Mentres o vicepresidente avoga por un organismo propio que impulse a economía produtiva, o presidente advírtelle que "a campaña electoral aínda non deu comezo".
Emilio Pérez Touriño rexeitou a creación dun organismo galego de crédito oficial, unha proposta que estes días facía Anxo Quintana. Para o presidente da Xunta "non hai respostas autárquicas nin nacionalistas" para afrontar a crise económica, senón que a solución deberá vir de medidas globais e de cohesión.
Este enfrontamento entre presidente e vicepresidente parte dunhas declaracións de Anxo Quintana, nas que avogaba pola existencia dun portelo único ao que puideran acudir as empresas para buscar apoios, ao tempo que permitise ás caixas de aforro participar no capital de risco. Quintana propuxo así a creación dun organismo de crédito oficial autónomo, para controlar e coordinar democraticamente a economía a través das institucións e das políticas propias. Entre as súas propostas, tamén defendeu a participación galega na dirección do Banco de España e doutras institucións de control e supervisión de mercados (como o de valores, das telecomunicacións ou da enerxía).
Pola súa banda, Pérez Touriño defendeu as medidas xa adoptadas en Galiza: "estamos traballando para facer o que hai que facer", dixo, ao tempo que lle recordou a Quintana que "a campaña electoral aínda non comezou". Nesta liña, asegurou que "non é o momento de buscar respostas illadas, senón coordinadas e potentes" xa que, ao seu parecer, "non existen receitas máxicas nin propostas milagreiras". Na súa opinión, Galiza "xa conta cun goberno unido traballando na dirección axeitada" e "ten os instrumentos que debe ter". Finalmente subliñou que a mellor resposta ante a crise é a de deseñar políticas activas de emprego, estimular a demanda e facer que o financiamento chegue ás empresas e entidades financeiras.
Por favor, que ninguén contradiga a Torito o da Eiriña, longo corredor de fondo da economía oficial (xa foi segundón do aéreodiputado catalán, ministro de Transportes), xusto dos pouquísimos que non se trabucaron co da crise na que nos iamos metendo, advertíndonos do mal que o iamos pasar por culpa de nos meter a especular cos nosos catro patacos polo mundo adiante. Como expertísimo, sacerdote para o caso, da mesma congragación qsue os que Solbes, ZP, etc. son, débeselle facer caso PORQUE ENTENDE.
Claro que os autarcas son os demáis, mesmo se se trata do vice, claro, eles son neoliberais FRACASADOS e sin RESPONSABILIDADES POLA DESFEITA nin por camellear ca banca ionki!!
remato xa, disimulen, o malo é que a estes grandísimos expertos que agora despuntan das tebras, adiantáronselle predecíndolle con absoluta rotundidade hai dous séculos e medio o Adam Smith e hai algo menos un tal Karl Marx, que ían fracasar irremediablemente. mais seguen pontificando pois seguen moi contentes, homé!, no cabaliño (xa o Celso Emilio os retratou inmortalmente)
Que razón vos leva o Touriño! Nada de nacionalismos!: unha única entidade financeira e un único goberno no mundo.
Non sei que vos fai de presidente desta rexión!
Angelote Quintana es muy pavero: se rie de Pérez Torito y se rie de vosotros, pailanes galleguistas de la aldea, porque lo único que quiere es vuestro voto para andar en Audi. Sí, lo mismito que el Feijoo, pero el Feijoo vos es una persona decente, de las derechas, y habla castellano coma mí, no ese dialecto de parvos que es el gallego.
¡VASPAÑIA, COÑIO!
Touriño non se aclara:
-Mentres pactou co PP a renovación dos cargos nas caixas galegas, co firme propósito de afianzar os proxectos desas entidades en economia produtiva para os seus proprios petos, e nunca mirando polo país.
-Agora di e desdí: q se non fai falta o banco público, q se fai falta...
Tanto ir e vir a Madrí non lle fai ben ás neuronas.
Este político,debera pedir desculpas aos cidadáns que o votaron, porque "meteu a pata".Así debera ser a honestidade das persoas.