Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EN VALENCIA, NO 25º ENCONTRO

Os escritores de Galeusca denuncian unha "involución" no Estado

Criticaron con dureza "posicionamentos públicos belixerantes" como o 'Manifiesto por la lengua común'.

Redacción - 14:10 10/11/2008

As asociacións de escritores galegos, bascos e cataláns, finalizaron este domingo o encontro que celebraron en Valencia e Sueca entre os días 7 e 9 de novembro. o tema central desta XXV edición xirou ao redor da 'Literatura e a paisaxe do eu', co obxectivo de afondar na literatura como un espazo de construción do propio suxeito e as súas múltiples concrecións. O presidente da AELG, Cesáreo Sánchez dicía o xoves en Vieiros que o feito de que o encontro se centrase neste tema non significaba que ficasen fora do debate os ataque que nos últimos tempos veñen recibindo as culturas galega, catalá e vasca.

Cesáreo Sánchez afirmaba que precisamente por esa razón é máis importante ca nunca "afondar nas raíces das nosas literaturas nacionais e devolver ao escritor ao centro da creación". "A literatura é un territorio libre", dicía, que engadía que esas presións "non poden condicionar as nosas creacións".

Así, nas conclusións do encontro os ascritores afirman "a evidencia de estarmos a vivir unha situación de involución que se manifesta en posicionamentos públicos belixerantes como o 'Manifiesto por la lengua común', entre outros, que xa nos fixeron responder conxuntamente o pasado mes de xullo". Así mesmo, manifestan a súa intención de "traballar na procura da normalidade como creadores e creadoras, malia as nosas situacións sociolingüísticas, políticas e culturais seren adversas".

A Asociación de Escritores en Lingua Galega estivo representada polos autores Marica Campo, Francisco Castro, Agustín Fernández Paz, Anxos Sumai, Marilar Aleixandre, Isidro Novo, Xerardo Méndez, Carlos Negro, Antía Otero, Mercedes Queixas, Elvira Riveiro Tobío, Xan Arias, Xavier Queipo e Cesáreo Sánchez Iglesias.


5/5 (13 votos)

Comentarios (5)

Gaviotero #1 10/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -12 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Gaby_Otero #2 10/Novembro/2008 Gaby_Otero
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Si no vos fuera por los gobiernos de los nazi-anal-socialistos (¡qué juegos de palabras más bonitos vos hago, eh) que vos compran libros, yo por mí los quemaba todos. Total, para ser de las derechas como yo no vos hacen falta libros: abonda con un abuelo bien colocado en el ayuntamiento.

¡VASPAÑIA COÑIO!

ecoe #3 10/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Non é certo que ninguén lle venda os libros, p.e., no caso que coñezo, a Elvira Ribeiro, descoñecida Premio Merlín de Xerais do ano 2007, por un texto lúdico para crianzas xogar cas palabras, para o caso ca vogal A.
Tamén é descoñecida para internet mesmo si nunca se mirou hai xa algún tempo a revista poética dos poetas das RREE (redes escarlatas).
Seguirá sendo descoñecida, para algúns, polos seus algúns espléndidos poemas barriñentos do seu ainda recente ARXILOSA, publicado en Pontevedra baixo batutade Sabino Torres (o da Colección Benito Soto, o pirata (!) pontevedrés e galego por antonomasia).

Unha outra cousa: mentres os españois só coñeceron na sua língua ó recén estreado e publicado naquila, o tamén bretón LE CLEZIO, os galegos tivemolo á nosa disposición desde 1986, gracias a Xerais !!

Ale, a rañala.

ecoe #4 10/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Nobel aparte. O €$tado €$pañol nunca involucionou porque endexamáis parteu hacia ningún lugar de milloría para a población que ocupa: sí soubo millor se manter calado -falou calado- mentres lle millor convíu. Mais sempre hai crentes, por tanto con fe, mais non cremos no que non vimos nin tocamos.
Discordo totalmente ca aptreciación esa, tan cara ós novos acomodados, aprendices de pesebreiros á longa.

LOIS_DE_SILAN #5 10/Novembro/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Menos autobombo, menos denuncia pública e máis compromiso coa lingua!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: