democrática após o cacharrismo; ODIO A TODO O QUE SOE A GALEGO; EL E A COTI (a de Cultura...) gastam milhons de € en traer a "El Canto del Loco", Melendi, etc, no entanto, a pouca programaçom cultural que há (é umha vergonha, há mais actividades em qualquer vila que em Lugo, mas ao odiar o galego e nom poder traer a gente de aquí, todo sai mais caro) é em castelám e cumha vissiom propria dos anos 50, para esta gente a modernidade é o século XVIII; CENSURA MEDIÁTICA; CAOS ADMINISTRATIVO: só amizades pessoais consiguem licenças...e um longo etc.
QUEREMOS DEMOCRACIA EM LUGO DUMHA VEZ!