A ministra de Defensa confirmou a morte dos militares, que formaban parte da brigada con sede en Figueirido. Un dos falecidos é natural de Vigo.
A ministra de Defensa do goberno español, Carme Chacón, explicou que os militares sufriron un "ataque suicida" por parte dunha furgoneta cargada cunha grande cantidade de explosivos, que provocou a morte a dous soldados e feridas a outros catro. Un dos militares falecidos no atentado é o cabo primeiro Rubén Alonso Ríos, informou Chacón, que durante a conferencia de prensa non facilitou a identidade do outro falecido, xa que aínda non fora informada a súa familia. Ambos os dous pertencían á Brigada Lixeira Aerotransportable (Brilat) con sede en Figueirido, en Pontevedra, e estaban destinados en Herat dende hai varios meses.
O cabo Rubén Alonso Ríos é natural de Vigo e naceu en 1978. A outra vítima mortal, segundo se confirmou máis tarde, é o brigada Juan Andrés Suárez García, natural de Mieres e nado en 1967, informaron a Europa Press fontes do Ministerio de Defensa.Os compañeiros da Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportábel que resultaron feridos son o cabo primeiro Antonio Cures García, que está ingresado en estado grave no hospital da Base de Herat; o capitán Enrique Dopico Rodríguez; o sarxento primeiro Gonzalo Miguélez Diéguez; e o cabo Alberto Cao Pérez. Estes tres últimos militares permanecen no mesmo hospital de Herat e o seu estado é leve.
Reaccións políticas
O PSdeG transmitiu as súas "condolencias" aos familiares e compañeiros dos dous soldados. Nun comunicado, expresan o seu "sentimento de condolencia e solidariedade" á familia e achegados, así como o seu "afecto" aos feridos. Tamén O BNG expresou as súas condolencias a familia e amigos dos soldados da Brilat, nun comunicado onde o coordinador da executiva nacionalista, Francisco Jorquera, mostra o seu "apoio" e desexa a "pronta recuperación" do outro soldado ferido grave na explosión. Na mesma liña se pronunciou o líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, quen engadiu que a prioridade neste momento é prestarlle ás familias dos falecidos o apoio que necesiten e "reforzar, con todos os medios dispoñíbeis, a seguridade dos militares despregados nas diferentes misións internacionais".
Mais galegos mortos no nome do imperialismo español e a globalizacion.
Saben moi ben coma aproveitarse do paro entre a xente nova en Galiza para chear as filas do exercito español e levalos a morrer a estas guerras que so buscan controlar o gas e petroleo, ademais de montar bases militares da OTAN no Medio Oriente de cara a futuras guerras contra China e Rusia.
Ah, mais o €x€rcito e o €$tado €$pañol están en guerra?
Pois non son os lideres do pacifismo mundial a despreñada Chacón e o Zorro Pratexado, parexa de feito, polo menos no militar (e no civil, tamén)?? -mira que seguimos ben desinformados algúns (e falo só por min só-)!
Qué asuntos máis complicados e inexplicáveis temos, asúh!
Eu manifestome na liña das dúas intervencións anteriores, sobre todo no dito por Gaias, que se queda corto, pois tamén morren estes galegos no nome do imperilismo USA (OTAN) e aproveitanse do paro, e o seu instaurado modelo de pensamento único e modelo de vida insostible único, para levarnos ás guerras que só buscan controlar o gas o petroleo e outras cousas como a auga e as drogas, et.. Os humanos e cidadáns, a poboacións xeral dos paises nos que estamos a convatir os fantasmas que eles crean, valén menos e aplastanos, tal e cal se foran matasellos de correos.
Na miña opinión non deberamos peder máis tempo e deberamos sair unha vez máis a rúa e manifestarnos contra a Guerra, que din que xa rematou pero que continuase librando día a día en Irak, en Afganistan, en Palestina, no Libano, etc
NON Á GUERRA!. NUNCA MÁIS!.
O €x€rcito €$pañol, (igoaliño en para-lelo que o seu €$tado, mesmo o suposto de d€r€ito) estavos ben desprestixiado socialmente ó puntpo de ser exclusivamente mercenario (sin voluntariado algún) e extranxeiro na sua maior parte, consecuencia do desprestixio social que durante TODO O FRANQUISMO E O SEU POSFRANQUISMO ata hoxe mesmo, foi acumulando nas capas probes da sociedade (a sua maioría numérica), onde as familias gardan fortemente grabados a lume, os recordos do seu tempo roubado polo €$tado, a mili !- e pasado en impresentáveis condicións humanas.
Porén ata hoxe non é quén o €$tado €$pañol de cubrir as básicas necesidades de personal militar subalterno, nin mesmo co recrudecimento do paro, que se comenza a erger sobranceiramente ó nível dos 80 do século pasado (tempus antigo do gran prestidixitador pesoísta alias mister X (!!)Felipe González Márquez, prohome do réxime bourbónico no posfranquismo actual), de xeito que nin ofrecendo un sustancioso salario e condicións de traballo estáveis, nin siquiera privilexios nin nacionalización imediata para extranxeiros (incluídas as suas familias directas, coido que só latinoamericáns) chegan a cubrir as necesidades armamentísticas do tan pacífico e democrático -ahí os datos e a historia toda- €$tado €$pañol.
E Sam Barack Obama, o quê opina disto? Enfim...estes nom assassinarám mais afeganos...
Accidente laboral.Quantos albaneis(troias)morrem ao ano, e nom saem nos jornais?
¡FÓRA SOLDADOS DE AFGANISTÁN!
¡NON AS GUERRAS!,¡NUNCA MÁIS!.
Ouh, vella e sosegada nación que deixas que che leven os fillos a morreren en nome doutra patria!
Dóciles bois de palla somos ou colonia ou cemiterios!
Fechade as portas e que máis ninguén saia!
michsa, para a burguesía non dubido que sexa un símbolo ofensivo. De seguro que lles afecta o mesmo que a min cando sae o presidente da CEOE en televisión falando de abaratar o despido. Pero, sabes? Isto é unha democracia, e ás veces toca escoitar o que a un non lle gusta.
Agora vamos a por ó mesmo nivel os simbolos nazis e comunistas? Non cola, se os fascistas tedes unha ideoloxia asesina e cousa vosa, non emporquedes os simbolos dos demáis.
michsa, espero que ninguén aquí aceptase ningunha simboloxía nazista. Agora, pretender establecer unha semellanza entre iso e o marxismo...
Porque se lle presta máis atención á morte duns invasores ca á morte do gran Camilo Gonsar. Unha soa letra de calquera dos seus libros fixo máis e mellor polo noso país ca un rifle invasor dunha forza estranxeira nun país colonizado.
#11: Mi madrinha. Como é que pode chegar tão adentro das pessoas a propaganda do filo-fascismo espanhol? Pergunta retórica...
Enfim, micsha, o stalinismo não é igual a comunismo, mas uma deturpação do mesmo. Os fascismos (dos que o franquismo é variante) são o que são e, quem os seguem, ficam tão contentes. Polo tanto é falso que comunismo seja igual a fascismo numa absurda escala de autoritarismo.
É que há que explica-lo tudo... Se ao cabo os que não quereis educação para a cidadania vai ser porque vos temeis reprovar.
Moi bom o paralelismo mixa ,o seguinte que podes establecer é que Ghandi era un asasino e ,o teu bemquerido Paquinho,um pacifista.Se gostas das cruces gamadas e máis das águias,úsaas .Be yourself ,don´t hide behind a curtain of fake democracy.
Mas que caralho tinham de fazer os galegos no Afeganistam?!
E morrem, claro, e logo que pensavam, que iam de maniobras a Collado-Villalba?!
Pois que querem, sobre todo para o ursinho com as estrelinhas e barras aí onde tinha de ter a matéria gris (mas nom tem davondo):
se tenho de escolher entre um galego no exército espanhol a seguir o imperialismo podre dos EEUU e um afgam musulmão a defender a sua terra, a escolha é clara:
AFEGANISTAM CEIVE!
Non sei se será un chixco cedo pra dicilo, cando os cadávres están ainda quentes, pero revólveme as tripas é se non o digo revento: Detrás das mal chamadas misións humanitarias e de paz agóchase a verdadeira razón:
“O NEGOCIO MAIS REACCIONARIO E RENDIBEL DO PLANETA”
A fabricación e venda de armas que cuspen lume e morte á conta de inocentes e non sei en nome de que Deus.
Segundo sei en Redondela (pontevedra) estase barallando a posibilidade de facer un pequeno acto concentración contra A GUERRA (todas). Sería mañá martes 11 de novembro, ás 20:00 hs. na praza do Concello. O acto consistiría en escribir no chan con cirios de difuntos vermellos, a frase NON Á GUERRA e ler un manifesto (a elaborar) contra tódalas Guerras.
Lástima que yo no pueda ir: yo estoy a favor de la guerra contra Hitler.
#20
Claro que podes, ó Micsha, agora já nom tens excusa p'ra nom ir ao Afeganistam: já sabes que o Bin Ladem e os seus acólitos acócham-se lá. E já sabes que som ainda piores do que o Hitler, mas estes estám vivinhos (e medrando). Vai ao Afeganistam e faz algo pola nossa "civilizaçom" em loitando contra o "eijo do mal". Igual, com um pouco de sorte, voltas feito um heroi, ainda que for numa caixa de madeira ... havemos agradecer o teu sacrifício!
propoño ao Coronel Micsha e ao Alférez Gaviotero como puntas de lanza da nova División Tonecha a mandar ao Afganistán. ¡Por Ejpaña, por el rey!
Exponse na prensa, se o exército hispano debe abandonar Afganistán, porque lle matan soldados. Ou tamén se expón se deben enviar máis tropas.
Eu penso que o exército debe abandonar Afganistán, porque é unha invasión ilegal e inxusta, aínda que fose votada pola ONU.
O feito, non demostrado, de que se oculte un terrorista nun país, non xustifica a súa invasión. Con ese argumento Zapatero podería invadir todos os días Euskadi, Francia e algún que outro país Latinoamericano. Bush xa o fixo.
Os militares da ONU invadiron Afganistán pola forza, sen que ninguén dese país lexitimado para iso, pediulles axuda. Molestan. Son uns intrusos e o lóxico é que intenten botalos ou eliminalos.
Como persoa, dóeme que maten a outras persoas e máis se son paisanos, pero eles saben ao que se arriscan e están alí voluntariamente. Afortunadamente é un exército profesional, porque se chegan a ser obrigados como cando fixen eu a mili, as manifestacións de protesta polas rúas ían estar á orde do día.
Pois por mim que mandem todos os efectivos, e logo que morram todos alí...