Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRÍTICAS ao proxecto

A Federación Ecoloxista demanda a suspensión cautelar do proceso eólico

Vén de presentar un escrito contra un proceso que, segundo denuncian, "beneficia a determinadas empresas enerxéticas en detrimento do patrimonio natural".

Redacción - 19:10 06/11/2008

A Federación Ecoloxista Galega, que engloba os principais colectivos ecoloxistas do país, presentou un escrito na Consellaría de Industria para solicitar formalmente que se paralice o concurso eólico que este departamento ten en marcha. Esta federación considera que a orde do 6 de marzo de 2008, pola que se  regula o proceso, prorroga as políticas eólicas do PPdeG.

Nun comunicado, a FEG tilda a orde de “truco de legalidade dubidosa e dende logo eticamente repudiábel para beneficiar a determinadas empresas enerxéticas en detrimento do patrimonio natural galego”. A principal discordancia dos ecoloxistas con Industria ten que ver co feito de que a orde non está obrigada á Avaliación Ambiental Estratéxica. Segundo a FEG, a Xunta apóiase no antigo Plan Eólico da administración anterior para evitar este trámite mentres “curiosamente a Consellaría de Industria desenvolve en paralelo outro un plan sectorial para dous mil megavatios”

Os ecoloxistas denuncian que con esta orde vanse adxudicar os parques eólicos ás empresas en primeiro termo, logo estas elaboran un Estudo de Impacto Ambiental (EIA) e finalmente ten que ser a Consellaría de Medio Ambiente a que emite a Declaración de Impacto Medio Ambiental (DIA). Segundo a Federación Ecoloxista, denuncia que isto condiciona á propia Consellaría de Medio Ambiente xa que “economicamente é inviábel para a Xunta paralizar a posteriori calquera proxecto eólico pois tería que indemnizar á empresa por dereitos adquiridos”.

A FEG insiste en que se paralice o proceso até que o Goberno elabore un novo plan, do contrario xa anuncian que van pedir a dimisión do conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, ao que lle advirten que pode pasar á historia por “unha das maiores e mellor planificada agresión ambiental ao conxunto do país”. Os ecoloxistas pídenlle á Consellaría de Medio Ambiente que faga cumprir as leis xa que do contrario “serían cómplices da desefeita emprendida por Industria”

Os ecoloxistas reiteran que apoian a produción de enerxía por medios renovábeis, como é o caso do eólico. Porén, aseguran que hai que preservar zonas que son de especial interese natural.

Poden ler o comunicado da FEG no Canal Verde


4,67/5 (24 votos)


Comentarios (23)

borneira #1 6/Novembro/2008 borneira
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

a ambición cega as mentes
Quintana e a súa troupe traizoan anos e anos de loita e esforzo nacionalista

Reboredo #2 6/Novembro/2008 Reboredo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Visto o visto, pouca mente hai nos dirixentes do bng.

carlosroca #3 6/Novembro/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que ben coordenados co conselleiro e que silenciosos co Plano Acuícola. O asunto apesta!

omoscon #4 6/Novembro/2008 omoscon
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

E dende marzo acordádevos en novembro?. Lendo o comunicado dá a desagradábel, e quero crer que falsa, impresión de estares entrado nunha guerra Consellaría de Medio Ambiente-Consellaría de Industria (PSOE-BNG). Sentidiño e saúdos ecoloxistas.

Gaviotero #5 7/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Hay mucho, pero que mucho dinero en juego, para que ahora estos del gobierno de progreso (de su propio progreso, naturalmente) suspendan este chanchullo cautelarmente. Si no de qué iba a llevar el señor Jacinto Rey en su yate al aburguesado angelito...Quintana.

merexonon #6 7/Novembro/2008 merexonon
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

O do plano eólico é tan escandaloso como o acuícola. BNG e PSOE estanse a lucir no repecto polo medio.

Gaby_Otero #7 7/Novembro/2008 Gaby_Otero
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Vos hai tanto dinero en juego, pero tanto, tanto, que los del gobierno de la Junta, amiguitos del Carrillo de Paracuellos, deberían repartirlo con Feijoo porque él ya no podrá aprovechar el negocio por culpa de los bloqueros etarras que nos arrebataron el poder en las pasadas elecciones con la ayuda de los de Al-Quaeda. ¡Justicia! ¡Y VASPAÑIA COÑIO!

Tino #8 7/Novembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

A teor das tendencias e (da razón tamén) na construción de moíños de vento, o indicado seria construílos en zonas xa degradadas e sen valor ecolóxico como beiradas de autoestradas, polígonos industriais, etc. e non aproveitar cada curuto de cada monte para espetar tantos moíños.

Por outra banda, Galiza precisa enerxia barata para compensar a periferia e a deixadez de centos de anos de incomunicación cos mercados q sosteñen a nosa industria (q son as q dan postos de traballo para todos).

Enerxías renovábeis si, pero con sentidiño.

Lead_bocas #9 7/Novembro/2008 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

A paisaxe, as natureza, os recursos de todos son as enerxías para a corrupción e para a especulaciónn empresarial...

STOP EÓLICAS

carlosroca #10 7/Novembro/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Esta posición apesta, é a do PSOE, beneficia ás grandes eléctricas e tenta estragar proxecto de industrialización.
Lamentábel.

Troita_de_pe #11 7/Novembro/2008 Troita_de_pe
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

carlos roca, non sei quén es nin de que vas pero as túas lecturas son de marciano. así que cubrir o país de molinillos é "estragar proxecto de insdustrilización". en qué planeta te criaches? sabes o que é unha lei? viches a nova anterior onde a Feg pon a parir ao conselleiro ou áinda non les? se cadra tes interferencias nas antenas. mellor beneficiar a jacinto rey para que lle monte o xornal ao bng? tes accións na empresa? accións no bng? sénteste atraído polos molinillos? vanche contratar nun parque eólico para lubrificar aspas? estás no paro? pois tiveras estudiado algo.

carlosroca #12 7/Novembro/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Que comentarios(anónimos)máis tenros, como allos que pican na boca...

Troita_de_pe #13 7/Novembro/2008 Troita_de_pe
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Carlos, se dou o meu nome, se cadra quedo sen choio, como cando o PP, lembras?

Menan #14 7/Novembro/2008 Menan
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

¿Pero e logo onde choias pra que te poidan foder esí. E mais por comentar algo nunha revista virtual, onde cada quén di o que lle peta?. Non é lóxico atopar istas pequenadas defensivas de uns e outros. Pois as eólicas sempre se poñen nos altos, e por consecuencia sempre afecta a paisaxe e a certas aves. E o "prezo do progreso", o igual que as hidráulicas afectan e moito tamén. Outro tema é ata qué punto queremos chegar. Na miña zoa, Sarria tamén puxeron unhas poucas eólicas nos montes do Páramo. Haberá que pensar ata qué punto nos chegan.

alboiando #15 7/Novembro/2008 alboiando
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

verdade (I): o psoe nunca tivo vontade nin conservacionista nin ecoloxista, ergo sempre criticábel e confianza cero (vid axudas económicas).
verdade (II): o bng foi expresión política de moitas loitas conservacionistas e ecoloxistas, agora ten dúas varas de medir. unha para o plano acuícola (lobeira dixit) outra para o plano eólico.

en todo caso, o tempo pon a cada quen no seu lugar e nós... por momentos non sei onde ficamos nós...

carlosroca #16 7/Novembro/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Veremos como fica todo, o tempo todo o cura e clarexa...

alboiando #17 7/Novembro/2008 alboiando
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

nin todo carlos...

signatus #18 7/Novembro/2008 signatus
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#15
verdade (II) revisada: O BNG utilizou os movimentos sociais (ecologismo e outros) como ariete, como feramenta para se abrir caminho até o poder, sem compartilhar realmente as suas reivindicaçons e descabeçou/aniquilou toda aquela organizaçom que se lhe revirou.
verdade (III): O dinheiro público nom é de quem governa e os seus colegas, seja PP, PSOE, BNG, FEGAMA, ADEGA ou maria santíssima.

alboiando #19 7/Novembro/2008 alboiando
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

a min faláranme de adega e os ecoloxistas ad hoc... cada funcionario!!

borneira #20 7/Novembro/2008 borneira
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

qué forte e con qué rotundidade se está a mostrar a verdade II de signatus!!
Pero o BNG non é algo abstracto: son persoas
A responsabilidade do que pasa está en persoas concretas, dende o meu punto de vista, en Anxo Quintana e a equipa por él escollida

Hermerico #21 7/Novembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

carlos roca puto upegalho de merda, nom digas imbecilidades. A FEG PSOE? a FEG é branda, mole, amável tanto com o cacique corrupto Pachi como com o "comunista" amigo de Tojeiro Fernando Blanco. O teu sectarismo doentio impede-che admitir as defeitas de todo o nojento governo "de progresso".

Vakaloura #22 7/Novembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A avaricia racha o saco!

carlosroca #23 11/Novembro/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pergunta para administrador@s de Vieiros: poderei seguir opinando sen ser insultado ou teño que ficar en silenzo?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: