Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Colaboración ante a crise"

Touriño pide por Irisarri e Orozco fronte ao PP

Solicita a reciprocidade dos populares ao fío do compromiso estatal do PSOE de facilitar a aprobación dos orzamentos onde non goberne. O PP xa lles ofreceu apoio fácil para Ferrol.

Redacción - 20:35 08/11/2008

O Consello Territorial do PSOE, que hai un par de semanas reuniuse precisamente en Vigo, decidiu que os socialistas faciliten a aprobación dos orzamentos aló en todas as administracións onde estean representados e non teñan tarefas de goberno. Unha concesión que din facer en favor da necesidade de "responsabilidade" e estabilidade en tempos de crise.

A cuestión tróuxoa a primeiro plano este sábado o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, quen afirmou que o PSdeG asome en Galiza esa decisión de "facilitar a aprobación de orzamentos", aló onde non goberne, pulando sempre porque sexan contas "austeras, rigorosas e solidarias". Así o incluíron entre as resolucións do Consello Territorial galego do partido celebrado nesta xornada. Ao respecto, o presidente da Xunta e secretario xeral do PSdeG aproveitou para demandar do PP a aplicación dun proceder similar. Pérez Touriño pediu reciprocidade do PP neste sentido e instou o partido liderado por Alberto Núñez Feijoo a "unha actitude positiva nesta mesma dirección" e "non de obstrución".

Obxectivos prioritarios: Lugo e Ferrol
Á luz da actualidade, a apelación de Touriño á "responsabilidade" e "actitude colaboradora" para facilitar a aprobación de orzamentos municipais, ten dous obxectivos claros. Dunha banda o Concello de Lugo, onde o PP xa apoiara o ano pasado as contas do alcalde Orozco e nesta ocasión negoulle o aval, abocando o rexedor á presentación dunha moción de confianza.

E por outra parte está o caso de Ferrol, onde o mandatario socialista, Vicente Irisarri, vén de conformar un goberno en minoría despois da ruptura con Esquerda Unida. Neste caso, o PP local acaba de estenderlle un convite aos socialistas para apoiar as contas do municipio. O voceiro do PP ferrolán, Xosé Manuel Rey Varela, falou de tres condicións: conxelación de taxas, redución de gastos superfluos do gabinete e negociación de máis investimentos en política social. "O PP ten toda a vontade de sentar a negociar e chegar a un acordo", confirmou Rey Varela á saída da xuntanza onde o PSOE lles expuxo o proxecto de orzamentos aos grupos da oposición.


5/5 (1 votos)


Comentarios (5)

Tarelo #1 8/Novembro/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Esta solicitude de Touriño evidencia o fracaso das políticas de autoritarismo dos lideres caciques locais do PSOE e demostra que a pesar da chulería e prepotencia dos lideres aludidos, non é posible ou facil governar en solitario ou o que é o mesmo (sen o BNG ou EU-IU). A verdade é que a diferencia entre o PSOE e o PP é inexitente e só aparente. touriño podíair máis lonxe e propoñer un pacto de governo naqueles concellos dond eo portotipo de alcalde do PSOE coincide co do PP, como a Coruña de Paco Vázquez.

Ten INRI que o PSOE de Ferrol rache o pacto, para que agora pretenda pactar cun partido o PP quelle pideo mesmo que o seu exsoico EU-IU, ou sexa, conxelación de taxas, redución de gastos superfluos do gabinete e negociación de máis investimentos en política social. O mellor é que Irisarri mantiña unpostulado contrarioatoda a corporación ó non querer reducir os gastos superfluos e investir máis en política social.

Gaviotero #2 9/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Gaby_Otero #3 9/Novembro/2008 Gaby_Otero
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ay, Touriñín, que da genio ver para ti con esa cara de socialisto amigo de la Al Caeda...

remexendo #4 11/Novembro/2008 remexendo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O que lle ten que pedir Touriño a Irisarri é que se vaia e faga posible un goberno de progreso en Ferrol entre o PSOE; EU e BNG , para eso é preciso que lle busquen un "traballo" moi ben remunerado, xa que o único interese de Irisarri son os cartos

tiEsMoito #5 11/Novembro/2008 tiEsMoito
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Gaviotero, en Vigo fundístesvos vos sós co listo aquel de Pérez. O PSOE deuvos un regalazo co lumbreras de Ventura, axudado polo avíspadísimo Castrillo. Pero claro, esa intelixencia tan obvia da Corina... esa respetabilidade que os fachas transmitides... non sei como non a souberon aprezar os bos vigueses.
É moito. Realmente é moito. Eu pergúntome modestia a parte, como pode ser que co listos que somos os vigueses, nos caian esas xoias na alcaldía. Debe ser que ademais temos bo corazón e somos compasivos. Pra que non se desgusten, meus probes.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: