Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
A OUTRA CARA DA MOEDA

Angola: crise, quen dixo crise?

As turbulencias que afectan a medio planeta non son homoxéneas. Hai países que ven doutra maneira as dificultades financeiras que sofre o planeta.

Redacción - 20:00 09/11/2008
Tags: Angola crise

Hai veces que o non estar é unha vantaxe. Iso é o que deben pensar a estas horas os angolanos. Neste país a crise financeira que está a abanear a maior parte do mundo non afecta para nada. Así o explicaba esta semana o xefe do Sector de Estudos Técnicos do Banco Nacional de Angola, Sebastião Banganga: “Angola non vai ter problemas coa crise económica que asolaga actualmente os EUA, a UE e outras partes do globo, porque a súa economía aínda está pouco bancarizada”.

A explicación é sinxela: En Angola, máis do 90% dos depósitos captados non se converten en créditos. Mais o propio Banco Nacional de Angola recoñece que isto ten as súas vantaxes e os seus problemas. “Positivo por tratarse dunha crise de créditos onde nós non estamos expostos e negativo porque a economía podía ter crecido máis”.
      
As visións dos economistas occidentais non son as únicas. Sebastião Banganga sostén que a crise financeira mundial, que tivo a súa xénese nos EUA, xa se está controlando e pode ser un mal recordo en 24 meses


5/5 (4 votos)


Comentarios (2)

ecoe #1 9/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Non lles vai pasar, polo tanto, como ó resto dsos países LISTOS DO MUNDO:
"Os EEUU teñen artellado a maior crise financieira da historia da humanidade"
Son palabras do historiador e demógrafo Enmmanuel Todd, e interensantísma a sua opinión sobre as universidades ianquis, custiona o poder centífico técnico USA, etc. De interese seguro:
http://www.rebelion.org/notici...

ecoe #2 9/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Angola non é un €$tado CAMELLO que sirve o costo á banca YONKI!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: