Tal e como lles adiantara Vieiros, o combinado galego masculino vaise enfrontar a Chile. Mentres, o conxunto feminino xogará diante de Euskadi.
A Federación Galega de Fútbol confirmou a última hora deste mércores que está pechado o acordo coa Federación Chilena de Fútbol. As negociacións que lles avanzáramos hai semanas chegan así a bo porto e será a selección de Chile a que veña a Galiza para o encontro amigábel do próximo 27 de decembro.
Segundo o pacto, entre os chilenos estarán varias das súas estrelas principais, entre outros: Claudio Bravo, quen xoga na Real Sociedad, Matías Fernández, enrolado no Villarreal C.F. e Mark González, do Real Betis. Na actualidade, o combinado chileno, coñecido como 'la Roja', pola cor das camisetas, disputa a clasificación para o Mundial 2010 de Sudáfrica, onde permanece empatada a puntos con Arxentina no cuarto posto do grupo suramericano, tan só a un punto de Brasil, segunda na clasificación.
Por outro lado, a Federación tamén confirmou que haberá partido en categoría feminina. As irmandiñas, que se enfrontaran na estrea coa camisola oficial no Nadal de 2007 fronte a Cataluña, disputaranlle agora a vitoria no amigábel de 2008 á selección de Euskadi.
A dúbida fundamental dentro da Federación Galega é agora o estadio no que se van xogar os encontros masculino e feminino. En primeiro lugar falta decidir si mulleres e homes xogarán o mesmo día, cousa que parece presumíbel. A outra grande dúbida que existe neste momento reside na elección do estadio.
Até o momento cada partido xogouse nun estadio diferente e o ano pasado máis de 20 mil persoas acudiron a Vigo. Só Balaidos e Riazor teñen capacidade para acoller esa cantidade de xente, polo que o debate agora é si deben continuar a levar os equipos nacionais de fútbol polos diferentes currunchos do país ou centralizalo en recintos que permitan a asistencia masiva dos siareiros.
Forza Galiza!
Adiante Irmandinha!
Onde se vai xogar?
aos que fostes a partidos anteriores: arredor de canto andan as entradas?, pódense mercar por internet?
#2 Eu só fui ao primeiro, e mercara as entradas por internet (web de CaixaNova), ainda que também se podiam mercar por telefone. Em ambos os casos havia que ir depois recolhê-las a um local de CaixaNova. O preço? Cuido que, de média, andavam polos 20 €.
Eu fun aos dous en en ámbolos casos creo que pagara 10€.
20 creo que eran as mais caras pero como era por ir á festa mais ca nada...
Lá estaremos!
E sim, entradas entre 10 e 20 euros, à venda em oficinas de CaixaNova, ou por telefone e internet (recolhendo na sucursal de CaixaNova que um escolha).
Vamos ver logo quando saem à venda e onde é o jogo.
:)
O 23 de outubro en:
http://galizaceive.es/index.ph...
apuntabase para o 27 de decembro un galiza-chile en Lugo. O día e o contrincante están listos, falta o lugar por confirmar.
Adiante galiza
Pam e circo e a casa ainda a ser quatro províncias espanholas, o Quin a dançar e a Bugalho a maquilhar a nossa realidade colonial. Menos passo-dobre, menos futebol, menos símbolos e máis transformaçom da realidade!
Abaixo a Monarquia espanhola, abaixo as províncias, abaixo a dependência colonial!!
Se o BNG se definisse e agisse com realidades e nom com símbolos, até o Estado espanhol (por medo) promoveria a participaçom das equipas nacionais galegas nas competiçons internacionais todas e seria considerado "una riqueza para la Nación de Naciones" expressom que até o Feixoo e o Zapatero subscreveram quando virom as cousas fodidas porque se estavam albiscar as orelhas do lobo plurinacional, porque outros (e nom NÓS) apertavam as caravilhas a Espanha.
O simbólico pode-se trabalhar fóra do governo e mesmo fóra do Parlamento do Hórreo, na rua, mais; no governo, cada decisom que se tomar e cada passo atrás que der o BNG no caminho que leva autodeterminaçom de Galiza pode ser irreversível.
NOM SOMOS CAPAZES DE VÊ-LO? Se PPSOE argalham a manutençom do Estado-Monárquico-Imperial-Militarista espanhol o Povo Galego quando estiver preparado pode virar as cousas, se for o BNG quem o fizer; dara-se por entendido que @s galeg@s conscientes de sê-lo concordamos com a sua colaboraçom na sacralizaçom da Constituiçom Monárquico-Militar Espanhola.
Se nom se dá sido coerente... pois p'ra casinha e volta-se começar.
...pero logo galicia tería selección de seu ou xogaría coa da lusografía?...porque xa postos...a onde imos con esta selección de andar pola casa...mellor integrarnos na selección lusógrafa...deco, ronaldinho, cacá, ...eso sí non convocarian a ningun galego...pero o importante e ter unha selección universal...ademais gañaríamos moitos títulos con todos esos brasileiros...que total é o que importa...como na lusografía...
Mas... que caralho terá que ver a descolonização da Galiza com ir passar um par de horinhas no futebol, de festa, vendo jogar a selecção uma tarde de sábado? :P
Realmente, às vezes alguem se põe "épico" de mais neste país... :P
eu fun aos tres e os prezos andabao ao redor de 10-15 euros. Por certo, tres grandes experiencias, este ano outra!!!
Cago na caralla de cristo! se fose en Lugo, sería a de Dios, que eu son de alí. Ademais eu creo que o Anxo Carro ten condicións dabondo e de seguro que se ía encher de seareiros con arela de berrar até a afonía. Que sexa en Lugo, cona, que así os de fóra vides ver a muralla e tomar unhas copas. Que Lugo é motio Lugo.
#8 Que parvinhos... nom percebes que as línguas nom tenhem nada a ver com a organização politica?
Non...non teñen que ver nada pouco...je...ti si que non 'percebes'...por certo os do Roncudo: bárbaros. os percebes, digo.
A ver se é en Lugo ou Ferrol, de paso que vou ó partigo gustaríame coñecer a cidade.
Que xoguen onde queiran, pero o ano que vén -con Pasarón terminado- en Pontevedra. Por certo, Lugo queda un pouco a desmán para os sudistas. E que non se enfaden os lugueses, que tampouco o digo para que non se faga alí.
O malo é que o Anxo Carro é un estadio de xoguete.
#14 Ah sim, desculpa, têm muito a ver sim. Por isso o UK, os USA, Irlanda, Austrália, Nova Celandia e todos os territórios nos que a língua oficial ou maioritaria é o inglês fazem parte dum mesmo estado com umha mesma selecçom.
Ainda os tangas vam ter razom quando dizem que sodes uns nazis... o que nom compreendo e como coincidides com eles na questom da ortografia galega. A ver se um dia o explicades!
#9 Os Irmandinhos defendiam a legalidade Real de Enrique IV "El impotente". Viva a épica!
O futebol é o ópio dos povos do Estado!
Tanto me tem que joguem contra a "La Roja" como que joguem contra "La Rioja"; as tardes dos sábados som p'ra ler a Lenine e a Castelao! :D
Prefiro ler a Castelao e a Risco e NON LER A ASASINOS soviéticos.
Por certo, Os Irmandiños defenderon a legalidade Real nun intre, sí é certo, pero hai que ler máis porque as cousas non foron tan sinxelas. As seleccións non deberían de ter patrocinador, pero de ser así Caixanova é galego, como moitas empresas que teñen capital galego das cais temos de estar contentos. A patria tamén faise con empresas galegas que mercan adegas en Porto, non somentes escribindo en portugués de Lisboa retocado
Veña Cueviñas, comeza co tema das razas, que se note que es un infiltrado.
Gavi, vouche respostar en na ilustre lingua cervantina: "ladran, luego cabalgamos"
#20 Estupendo! lê ao Castelao que se baseia na doutrina oficial do PCUS (e portanto, na altura, do PCE) para defender o direito à autodeterminaçom de Galiza e quanto a obra gráfica nom esqueças os Álbuns da Guerra antifascistas e lembra que onte foi o aniversário do seu nomeamento com Presidente de honra da Federaçom Mundial de Sociedades Negras.
Quanto a grafias, vejo que concordas com Méndez Ferrín, o mesmo que diz que o Risco é umha "anomalia" (eu diria o único fachi) na história do nacionalismo galego e, finalmente para a minha admiraçom; confirmas a teoria leninista que afirma que Imperialismo e Fascismo som fases do Capitalismo.
Parabéns (mais acho que terás que dedicar-lhe à leitura e à reflexom tamém as tardes do domingo).
Gaviota eu pertenzo á gran nación galega, chea de xente humilde e traballadora. Ti pertences aos colonizadores españois, ese gran Estado que coñecen ben en Sudamérica polo grandes ladróns que foron até que os botaron a ostias de alí. Non vaia ser que como sigades roubando marchedes quentes dalgún sitio máis.
Viva Galiza ceibe de automexadores analfabetos.
Gaivotas,pailán,a xente que seguimos habitualmente estamos cansados de oir falar de Matigol,Bravo (gran porteiro) e Mark González (lesionado,non sei se chegará ao partido da NOSA selección)
Outra cousa é que ti,home culto e iluminado,non segas este tipo de deportes,pero os que o seguimos sabemos que é un rival máis que digno,bastante máis que calquera dos do grupo de clasificación da túa selección.
"#14 Ah sim, desculpa, têm muito a ver sim. Por isso o UK, os USA, Irlanda, Austrália, Nova Celandia e todos os territórios nos que a língua oficial ou maioritaria é o inglês fazem parte dum mesmo estado com umha mesma selecçom."
Home, pois claro que teñen que ver, se se fala inglés nese territorio é porque unha vez pertenceron ao Imperio Británico...máis parvo en non naces.
#27 Hehehe... igual nós temos de escrever "así", porque pertencemos ao Império EspaÑol.
Que viva a Irlanda ex-Império británico e avante Galiza!!!!
Los camaroneses no son los mismos que los raperos, eh. A los primeros no les gusta el rape. Y a mí no me gustan los rojos, por eso en el fumbol voy siempre de Inglaterra.
Ah, y vos trato de usté no porque vos respete, bloqueros etarras amigos de los moros, sino porque se me ha pegado la manera de escribir en internet de los adolescentes descerebrados del Yutú. Cualquiera día vos escribo en lenguaje de móvil y vos demuestro quien es el más listo aquí.
Los necio-analistas estáis tan retrasados que no tenéis ni móvil: habláis a gritos y en gallego, como en la aldea.
¡VASPAÑIA!
¡COÑIO!
Ser da aldeia é chunguíssimo, sim senhor, mas os votos dos aldeaos bem que os queredes...quantas cidades governades? Ah, esquecia que o concelho mais importante que governa o PP na Galiza é Ribeira, caralho.
Pelejas pola entidade do rival: divertidérrimo. Chile é umha selecçom media-mediocre como o noventa por cento das selecçons do puto mundo, incluida a espanhola que de pura carambola ganhou a Euro 2008 (já ves, a ediçom anterior ganhou-na Grécia)Se se trouxera a Argentina, já estariam alguns baduando polo "despilfarro" (porque aos amigáveis vai-se por pasta SEMPRE)ou pensarás que as selecçons que jogam nos infinitos amigáveis de Espanha nom cobram?
Postos a escolher campo, eu escolhia A Malata, ainda que, bom, nom me parece um tema como para armar gresca.
"Hehehe... igual nós temos de escrever "así", porque pertencemos ao Império EspaÑol.
Que viva a Irlanda ex-Império británico e avante Galiza!!!!"
Ti escribe no que queiras, non creo que a pertenza ou non ao Imperio Español veña dada por poñer catro letras dunha maneira ou doutra...se fora tan doado. E a República de Irlanda claro que pertenceu a Imperio Británico.
Estaria ben xogar contra Escocia, Irlanda, Catalunya ou Euskadi, pero bueno e o que hai, no tocante ao estadio, penso que en Vigo foi onde mellor resposta houbo (e en compostela tamen pero o campo e máis cativo) pero bueno se ten que ser na malata ou no anxo carro vale ben, o importante e ver xogar a Irmandinha.
Fende*Testas siareiros da SDCompostela
Adiante * Galiza