Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Atrévete"

Contra a violencia machista: "E eu, que podo facer?"

María Castro, Yolanda Castaño e Xosé Manuel Piñeiro, entre os persoeiros que colaboran nunha iniciativa "fronte á pasividade e a indiferenza". Vïdeo no interior.

Redacción - 20:00 06/11/2008

"Atrévete contra a violencia machista" é outro dos lemas desta campaña que organiza a Secretaría Xeral de Igualdade con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o vindeiro 25 de novembro. Contará con spots de televisión e cuñas radiofónicas nos principais medios de comunicación e distribuiranse carteis publicitarios, así como bolsas da campaña para tratar de espallar a mensaxe entre a cidadanía.

Na iniciativa tomaron parte a poeta Yolanda Castaño, o físico Jorge Mira, a actriz María Castro e o presentador de televisión Xosé Manuel Piñeiro. Con eles quixemos falar en Vieiros para coñecer o seu grao de implicación e comprender as razóns que lles levaron a emprestar a súa imaxe para unha iniciativa coma esta. O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, explicou que coa súa presenza se buscou lograr un maior impacto social, xa que son rostros familiares para o público.

"É un delito e hai que denuncialo"
Quintana, que estivo acompañado da secretaria xeral Carme Adán, lembrou que a enquisa sobre violencia de xénero elaborada pola Vicepresidencia en 2005 recollía que o 93% da poboación galega consideraba os malos tratos algo inaceptábel. Porén, tres de cada catro persoas que coñecían algún caso no seu entorno non o denunciaban: "Esta campaña pretende cambiar esta tendencia e por iso lle quere dicir á xente: apoia, denuncia, educa, implícate".

Asemade, o vicepresidente aludiu ao Salario da Liberdade, que dende a súa creación ten servido para axudar a 766 mulleres, e que este ano dispón dunha partida inicial de 1,14 millóns de euros. Para continuar do desenvolvemento desta Lei galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero, en 2009 vaise habilitar o Fondo Galego de Garantía de Indemnizacións previsto nesta norma. Tamén falou da posta en marcha do Centro de Recuperación Integral, en Santiago de Compostela, ao que se destinan 300 mil euros dos orzamentos do 2009. Nesta liña, subliñou que para o vindeiro ano se destinarán preto de tres millóns de euros á loita contra os malos tratos.


Ligazóns

4,38/5 (8 votos)


Comentarios (12)

LOIS_DE_SILAN #1 6/Novembro/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Non vos existe tal violencia machista!

O que si vos hai é unha reacción, absolutamente natural!, do individuo fronte ás agresións que recibe ou cre recibir.

O de machista só responde á maior forteza física do macho verbo da femia: a femia e mais o macho sonvos igualmente violentos, a diferencia só está nese factor de diferenciación sexual.

E, como é sabido, os principais axentes agresores sobre o individuo, macho e femia, sonvos os que ostentan o control social, o propio poder.

Mais, o poder non quere asumir as súas responsabilidades!: élle moito máis doado crear figuras delictivas e, agora, botarlles a culpa ós que non denuncian.

Pois si, eu denuncio!: os que ostentan o control social (lexislador, xudicatura, capital, medios de comunicación, ... ) crean as condicións para que o individuo se manifeste violentamente con quen considera máis débil reproducindo o esquema de abuso social dos poderosos sobre os desposuídos.

Cando o poder deixe de abusar o individuo recuperará o acougo e atopará solucións non violentas ós seus problemas.

Roi #2 7/Novembro/2008 Roi
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Son crimes pasionais, non violencia machista

merce_ditas #3 7/Novembro/2008 merce_ditas
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Moi acertadas as dúas contribucións, pois é verdade que parece que só hai homes violentos cando os dous xéneros o son. Ademáis, que fai María Castro póndolle cara a ista campaña, cando traballa nunha serie que si é machista, onde a muller é un simple obxecto dependente do home?Non o entendo. Será porque cara o público queda moi ben...

buarque #4 7/Novembro/2008 buarque
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Merce_ditas, ti non precisas comer? María Castro traballa nunha serie machista e moitos outros/as traballamos en empresas que tamén o son e non as abandonamos ou porque non podemos ou non queremos. E supoño que lle pon cara a esta campaña porque é alguén coñecida e por que non? ten un rostro bonito. Canto ás súas ideas, que descoñezo, éme difícil crer que unha rapaza tan nova e independente estea a favor de calquera violencia. Por certo, o comentario de Roi é completamente desafortunado e está claro que non coñece o problema de perto.

krisigz #5 7/Novembro/2008 krisigz
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

pfff... xq a xente empeñase en falar de cousas q non coñece??? o primeiro: homes e mulleres: esta clasificación non se refire ao xénero senon ao sexo, polo tanto a afirmación: "parece que só hai homes violentos cando os dous xéneros o son" está mal feita. Neste caso falamos de sexo, non de xénero. Por outra banda, se ben é certo que as persoas, independentemente do noso sexo, somos agresivas por natureza, non é menos certo que temos distintos xeitos de canalizala. As mulleres desde pequenas se nos ensina a reprimir esa agresividade: se nos sanciona de mil maneiras cando a expresamos; aos homes, pola contra, en moitos casos incluso se lles incita a ela: "tes que defenderte", "non chores como unha nena", ETC ETC ETC... Todo isto refórzase a través dos distintos axentes socializadores (medios de comunicación, escola, linguaxe, grupos de iguais...) Desta maneira, os homes conciben a violencia como un xeito lexítimo de defender os seus intereses, mentres as mulleres adoptan un rol pasivo e incluso de sumisión. Por outra banda, comentar que a violencia de xénero é unidireccional, isto é, só se refire á violencia que exercen os homes contra as mulleres polo feito de ser mulleres, por consideralas inferiores, febles, sen autoridade, e unha propiedade mais do home. O resultado de séculos e séculos de discriminacións contra as mulleres e desigualdades con respecto aos homes... E unha cousiña mais: é moi duro frivolizar con este tema. Supoño que en parte se debe á ignorancia, e en parte ao machismo recalcitrante que impera na sociedade... ainda que moitas veces non somos conscientes da cantidade de prexuizos e estereotipos -esta vez sí- de XÉNERO que temos interiorizados, e por iso facemos certos tipos de comentarios... é unha dura realidade a da violencia machista, ou terrorismo machista -se entendemos terrorismo como a táctica de empregar a violencia para acadar obxectivos, neste caso o obxectivo do maltratador sería manter á muller baixo o seu control e que sexa a sua esclava-. É realmente duro, e as persoas que traballamos con estes temas somos conscientes disto non só a diario, senon cada hora, cada minuto. E un dos maiores problemas cos que nos atopamos á hora de traballar son este tipo de actitudes pasotas no mellor dos casos, e unha sociedade que se tapa os ollos e se acomoda na súa situación, pensando q isto non vai con eles...

Menan #6 7/Novembro/2008 Menan
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

O piñeiro o que pode facer é ter coidado que non lle alume o mozo. Jejeje. Se as aluman é que algo farian.

Menan #7 7/Novembro/2008 Menan
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Duvido moito que apreciedes a retranca

punto #8 10/Novembro/2008 punto
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

comentarios como #1, que parecen da idade de pedra, fan ver a necesidade destas campañas. a violencia de xénero baséase nese simplismo de explicar os fenómenos e en esquecer todos os argumentos tan acertados que explica #5. a violencia de xénero baséase na maneira que temos de entender a homes e mulleres de xeito diferencial na sociedade (os papeis de xénero), na forma en que nos educan e nos recorrentes prexuízos que escoitamos unha e outra vez (iso que se chama o imaxinario, por certo), que aprendemos de forma inconsciente a través do que nos rodea. considerando todas as mulleres que morren no estado español cada ano, as miles máis que padecen infernos no seu día a día, e xa non falemos do que acontece a nivel planetario, tales comentarios son unha falta de respecto e unha forma máis de mantelas no seu sitio. contra a violencia de xénero, rachemos cos papeis de xénero e solidariedade con quen a padece.

LOIS_DE_SILAN #9 10/Novembro/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

punto!!, dis: " ... a VIOLENCIA de xénero baséase na maneira que temos de ENTENDER a homes e mulleres de xeito diferencial na sociedade ...".

Ó mellor che viña ben que ENTENDERAS a diferenza entre entender e violencia e, sobre todo!, que enxergar a diferenza, EXISTENTE!!, entre homes e mulleres non leva á VIOLENCIA de unhas sobre os outros ou dos outros sobre as unhas ou de uns sobre uns ou de unhas sobre unhas.

Cando o bandullo quere suplantar o cerebro producese a revolución panextintora!

Un saúdo.

Xiurisma #10 10/Novembro/2008 Xiurisma
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

o que me estraña é que con algúns destes comentarios en lugar de morrer setenta mulleres ao ano (e de recibir malleiras setenta mil mulleres ao ano) non morran máis. polo ben do mundo espero e desexo que energúmenos como lois-de-silan, roi ou merce-ditas estean solteiros e sen compañeira de por vida. que incapacidade de reflexión.

LOIS_DE_SILAN #11 11/Novembro/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

#10, Xiurisma!, aludes á "incapacidade de reflexión" referíndote a min.

Supoño que es consciente da capacidade de reflexión que ti pos de manifesto co teu comentario!

O teu si que che é capacidade amatoria!

Saúde!

mansdodemo #12 11/Novembro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Compre ter maís EDUCACIÓN.Unha educación básica,sinxela,con valores actualizados,con bos sentimentos,sen dominar as persoas,sen ofender,sen ultraxar.
Unha EDUCACIÓN, con EQUILIBRIO,porque os homes ,dende sempre,dominaron as mulleres e agora compre "baixarlle o fume a estes machos sen sensibilidade".
¡SEXAMOS PERSOAS!.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: