O PSOE recorda que o presidente da Deputación usou a viaxe "para o beneficio do PP" e acúsao de pagala a través dun convenio "sen trámite previo" coa propia institución provincial.
"Quen pagou os 75 mil euros que puliron nesa comida con mil persoas?", preguntaba este venres Alfredo García, deputado provincial do PSOE, ao respecto da viaxe de Xosé Luís Baltar a Arxentina.García compareceu xunto co tamén deputado Eladio Fernández para analizar a viaxe do presidente da Deputación a Uruguai e Arxentina, acontecida entre os pasados días 24 e 28 de outubro.
"Utilizou a viaxe institucional para un acto do PP en beneficio propio", aseguraron, ao tempo que subliñaron o gasto de 75 mil euros nunha comida". "O presidente recoñeceu que a pagou o PP, pero non sabemos quen", apuntan os socialistas. Trátase dun xantar que tivo lugar en Cabo Salgueiro, en Arxentina, e nela participaron máis de 1.000 persoas. "E iso era algo do que presumía Baltar, do seu poder de convocatoria", sinalan
Os socialistas consideran que as explicacións que Baltar deu sobre a devandita viaxe no pleno da Deputación, que tivo lugar o pasado venres "non satisfán de ningún xeito" porque "eran falsas". Alfredo García afirmou que o presidente da deputación asinou un convenio para realizar ese viaxe "sen ningún tipo de trámite administrativo previo" polo que considerou que é "ilegal ou hai un abuso de poder". "El sabe perfectamente que para asinalo ten que ter tramitación previa e despois ten que aprobalos a deputación, e ten maioría", explicou.
falando de austeridade, ai o modelo Baltar
Pois vaia corralito se montaron ¿non?. Iso non é un corralito, é un quinteiro en toda regra. Até no cheiro!
Jajaja... ¡qué rico vos está este pitillito de la risa! ¡Y qué viaje estoy dando sin gastar un millón de euros!
A mí lo que me da mucho aquel es que mi familia vos pague 2 millones de euros a socialistos y a bloqueros etarras para irvos de putas a Cuba. ¡Casi no los damos ahorrado y ahora los vamos gastar en parvadas!
Boeno, voy seguir riendo yo solo un chisco más ya que a vostros nos vos hacen gracia mis ingeniosos comentarios. ¡Jajaja!
¿Vos da cobiza mi inteligencia o...? ¡Jajaja!
¡VASPAÑIA, COÑIO!
jajaja! A mí me da cobiza, sí. Y a ti no?
Pasa unha calada, Gaby... a ver si consigo enterder iso de socialistos y bloqueros etarras
Sodes uns impresentables os que aquí defendedes o PP. Moito falar dos demais, pero cando lles toca aos vosos ben que disimulades. Fariseos!
Unha pergunta inxénua:
¿Cantos avogadiños das silveiras foron nesta tournée PPaifoca?
É simplemente por saber a cantos vellos emigrados enganaron desta vez para q lle venderan as leiras, dicindo-lle q llas habian de expropiar; e mellor serian q llas venderan a eles por un bo prezo a q non lle deran nada.
Suma e segue...así nos loce na Emigración. Ano tras anos as mesmas trangalladas e aínda hai quen sostén que non ten présa a reforma da lei electoral. Home...pois entendo que os beneficiados da chafallada non queiran que os emigrantes voten en urna porque o investimento en comidiñas é moi produtivo. Levamos tempo instalados na mercadoría do voto e aínda hai quen fala de os tercermunidstas son outros. Por favor, ata cando? Supoño que ata que as urnas galegas enterren aos mafiosos traficantes de votos.
Nova inmoralidade [é xa van...]contra dos dereitos dos emigrantes ou fillos de emigrantes.A corrupción personificada quere intentar manterse mercando votos na Arxentina e no Uruguai. Non entendo a razón de que non sexa delicto porque o desprezo á Emigración está ben probado. Quédame a satisfacción de que son cartiños tirados [que se podían aproveitar en instalar un Centro de Día para os ourensáns que foi visitar o presidente provincial]porque a maioría dos que alí foron logo non votarán ao PP. Saben que quen paga as pensións é o goberno central e quen axuda en caso de necesidade é a Xunta...entón que? Voto en urna, xa!
Os ourensans son os que lle teñen que pedir contas a Baltar e Feijoo por gastar os seus impostos en pedir o voto os emigrantes na Arxentina.
Pero ademais estes son os que fai pouco criticaban o gasto de fomentar a cultura galega na Feira do libro na Habana, donde Galiza e a cultura galega era a homenaxeada.
Dende logo Baltar é un dos grandes. O último grán bastión. Primeiro o fin de Fraga, despois a morte de Cuiña, de seguido botan a Cacharro. So nos queda iste grán Barón galaico, defendendose como a aldea gala de Axteris e Obelix, contra o imperio romano. Jejejeje. ¡Qué sería de nos, sen un cacique como Diós manda!. Por moitos anos Baltar