A CTNL denuncia que o goberno municipal suprimiu o servizo e rexeitou as subvencións da Deputación alegando que non cubrían todo o custo.
O Concello de Vimianzo suprimiu o seu servizo de normalización lingüística, despediu o técnico responsábel e rexeitou pedir subvencións para manter a actividade, segundo denunciou a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).
A coordinadora achega datos como que o concello vimiancés renunciou á axuda de 12 mil euros anuais que lle concedía a Deputación da Coruña para financiar o servizo durante o período 2009-2011. Ese acordo tomouse na xunta de goberno local do 20 de outubro, onde tamén se determinou comunicarlle ao técnico de normalización "a supresión da devandita praza".
O concello xustificou a decisión polo feito de que o organismo provincial esixía unha titulación superir para o posto e asegurou que a subvención non cubría o custo total. A CTNL púxose en contacto co alcalde de Vimianzo, o socialista Alejandro Rodríguez, para lembrarlle que o persoal de normalización lingüística debe ter uns coñecementos correspondentes a unha licenciatura e que ningunha subvención cobre a totalidade dos custos. Así mesmo, informárono de que existen máis axudas, como a da Xunta.
A coordinadora salienta que aínda se pode comprobar parte do labor desenvolvido dende 2005 polo servizo de normalización lingüística de Vimianzo a través da súa web. A CTNL dirixiuse ao alcalde para que reconsidere a decisión. Ademais, anunciou que denunciará a situación perante os catro grupos municipais, a Deputación, a Dirección Xeral de Administración Local e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
En Vimianzo todo pode suceder desque hai anos un concelleiro pediu un tradutor porque non entendía o galego que por outra banda era a única língua que coñecía. Por favor, ata cando haberá que aturar aos ignorantes concelleiros do grupo gobernante [PSOE]que viven ancorados na prehistoria e no auto-odio. Por alí aínda non saben que temos unha lei de Normalización Lingüística. Por certo...onde están as manifestacións da señora socia do alcalde contra desta lamentable estupidez. Unha peniña pero goberna quen máis votos recibiu.
Non me sorprende porque "coñecendo o percal". O que non me queda claro é a razón de que haxa aínda en Vimianzo unha maioría de xente que vota TUZARISMO que é a corrente política do actual alcalde [aínda dentro das listas do PSOE]. Parece evidente que os tempos cambiaron e que melloramos ---véxame Obama--- pero o goberno municipal vimiancés sigue empreñando en loitar contra o progreso. Non é normal que se suprima un servizo que é básico para nós, os galegos, os que nacemos neste anaco do mundo. Claro que a xentiña daquela leira da fermosa Terra de Soneira está contaxiada polo "virus tuzarista" e a vacina poida que non chegue ata as vindeiras autonómicas. O meu apoio solidario para a mocidade "normal" de Vimianzo que non merece semellante desprezo.
que é iso de "votar tuzarismo"??????????? eh Bárbara!
que é iso do "virus tuzarista"??????????? eh Bárbara!
jejejj (é conha eh)
nada, un mostra máis da política lingüística do PSOE
mirade isto sobre o caso este: http://augasceives.nireblog.co...
Sen esquecer que todos temos dereito a vivir dignamente o certo évos que os SSNNL non teñen razón de ser nos concellos da Galiza.
Amais da actividade cultural en galego na Galiza, e sen prexuízo de actividades culturais excepcionais na Galiza en linguas alleas, no eido da normalización lingüística o que se precisa sonvos senllos servizos únicos da Galiza e de balde de asesoramento sobre o uso correcto do galego un, e de asesoramento iuslingüístico, representación e defensa xurisdicionais o outro. E évos este segundo prioritario verbo do primeiro.
O asesoramento no que atinxe ó uso correcto da lingua évos confluente co ensino; mais, o de tutela efectiva dos dereitos lingüísticos precisa de profesionais especialistas en iuslingüística dispostos a loitar, en primeiro lugar, contra as inercias galegoexterminadores da xudicatura na Galiza.
O que non procede évos atomizar servizos de normalización carentes de estratexia compatíbel con que na Galiza se use a súa lingua territorial propia como se usa a súa en Castela ou en ... ; sen prexuízo de usarmos excepcionalmente linguas alleas.
Se oficialmente já se tivesse recuperado o galego verdadeiro e não se perdece tempo e milhões de euros com o crioulo do português e castelhano(portunhol), castrapo da RAG já há muito que os galegos estavam unidos em volta da sua língua nativa.
Dividir para colonizar aínda máis a Galiza. É esta a regra do Estado español.
A represión línguistica e agora a estupidez do crioulo castrapo da RAG é motivo de indignación para todos os galegos.
1-Os galegos están saturados con isto primeiro nos finais do século XVI ao séculoXVIII trocaran na admitistracion da Galiza os galegos por casteláns e prohibiran o galego.
2- Despois entre 1936 e 1967 o asasinato de 190.000 galegos polas súas ideas políticas e queren falar galego. As multas por falar galego. As mulleres violadas por ser galeguistas. As mozas que lle raparam a cabeza por falaren galego.
3-Agora cando o Estado español é grazas pola Unión Europea a recoñecer a lingua galega, crean o crioulo de portugués e español (portunhol) castrapo para nos roubar o galego.
A norma escrita universal do galego é algo que os galegos non prescinden.
O Estado español xoga cos galícios e co apagamento da escrita en galego na Galiza durante séculos para dividir os galegos.
Como se ve hai cada vez máis galegos a comprenderen que o Estado lles está a roubar o que de máis importante teñen como galegos a súa lingua nativa. Moitos que pensaban nacer na Galícia xa entenderan que son galegos e non galícios porque naceran de verdade na Galiza.
Un día todos os habitantes da galiza van entender que naceran na Galiza e non na Galícia e por iso deixará de haber galícios . Seremos todos galegos en paz.
Os galícios foi unha invención do colonialismo castelán.
O PSOE-(G) é falso partido galego só ten o (G) de Galiza para enganar os galegos e gañar máis votos. O PP a mesma cousa. Temos que colocar as ideoloxías de parte e votar en partidos galeguistas para o fin da colonización da Galiza.